DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
by valdalourinha on Lun, 08/03/2010 - 12:25
Que se celebre un día internacional da muller en pleno século XXI é síntoma de que aínda segue habendo moito polo que loitar para chegar a unha igualdade real entre homes e mulleres. E se isto é ben certo na sociedade occidental ou moderna, qué podemos dicir doutras sociedades donde a muller segue a ser a criada, a esclava do home, donde é torturada e asesinada, donde ten que ir totalmente tapada, donde é mutilada porque non ten dereito a gozar dunha relación sexual, donde á abandoada cando nace porque prefiren ir na procura dun neno?
Queda moito que facer, empezando pola educación aos nenos e nenas en valores de igualdade e respecto: Para que os nenos de hoxe non sexan os inútiles de mañá que teñen que ser servidos; para que a desigualdade non leve a males maiores como a violencia doméstica.
Non cabe dúbida de que son necesarias políticas de igualdade, pero é imprescindible un cambio radical desa mentalidade de sentirse obrigada a ser a criada da casa, tanto para o home como para os fillos; de crerse insustituíble nalgunhas tarefas. Se pensamos no que principalmente nos diferencia dos homes, en termos físicos ou anatómicos, nos decatamos de que con esa parte do corpo non se realiza eses traballos considerados tradicionalmente femininos. Polo tanto, están en perfectas condicións de colaborar e compartir esas tarefas.
A paridade na composición do goberno, ou nun consello de administración dunha empresa ten moita importancia, porque é unha especie de modelo a seguir pola sociedade.
¡¡A SEGUIR LOITANDO POLA IGUALDADE MUNDIAL DAS MULLERES!!
»
- blog de valdalourinha
- 8670 lecturas
Inicio de sesión
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Octubre 2009 (22)
- Septiembre 2009 (16)
- Agosto 2009 (1)
- Julio 2009 (2)
- Junio 2009 (2)
- Mayo 2009 (4)
- Abril 2009 (4)
- Febrero 2009 (2)
- Enero 2009 (4)
Enviar un comentario nuevo