DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
by valdalourinha on Mon, 08/03/2010 - 11:25
Queda moito que facer, empezando pola educación aos nenos e nenas en valores de igualdade e respecto: Para que os nenos de hoxe non sexan os inútiles de mañá que teñen que ser servidos; para que a desigualdade non leve a males maiores como a violencia doméstica.
Non cabe dúbida de que son necesarias políticas de igualdade, pero é imprescindible un cambio radical desa mentalidade de sentirse obrigada a ser a criada da casa, tanto para o home como para os fillos; de crerse insustituíble nalgunhas tarefas. Se pensamos no que principalmente nos diferencia dos homes, en termos físicos ou anatómicos, nos decatamos de que con esa parte do corpo non se realiza eses traballos considerados tradicionalmente femininos. Polo tanto, están en perfectas condicións de colaborar e compartir esas tarefas.
A paridade na composición do goberno, ou nun consello de administración dunha empresa ten moita importancia, porque é unha especie de modelo a seguir pola sociedade.
¡¡A SEGUIR LOITANDO POLA IGUALDADE MUNDIAL DAS MULLERES!!
»
- valdalourinha's blog
- 2910 reads

User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- May 2012 (1)
- March 2012 (5)
- February 2012 (16)
- January 2012 (5)
- December 2011 (10)
- November 2011 (21)
- October 2011 (18)
- September 2011 (14)
- August 2011 (5)
- July 2011 (20)
Post new comment