valdalourinha's blog
DÃA INTERNACIONAL DA MULLER
Que se celebre un dÃa internacional da muller en pleno século XXI é sÃntoma de que aÃnda segue habendo moito polo que loitar para chegar a unha igualdade real entre homes e mulleres. E se isto é ben certo na sociedade occidental ou moderna, qué podemos dicir doutras sociedades donde a muller segue a ser a criada, a esclava do home, donde é torturada e asesinada, donde ten que ir totalmente tapada, donde é mutilada porque non ten dereito a gozar dunha relación sexual, donde á abandoada cando nace porque prefiren ir na procura dun neno?
Queda moito que facer, empezando pola educación aos nenos e nenas en valores de igualdade e respecto: Para que os nenos de hoxe non sexan os inútiles de mañá que teñen que ser servidos; para que a desigualdade non leve a males maiores como a violencia doméstica.
Non cabe dúbida de que son necesarias polÃticas de igualdade, pero é imprescindible un cambio radical desa mentalidade de sentirse obrigada a ser a criada da casa, tanto para o home como para os fillos; de crerse insustituÃble nalgunhas tarefas. Se pensamos no que principalmente nos diferencia dos homes, en termos fÃsicos ou anatómicos, nos decatamos de que con esa parte do corpo non se realiza eses traballos considerados tradicionalmente femininos. Polo tanto, están en perfectas condicións de colaborar e compartir esas tarefas.
A paridade na composición do goberno, ou nun consello de administración dunha empresa ten moita importancia, porque é unha especie de modelo a seguir pola sociedade.
¡¡A SEGUIR LOITANDO POLA IGUALDADE MUNDIAL DAS MULLERES!!
- Add new comment
- 6 reads
Valdalouriña celebra o DÃa Internacional da Muller
A asociación MMRR Val da Louriña de Mos vén celebrando cada ano o DÃa Internacional da Muller. Desde a súa constitución alá polo ano 1996, a asociación fai un acto de recoñecemento a dúas mulleres traballadoras do noso concello, cada ano nunha parroquia: mulleres maiores cunha vida difÃcil, compaxinando o coidado da familia coas máis variadas profesións ( leiteiras, peixeiras, costureiras, mulleres que lavaban roupa para a xente rica dalquén momento, etc.). O acto consiste en facer unha lembranza da súa vida, destacando tanto aqueles momentos duros como aquelas historias que lles sucederon e foron motivo de ledicia e risa; intentamos que sintan que ese é o seu dÃa; entregámoslle uns ramos de flores e outros agasallos, presenciamos a actuación de grupos de baile, de cantareiras, ou de música sen máis; e rematamos compartindo unha merenda todas as persoas presentes no acto. Este ano celebraremos este acto o domingo 14 de marzo, na parroquia de Sanguiñeda, e xa vos daremos boa conta del neste espazo que compartimos. De momento achegámovos dúas imaxes do acto do pasado ano.
- Add new comment
- 13 reads
Val da Louriña prepara outra obra de teatro
O grupo de teatro da asociación Val da Louriña, "Mistura", naceu nun curso de teatro subvencionado polo concello no ano 2006. Monse, a monitora, conseguÃu que daquel curso saÃra primeira representación, unha adaptación da obra "Os cravos de prata", que foi estreada no local do Chan do Bosque a comezos do ano 2007. AÃnda que parte das súas compoñentes se foron do grupo, ao mesmo tempo, outras se foron incorporando.
O ano 2009 foi o máis produtivo para o grupo: Fixeron unha adaptación de "O enfermo imaxinario" que foi representada no Pazo de Mos; posteriormente levaron a obra por varios locais sociais do concello (Louredo, Cela, Herville, Peinador, Amieirolongo).


Agora xa están centrados no estudo dunha nova obra que nos ofrecerán ao longo deste 2010.

- Add new comment
- 36 reads
Solidariedade con HaitÃ
Haità é o paÃs máis pobre do continente americano, donde as tres cuartas partes da súa población vive na máis absoluta pobreza e dependen da agricultura e da pesca (o chamado sector primario). De aà sae a materia prima para a fabricación de productos. A predominancia deste sector ( que tamén inclúe minerÃa, ganderÃa,etc) é caracterÃstica de paÃses en desenvolvemento ou subdesenvolvidos, que fai que a miseria sexa o máis común na súa población.
Por outro lado, son paÃses explotados, tanto por grandes potencias, con EEUU á cabeza, como polo propio goberno, que acostuma a ser dictador e corrupto, explotando aos seus súbditos para amasar as súas fortunas mentres na rúa a xente vive na miseria.
Cando unha catástrofe natural como ésta sacude a un paÃs como HaitÃ, o que pasa é que arrasa todo, porque xa antes houbo unha sobreexplotación do terreno, unha destrución da superficie arbórea, unhas construcións carentes da mÃnima seguridade froito da pobreza, etc. Todo isto fai que un terremoto que en Europa ou EEUU non terÃa maiores consecuencias, en paÃses como Haità sexa unha traxedia.
Agora sólo queda que fagamos un esforzo por colaborar e presionar aos gobernos para que fagan o mesmo.
Desde a asociación Val da Louriña, ademais das colaboracións individuais de cada membro da directiva, decidÃuse facer unha achega económica como asociación a
- Add new comment
- 40 reads
Continúa a actividade na asociación Val da Louriña: Encaixe de bolillos
Tralo paréntese navideño, comezamos o novo ano retomando os cursos e obradoiros que se interromperan coas pasadas festas. Unha destas actividades é a de encaixe de bolillos, na que, como poderedes apreciar, fan traballos impresionantes.


O curso de bolillos ten lugar todos os mércores pola tarde no local da asociación de veciños, en O Piñeiro (Sanguiñeda). Pastora é a monitora, que xa tén unha máis que probada experiencia neste tema. Amosamos dous dos traballos que están rematando agora.


No referente a outras actividades, xa vos iremos contando en qué andaremos metidas este ano, xa que, ademais de continuar con eses cursos e obradoiros permanentes (pintura e manualidades, ximnasia, labores, teatro, etc), estamos organizando algunha charla sobre a fibromialxia e unha visita ás instalacións da factorÃa Citroen en Vigo. De todo o que vaiamos facendo xa vos iremos informando.
- Add new comment
- 33 reads
Escenificación do Belén vivente na Cabalgata de Mos
A asociación Val da Louriña de Mos volveu a representar o presebre vivente na Cabalgata que se organiza no Concello. Logo de 2 anos sen facelo, esta vez incorporamos novos elementos na escenificación.


A representación contaba ( ademais dos imprescindibles San Xosé, a Virxe e o neno) cunha lavandeira, tres pastoras adultas e seis pastorciños. Como novidade incluÃmos dúas galiñas e un galo de Mos.




Aproveitamos para desexarvos a todas FELIZ ANO 2010!!!
Se queredes contactar con nós valdalourinha@gmail.com
- Add new comment
- 33 reads
Valdalouriña deséxavos o mellor para o novo ano
- Add new comment
- 53 reads
Nadal na asociación Valdalouriña
Durante o Nadal hai actividades que continúan e outras que se suspenden ata o novo ano. Este ano volveremos a escenificar o Belén vivente na Cabalgata que organiza o Concello de Mos.Dentro das actividades do Nadal encadramos a visita que fixemos o pasado sábado 19 ao centro de acollida dos Irmáns misioneiros dos pobres en Teis. IncluÃmos algunhas imaxes da visita.




- Add new comment
- 40 reads
Uhna tarde de pintura e manualidades en Mos...
Arredor de 20 socias acoden cada venres, de 16h a 20h, ás clases de pintura e manualidades, en dúas tandas de 2 horas cada unha. Entre as técnicas que aprendemos están a pintura en óleo, acrÃlico, en tela, vidro, etc; decoración de obxetos variados; barnizado e pintura en madeira... Despois de dúas décadas con Josefa como monitora, este ano contamos con Carmen. Durante o Nadal non haberá clases, pois os venres coinciden este ano con dÃas de festa (Nadal e ano novo)
Contacta con nós en:




Contacta con nós en
- Add new comment
- 40 reads
A asociación Valdalouriña visitará o Centro dos Irmáns misioneiros dos pobres en Vigo
Dentro da súa faceta social, a asociación realiza visitas cada ano a centros de acollida, asilos, asà como un rastrillo benéfico para recadar fondos para distintas asociacións como "SÃndrome de Down", contra o cancro, contra os malos tratos, ou para diminuÃdos fÃsicos e sÃquicos. Esta será a segunda visita que realizaremos este ano a este centro coñecido como de "Os Camilos" ou dos "Irmáns misioneiros dos pobres enfermos desamparados". O sábado dÃa 19 de decembro compartiremos merenda coas persoas alà acollidas, e intentaremos que se divirtan coa actuación do grupo de sevillanas da nosa asociación.
- Add new comment
- 64 reads
Compartindo a nosa historia e as nosas actividades...
Foi no ano 1996 cando a asociación MMRR Valdalouriña comezou a súa andaina; desde aquela, unha das súas caracterÃsticas é a súa constante actividade nos campos da cultura, da muller, do social, do rural, do gastronómico, ... Contamos con 350 socias, na súa maiorÃa do concello de Mos. Aquà relatamos algunhas das nosas actividades:
- Cursos e obradoiros permanentes: repuxado en coiro, bolillos, lencerÃa de fogar, , ximnasia, sevillanas, teatro, labores, pintura e manualidades.
- Cursos subvencionados polas distintas administracións: masaxe, cociña, primeiros auxilios...

- Visitas a lugares de interes: XardÃns de Lourizán, Illa de San Simón, Museo do Mar, Museo etnográfico Liste
- Viaxes nas que percorremos Galicia, Norte de Portugal, PaÃs Vasco, Madrid, Andalucia, ...
- Charlas sobre temas de interese, sobre todo para mulleres: Saúde e sexualidade, Alzheimer, CelÃacos, Consumo.
- Xornadas gastronómicas: empanada de millo, doces tÃpicos de antroido.
- Acto de recoñecemento a mulleres do noso concello, no DÃa Internacional da muller.
- DÃa das Letras galegas, na defensa da nosa lingua, no que contamos con algunha escritora e lembramos a obra do escritor ou escritora ao que se dedica o dÃa.
- Rastrillo benéfico para recadar fondos para distintas asociacións: SÃndrome de Down, Contra o cancro, Asociación de diminuidos , Rede veciñal contra os malos tratos,...
- Festa da Empanada de millo, en colaboración co concello de Mos.
Para contactar con nós: valdalourinha@gmail.com
- Add new comment
- 75 reads
Asà foi o dÃa contra a violencia de xénero na asociación Valdalouriña
Na charla-coloquio que tivo lugar na nosa asociación participaron varias ducias de persoas, maioritariamente mulleres.
Unha psicóloga, Marcela d´Ambrosio, e varias mediadoras da contra os malos tratos , compartiron coas persoas asistentes a súa experiencia e coñecementos fronte a esta lacra da sociedade que é o maltrato.
Estableceuse un diálogo moi interesante entre as persoas da mesa e o público asistente.


- Add new comment
- 77 reads
25 de novembro: hoxe pode ser un gran dÃa...!!!
O dÃa no que lle digas " ata aquà chegamos, non me porás máis a man enriba!"
O dÃa no que lle digas "basta xa de insultarme, de menosprezarme ... non eres máis ca min!"
O dÃa no que deixes de pechar os ollos cando vés a túa nai, a túa irmá ou a túa filla con sinais de maltrato...
O dÃa no que deixes de mirar para outro lado cando a túa amiga, viciña ou compañeira leva o medo debuxado na cara...
O dÃa no que deixes de tapar os oÃdos cando escoitas cómo o teu viciño, o teu irmán ou o teu fillo malla e insulta a súa muller, noiva ...
AnÃmate e fai que hoxe sexa un gran dÃa!!!
NON Ã VIOLENCIA MACHISTA!!!
- Add new comment
- 96 reads
25 de novembro, dÃa contra a violencia de xénero
¿ Ides facer algunha actividade especial para celebrar o dÃa 25?
Haberá unha mesa redonda na que participarán unha psicóloga experta en temas de violencia de xénero e mediadoras contra os malos tratos de Vigo. Este acto está organizado en colaboración co concello de Mos.
¿Onde pensades que radica a actitude violenta dalgúns homes para coas mulleres?

- Add new comment
- 98 reads
Valdalouriña xa está organizando a cea de Nadal!
A asociación Valdalouriña de Mos xa están organizando a cea de Nadal; será o venres dÃa 11 de decembro nun restaurante da zona; unha noite de compartir mesa, baile e agasallos. AnÃmate! AÃnda que non sexas socia podes acompañarnos...

- Add new comment
- 58 reads



