Femuro
O futuro está nas nosas mans
- Añadir nuevo comentario
- 1873 lecturas

CLUBE DE LECTURA

Efectivamente, chegamos ao final de curso, que non ao final da existencia do club de lectura de FEMURO. E facemos balance que, por suposto, é tremendamente positivo.
Como quen non quere a cousa ao longo do curso fomos lendo e comentando libros que nos aportaron novas historias, fantasías e realidades que pasan á nosa memoria e nos enriquecen.
Pero a aventura de ler non queda só en novas experiencias particulares; O club de lectura serviunos para xuntarnos, para crear lazos, para opinar, descubrir diferentes puntos de vista, discutir, aportar experiencias que viñeron á nosa mente a través das historias lidas nos libros.
Unha vez cada mes xuntámonos para compartir algo que todas temos en común: o gusto pola lectura, o pracer de ler, pero tamén o gusto de vernos, de recitar marabillosa mente poemas de Rosalía de Castro, de ver unha película, de avanzar nos afectos.
Foron moitos os libros que nos axudaron a pasar bos momentos e que nos serviron como pretexto para xuntarnos e falar.
O neno con pixama de raias, Cometas en el cielo, Memorias dun neno labrego, Follas Novas, Cartas de Inverno, Mil soles expléndidos, O lapis do carpinteiro, A perla, El guardián entre el centeno, El beso del Sahara… libros moi diferentes que nos ofreceron temas relacionados con distintas realidades: a problemática da muller afgana, os horrores da guerra, a vida doutras épocas no noso país coas que moitas nos identificamos, e moitos temas máis.
Grazas a todas, por participar nesta aventura, por aportar as vosas experiencias, por darme o voso cariño. Grazas por estar aí e por querer seguir compartindo comigo o entusiasmo pola lectura.
Despedímonos cun pouco de tristeza, pero coa alegría de que en setembro nos volveremos xuntar para retomar a actividade do club e vivir novas historias e compartilas.
Bo verán a todas e felices lecturas a todas.
- Añadir nuevo comentario
- 1203 lecturas

Conecta Xoven
OS/AS XÓVENES DE VERÍN REÚNENSE EN TOLEDO CON XÓVENES DE TODA ESPAÑA
Como agradecemento o traballo realizado polos/as xóvenes na 5ª etapa do CONECTA XOVEN, un proxecto que involucra directamente á xuventude en tarefas de alfabetización dixital de persoas adultas do seu propio entorno, os días 17, 18 e 19 de Xuño tivo lugar un Encontro Estatal no Centro Ecuestre Montes de Toledo (Cuerva- Toledo) no que participaron xóvenes de 14 entidades que están levando a cabo dito proxecto.
- Añadir nuevo comentario
- 1635 lecturas

Intercambio de experiencias en Lisboa
- Añadir nuevo comentario
- 722 lecturas

Se estás desempregada...
- Añadir nuevo comentario
- 877 lecturas

Femuro organiza o VII Foro da Igualdade
Femuro celebra o seu VII Foro da Igualdade baixo o título "As Mulleres queremos... As Mulleres podemos" os próximos días 16, 17 e 18 de Abril na Residencia de Tempo Libre de Carballiño.
AXENDA:
Venres 16: Recepción ás asociacións e proxección da película : "Las chicas de la Lencería"
Sábado 17: Inaguración das xornadas pola Secretaria Xeral de Igualdade "Marta González Vázquez" .
Pola tarde compañeiras da Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos de Vigo compartirán algunhas das suas experiencias.
A continuación levaránse a cabo actividades de ocio que permitan as 280 mulleres participantes compartir opinións acerca do tratado ó longo do día.
Domingo 18: Peche das xornadas.
- Añadir nuevo comentario
- 9403 lecturas

Femuro con Haití
Femuro, dentro da área da solidaridade, decide poñer en marcha a campaña "Femuro con Haití" para recadar fondos destinados a axudar ás víctimas do terremoto. Para o que convida a todas as asociacións federadas que leven a cabo esta campaña nas localidades onde teñen ámbito de actuación. As cantidades recadadas ingresaránse nas contas das seguintes ONG´s:
Na comarca do Carballiño, en fechas próximas, organizarase un rastrillo solidario, no que as mulleres porán en venta artesanía feita por elas mismas en favor da campaña.
- Añadir nuevo comentario
- 1547 lecturas

2010 MOTIVOS POLOS QUE SEGUIR TRABALLANDO A PROL DA IGUALDADE
Artigo publicado en "La Región" (15.01.2010)
As mulleres ourensás cobran unha media de 3.600 euros anuales menos que os homes.
Os varóns ourensanos gañaron en 2008 un soldo medio de 18.125 euros, frente aos 14.490 que percibiron as traballadoras da provincia. Esta situación provoca que as prestaciónes por paro e as pensións das féminas sexan tamén menores ás dos homes, según os datos que ofrece un informe de técnicos de Facenda. A causa desta brecha salarial radica na maior presencia das mulleres en postos de menor remuneración, así como en traballos a tiempo parcial.
- Añadir nuevo comentario
- 1426 lecturas

Curso de Formación Ocupacional: Monitor/a Sociocultural.
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, levou a cabo dende o 6 de Outubro ata o 14 de Decembro un curso de "Monitor/a sociocultural", subvencionado pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación e polo Fondo Social Europeo.
A acción formativa forma parte dos antigos cursos do plan FIP, os cales agora pasan a denominarse: "accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregadas/os" (AFD). O obxectivo fundamental é mellorar a cualificación e a inserción laboral daquelas persoas que se atopen en situación de desemprego.
O curso de monitor foi impartido polas mañás no local onde se ubica a sede de Femuro en Verín. A duración do curso foi de 330 horas teórico-prácticas, onde se traballaron contidos relativos ás diferentes fases da intervención sociocumunitaria.
Ademáis impartíronse os módulos de Creación de empresas e formación en igualdade, de carácter transversal. Remataron con éxito a formación 13 alumnos/as que recibiron un diploma oficial homologado.
- Añadir nuevo comentario
- 1320 lecturas

25 de Novembro
25NOV. Percorrido silencioso polas rúas de Verín, levando unha pancarta ata a praza maior da vila, ónde se pasou á concentración Contra a Violencia de Xénero. No centro da praza procedeuse á lectura dun manifesto e finalmente levouse a cabo o acto simbólico da partida contra a Violencia de Xénero nun taboleiro xigante.
26NOV. Ciclo de curtametraxes: "Ollando dende a igualdade". Curtometraxes sobre a desigualdade e distintos tipos de violencia que sofre a muller: "Pais e nais" dirixida por Marisa Crespo e Moisés Romera, "Nasija" de Guillermo Riso, "Water Closed", producido por Fundación de Mulleres. Ademáis proxectouse creada e realizada polas/os alumnas/os do curso de Monitor Sociocultural baixo o título: "Deixando atrás a violencia"
28NOV. Marcha polo bo trato. Ruta circular: Pozo do Demo ata Fonte do Sapo, en contra da violencia de xénero. Actividade impulsada polo Centro de Información á Muller de Verín.
- Añadir nuevo comentario
- 8189 lecturas

Inicio de sesión
Links Femuro
- Presentación Femuro
- Conectadas ó mundo Carballiño
- Blog de Manoli
- Blog de Alex
- Blog de Sheila
- Blog de Reyes
- Blog de Alicia
- Blog da As. de MM.RR. Velouxe
- Blog da As.de MM.RR. Entre nós
- Blog da As.de MM.RR. Fonte do Sapo
- Blog da As.de MM.RR. 25 de Xullo
- Blog de Tere
- Blog de Marisa
- Blog de Mada
- Blog de Pacita
- Blog de Pepi
- Blog de Mercedes
- Blog de Mari
- Blog de Josefa
- Ayuda en Acción
- Secretaría Xeral de Igualdade
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Febrero 2012 (2)
- Enero 2012 (6)
- Diciembre 2011 (10)
- Noviembre 2011 (21)
- Octubre 2011 (19)
- Septiembre 2011 (14)
- Agosto 2011 (5)
- Julio 2011 (20)
- Junio 2011 (30)
- Mayo 2011 (70)
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »


