conectadasomundo
VIII FORO DA IGUALDADE
Música: El arrebato
VIII Foro de FEMURO coa temática "Muller rural e violencia se xénero", que se desenvolveu na residencia do tempo libre de Panxón
- Añadir nuevo comentario
- 755 lecturas

VIII FORO DA IGUALDADE
VIII FORO DA IGUALDADE.
Panxón, 5 e 6 novembro
Os días 5 e 6 de novembro de 2011, a Federación Provincial de MM.RR de Ourense (FEMURO) organizou a oitava edición do Foro da Igualdade, que este ano tivo lugar na Residencia de Tempo Libre de Panxón (Xunta de Galicia), e aglutina un total de 150 participantes das asociacions de Mulleres Rurais.
Como cada ano, este foro pretendeu ser un espazo de reunión entre as mulleres rurais da provincia de Ourense, e tivo como finalidade visibilizar e reforzar o traballo que veñen realizando as entidades a favor da igualdade de mulleres e homes, así como mostrar e impulsar iniciativas que favorezan a igualdade real, xa que a aportación das mulleres, neste senso é imprescindible para que a igualde sexa un feito palpable.
Este ano, o seu eixe central baseabase na temática “Muller rural e violencia”, coa conferencia a cargo de Purificación Álvarez Villamarín da “Unidade contra a Violencia contra a muller”
Así mesmo, conxugaronse dinámicas grupais de debate sobre este tema, onde as 150 participantes coñeceranse e reflexionarán sobre o traballado durante o día. Pola noite levouse a cabo unha velada de confraternidade e degustación de productos da terra, na que as socias participantes foron as únicas protagonistas e actoras.
O domingo 6 disfrutamos da representación teatral da obra: “Xenitais” protagonizada polo grupo Zarabanda, moi acordo co tema tratado no foro.
- Añadir nuevo comentario
- 883 lecturas

Fotos da Celebración do Día da Muller Rural 2011 1
- 1 comment
- 726 lecturas

Celebración do Día da Muller Rural
| Día da Muller Rural en Allariz |
Celebrouse en Allariz o Día da Muller Rural A Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira” organizou este ano, xunto co Concello de Allariz, o acto de celebración do “Día Muller Rural”. Nesta ocasión, máis de 400 mulleres de todas as comarcas da provincia de Ourense, pertencentes a distintas Asociacións de Mulleres Rurais e integradas na Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), visitaron a localidade de Allariz o sábado 8 de outubro, con motivo da conmemoración desta data. As actividades comezaron ás 11:00 h. coa chegada das Asociacións ao Campo da Barreira, tras a recepción visitarán o pobo de Allariz guiadas polas socias da “Silvardeira” e acudiron ao Festival Internacional de Xardins 2011. A continuación tivo lugar unha comida de confraternidade no restaurante do Fogar do Maior, comida que estivo amenizada polas actuacións do Coro de Mulleres de Allariz e un grupo de gaiteiros. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Allariz, a presidenta de Femuro e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira”. O “Día da Muller Rural” conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en todos os ámbitos, pretende facer visible o papel das mulleres rurais no desenvolvemento económico e social do medio rural así como na promoción da igualdade de oportunidades. A escasa valorización da súa contribución o desenvolvemento dos nosos pobos é a principal fonte de discriminación que sufren as mulleres que pertencen o medio rural, por iso trátase tamén de recordarlle os gobernos que a necesidade de políticas públicas encamiñadas a potenciar e visibilizar as súas capacidades, e hoxe unha obriga mundialmente recoñecida. Tamén un dos obxectivo é visivilizar o medio rural a través da visita de todas as participantes o pobo de Allariz, coñecendo de primeira mao, das mulleres que alí viven, a beleza que ten o rural e as inciativas que levan a cabo |
- Añadir nuevo comentario
- 797 lecturas

II Curso Formativo-Preparatorio de Competencias Clave
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), comeza o PROGRAMA Formativo-Preparatorio para a obtención de Competencias Clave de nivel 2.
A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense dende os seus comezos ten entre os seus fundamentos a loita contra a Exclusión. Na busca de mellorar a situación das persoas e obter a formación axeitada; se realiza de novo, o curso formativo que da acceso os distintos certificados de profesionalidade.
Esta formación busca a preparación dos usuarios/as nas distintas areas das probas convocadas pola Consellería de Traballado e Benestar que se desenvolven en datas sinaladas, no recinto feiral de Silleda, e que dan acceso os certificados de nivel II ou III (según sexa o caso), demostrando coa calificación de Apto o nivel obtido en cada competencia.
O programa formativo, se vai levar a cabo no Centro Comarcal do Carballiño dende o día 3 de outubro ata o 9 de decembro, e na aula Conectad@s ó mundo de
O proxecto é a segunda experiencia de FEMURO na vila de Carballiño, en canto a formación de Competencias; no ano 2010 os alumnos/as realizaron a formación e pasaron as probas pertinentes a comezos do 2011, obtendo cualificacións de aptos e accedendo os distintos certificados de profesionalidade ou formacións de nivel II.
O programa que se vai a desenvolver foi adaptado os contidos nas competencias clave de:
Lingua Castelá, Lingua Galega, Matemáticas, Dixital e Tecnoloxía.
- Añadir nuevo comentario
- 1024 lecturas

Representación teatral da Asoc. Mulleres Rurais "A RUBIDEIRA"
O pasado día 2 de septembro a asociación de Mulleres Rurais "A Rubidera" unha das 12 asociacions que pertecen a FEMURO na Comarca de Orcellón, representou no Casino do Carballiño "A segunda Xuventude" e "O regreso do Paulino".
A asistencia de 170 persoas que puderon disfrutar dun rato de lecer e comprobar o traballo destas mulleres que escribiron, dirixiron e protagonizaron elas mesmas as obras teatrais.
Unha mostra das fotos:
- Añadir nuevo comentario
- 1668 lecturas

I Andaina FEMURO-ACEGA
Este pasado sábado día 21, tivo lugar unha andaina por terras da Comarca do Carballiño, no que se disfrutou da convivencia, a paixase e a cultura.
A andaina de corto percorrido uns 6 kilómetros, nos levou dende Madarnas a Madanela, pasando polos Petroglifos de Cangues.
A convivencia de ACEGA e FEMURO, rixo a favorecer o entendemento entre os afectados celiacos e as familias.
Nesta I Andaina, se recibiron preto de 60 persoas que previamente se inscribiron, ben na Aula Conectad@s ó Mundo (FEMURO) ou a través da Asociación de celiacos de Ourense.
O Percorrido que se realizou se pode observar no plano:

I Andaina sen Gluten por terras da Comarca do Carballiño
Convivencia de ACEGA e FEMURO
09.30 h.- saída do Parque de San Lázaro Ourense
10.15 h.- Estación de Tren do Carballiño
10.30 h.- Chegada a Madarnas (Benvida e reparto de viandas e detalles).
10:45 h. – Comezo da andaina . (Visita os petroglifos)
13:30 h. – Xantar de confraternidade na Madanela.
16.00 h. – Regreso
Co respeto que merece a natureza e dado o percorrido da andaina ACEGA e FEMURO comprometeronsea manter limpo o espazo natural empregado para o percorrido.
- Añadir nuevo comentario
- 2578 lecturas

Recomendamos novo libro
La Caída de los Gigantes.-
É un libro de Kent Follett.
Argumento:
A evolución dos persoeiros a través da 1ª Guerra Mundial, a Revolución
Rusa e as primeiras loitas polos dereitos da muller.
O libro forma parte dunha triloxía. É ameno e facíl de ler, pero ollo que pesa.....¡é un chisco gordiño!; igual a alguen se lle fai un pouco farragoso a parte das descripcións da situación política do momento en que se desenvolve.
Recomendado po: Mary
- Añadir nuevo comentario
- 3076 lecturas

Xornadas de desenvolvemento Rural (16/17 de Abril) 5
Os días 16 e 17 tiveron lugar na Residencia do Tempo libre as "Xornadas de Desenvolvemento Rural" organizadas por FEMURO, ( para que vos fagades un idea aquelas que non puidestes participar con nos, ou vos vexades aquelas que estivestes, un pequeno montaxe fotográfica
- 5 comments
- 1306 lecturas

REDES SOCIAIS (FAI UN BO USO) 2
- 2 comments
- 2930 lecturas

EL CORAZÓN HELADO 4

Autor: ALMUDENA GRANDES
Argumento: O día da sua morte, Julio Carrión, poderoso home de negocios cuia fortuna se remonta os anos do franquismo, deixa os seus fillos una boa herencia pero tamén muitas partes escuras no seu pasado e da expericia vivda na Guerra Civil e na División Azul. No seu enterro, en febreiro de 2005, o seu hillo Álvaro, o único que non se quixo adicar os negocios familiares, se sorprende poa presenza dunha muller xoven e atractiva, a que ninguen tiña visto antes.
Recomendación: É un libro que seguro que vos gusta, e logra que se deixe a un lado a televisión.
Alicia
- 4 comments
- 2356 lecturas

El capitán ala triste 4
Vamos a tentar que está novela nos enrede na historia dun Madrid do século XVII. As aventuras dun espadachín a soldo, desventuras, loitas.....
- 4 comments
- 2587 lecturas

AXUDA A MULLERES EMPRENDEDORAS 2
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria da Secretaría Xeral da Igualdade para a solicitude de subvencións para o apoio ao emprendemento feminino, o denominado programa Emega, para o ano 2011, que conta cun orzamento de 687.500 euros e esta cofinanciado polo Fondo Social Europeo.
As medidas de fomento ás iniciativas empresariais promovidas por mulleres e que pretenden a promoción do autoemprego constitúen actuacións eficaces para a xeración de emprego, repercutindo tamén na redución da taxa de paro feminino, que certamente segue sendo máis elevada que a dos homes, e favorecendo a desaparición das diferencias existentes aínda entre o número de emprendedores, moito máis elevado, e o de emprendedoras. Estas medidas, no contexto de crise económica actual, cobran especial relevancia, polo que resulta obrigado fomentalas por parte da administración en xeral e particularmente por parte dos departamentos responsables da igualdade entre mulleres e homes.
O programa Emega é un programa de estímulo ás mulleres emprendedoras, apoiándoas mediante a concesión dunha serie de axudas económicas para que se establezan como empresarias e deste xeito acaden a súa propia promoción e contribúan á creación de postos de traballo.
A Secretaría Xeral da Igualdade modificou a convocatoria este ano para adaptala ás necesidades especiais que a situación económica demanda.
As axudas convocadas están destinadas a apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través de dúas liñas de actuación. (Ir a enlace de IGUALDADE)mais información
- 2 comments
- 2833 lecturas

Conectadas o mundo Carballiño na prensa
- Añadir nuevo comentario
- 1344 lecturas

NOVA TEMPADA
| O punto de encontro de FEMURO en Carballiño, e a Aula Conectad@s ó mundo, comeza hoxe día 10 de xaneiro a nova tempada formativa de alfabetización dixital. Os cursos son adaptados ás idades dos distintos usuarios/as dende os 5 anos en adiante, fomentando o desenvolvemento nas novas tecnoloxías, facilitando o manexo das mesmas, cunha mecánica formativa sinxela. FEMURO manten sempre o contacto coas asociacions de mulleres do rural e tenta mellorar e levar a cabo os distintos programas de axuda en beneficio da población realizando un acercamento formativo, informativo e o asesoramento na creación de emprego, na orientación e busqueda do mesmo, na atención a persoas en risgo de exclusión social con cursos formativos que melloren a súa integración como o levado a cabo de preparación as competencias clave; no coidado e axuda a nais e pais de familias monoparentais, a nais xestantes ou lactantes....etc. Na nova andaina do ano 2011, FEMURO vai a manter a súa premisa de mellora, recoñecemento, de desenvolvemento do medio rural da provincia, prestando a atención na súa sede de Verin e O Carballiño. |
- Añadir nuevo comentario
- 2623 lecturas

- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »
Inicio de sesión
Links Femuro
- Presentación Femuro
- Conectadas ó mundo Carballiño
- Blog de Manoli
- Blog de Alex
- Blog de Sheila
- Blog de Reyes
- Blog de Alicia
- Blog da As. de MM.RR. Velouxe
- Blog da As.de MM.RR. Entre nós
- Blog da As.de MM.RR. Fonte do Sapo
- Blog da As.de MM.RR. 25 de Xullo
- Blog de Tere
- Blog de Marisa
- Blog de Mada
- Blog de Pacita
- Blog de Pepi
- Blog de Mercedes
- Blog de Mari
- Blog de Josefa
- Ayuda en Acción
- Secretaría Xeral de Igualdade
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Febrero 2012 (2)
- Enero 2012 (6)
- Diciembre 2011 (10)
- Noviembre 2011 (21)
- Octubre 2011 (19)
- Septiembre 2011 (14)
- Agosto 2011 (5)
- Julio 2011 (20)
- Junio 2011 (30)
- Mayo 2011 (70)
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »
