Responder ó comentario
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 3
A asociación de MMRR Val da Louriña de Mos celebrou, como cada ano, a Festa das Letras Galegas, neste 17 de maio tan primaveral. Este ano é máis importante que nunca que as entidades que nos chamamos culturais o demostremos poñendo en valor a nosa característica máis destacable, aquilo que máis nos define: o noso propio idioma .Con este obxectivo, celebramos este día cunha programación variada e entretida.
O acto comezou coa actuación das cantareiras "Meigas fóra" da Asociación Tangaraño de Mos. A continuación, contamos coa escritora Elena Gallego, que fixo unha intervención moi didáctica e animada, e mantivo a atención das persoas asistentes. Na súa participación comezou suliñando a importancia da educación e da socialización dos nenos e nenas na nosa lingua .
Unha vez remarcado isto, pudemos coñecer un pouco máis da súa vida literaria, para rematar cunha presentación da súa primeira novela publicada "Dragal, a herdanza do dragón", primeira entrega da triloxía "Dragal, o último dragón galego". Esta obra foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura xuvenil, e a autora quere encher ese oco baleiro na literatura fantástica galega.
Ao rematar esta intervención, foi o turno do alumnado do Colexio Mestre Valverde Mayo, que fixo unha escenificación da vida e obra de Uxío Novoneyra, e, como sempre, espertaron o interese do público asistente.
Como fin de festa acompañounos o grupo de corda da Escola de Música de Mos que xa apunta maneiras nisto da música.
Para rematar esta tarde de celebración xuntos, compartimos unha merenda todas as persoas asistentes .
TODOS OS DÍAS DO ANO SON DÍAS DAS LETRAS GALEGAS!!!
- blogue de valdalourinha
- Engadir novo comentario.
- 11657 lecturas
Responder
Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Marzo 2021 (1)
- Decembro 2020 (3)
- Xullo 2020 (2)
- Marzo 2020 (4)
- Febreiro 2020 (3)
- Decembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Xullo 2019 (1)
- Xuño 2019 (2)