valdalourinha
POEMA PARA O DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 21
ELA, muller de hoxe, muller de onte
É muller, muller de hoxe
unha muller que nace, medra e xoga;
agarímana, coidana e medra.
¡E quere ser, quere ser ELA!
E estuda, e traballa, e loita.
É médico, enfermeira, mestra...,
e traballa na fábrica, e traballa na leira.
Namórase, e casa, arrima ou xunta,
¡qué máis dá! É ELA
E cría os seus fillos, e traballa e loita.
É ELA.
ELA. muller de onte,
unha muller que nace, medra e ¿xoga?
¡Hai que traballar!
¿Agarímana? ¿coidanan?, e medra
¡Hai que traballar!
E quere ser, quere ser Ela,
non pode ser, ¡hai que traballar!
E quere estudar, ¡hai que traballar!
E traballa na casa, e traballa na leira.
¡E quere ser , quere ser ELA!
Non pode, non a deixan.
E chora e sofre,
e berra, e morre.
¡E quere ser, quere ser ELA!
Mariví
- 21 comentarios
- 31499 lecturas
Dia Internacional contra a violencia de xénero 88
A crise introduce novos elementos na violencia machista. O medo ao comportamento que pode adoptar el, o medo a quedar sen un modo de subsistencia, fai que a víctima aguante, porque ademais, el é o pai dos seu fillos. A este medo que sempre acompañou á muller maltratada no momento de ter que denunciar ao maltratador, hai que engadir a falta de recursos do estado para prestarlle asistencia, por culpa dos agresivos recortes aplicados neste campo. Pero é posible saír desta lacra que é o maltrato ás mulleres. A vida é moi valiosa, e hai que educar aos fillos en igualdade, aprenderlles a usar o diálogo e a razón, e non a forza. E aprender tamén a distinguir o amor doutros sentimentos de sometemento e dependencia.
- 88 comentarios
- 70294 lecturas
XORNADA MICOLÓXICA 4
O sábado día 10 de novembro sairemos a recoller cogumelos ao monte, acompañados de expertos da organización ADENCO. Ás 10h da mañá xuntarémonos no noso local de Sanguiñeda, a donde voltaremos arredor das 13h, para facer unha pequena degustación.
- 4 comentarios
- 12638 lecturas
VIAXE A EXTREMADURA 7
A asociación Val da Louriña organiza unha viaxe a Extremadura para os días 12, 13, 14 de outubro. Visitaremos Cáceres, cidade Patrimonio da Humanidade, para coñecer a súa Catedral, Os Palacios, a Praza Maior. De aí achegarémonos a Mérida, para coñecer a Ponte Romana, O Anfiteatro e o Circo Romano. Seguiralle Badajoz, bañada polas augas do Río Guadiana, donde visitaremos as Murallas, as súas Prazas, a Catedral. Remataremos cunha visita a Guadalupe para entrar no seu Mosteiro.
A imaxe superior móstranos o Teatro de Mérida, e na inferior vemos a Praza Maior de Cáceres.- 7 comentarios
- 10749 lecturas
PRÓXIMAS ACTIVIDADES EN VAL DA LOURIÑA
CHARLA : PRIMEIROS AUXILIOS
O vindeiro xoves día 21 de xuño, contaremos coa presenza de Begoña Porrit, médico do Centro de Saúde de Mos, para impartir unha charla de Primeiros auxilios, durante a cal tamén faremos prácticas de reanimación. Terá lugar ás 20h no Local veciñal de Sanguiñeda (O Piñeiro), no concello de Mos.
CURSO DE PATCHWORK
En outubro comezaremos o curso de patchwork (retalería artesá), os martes de 17 a 19h, no local da nosa asociación, cunha duración de 20 horas.
OBRADOIRO DE CESTERIA
Ao remate do verán, realizaremos un obradoiro de cestería dunhas 15-20 horas, sempre que haxa un número axeitado de persoas que queiran participar.
VIAXE A EXTREMADURA
Na ponte do Pilar, en outubro, viaxaremos a Cáceres, Mérida, Guadalupe, para o que daremos máis información no mes de setembro.
- Engadir novo comentario.
- 17731 lecturas
VIAXE A MADRID E MÁIS CURSOS EN VAL DA LOURIÑA 2
VIAXE A MADRID, ARANJUEZ E TOLEDO
Data: 20 a 22 de abril
Visitaremos a cidade de Madrid, Alcalá de Henares, Toledo e Aranjuez. O día 17 de marzo, no noso local, anotaremos ás persoas interesadas nesta viaxe.
CURSO DE PATCHWORK
Curso de 20 horas, subvencionado polo concello, que comezará no mes de abril, no noso local.
Prezo: 20€
CURSO DE INFORMÁTICA: INTERNET E CORREO ELECTRÓNICO
Curso de 30 horas subvencionado pola deputación, que tamén comezará en abril, no noso local.
O prezo é de 6€.
- 2 comentarios
- 20391 lecturas
NOVAS ACTIVIDADES EN VAL DA LOURIÑA EN MARZO 5
XORNADA GASTRONÓMICA: A COCIÑA VEXETARIANA
Data: sábado 10 de marzo Hora: 17h Lugar: Local da asociación
DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Data: domingo 11 de marzo Hora: 18h Lugar: Local veciñal O Piñeiro
Acto de recoñecemento ás mulleres emigrantes, representadas por dúas mulleres do noso concello: Norma Pedreda e Antonia Giráldez. Contaremos coa actuación de Marta Quintana e o grupo "Amieiro" da asociación Chan do Bosque.
CURSO DE DANZA ORIENTAL
Data: xoves 8 de marzo Hora: 20.30h a 21.45h Lugar: Local da asociación
- 5 comentarios
- 21326 lecturas
Escenificación do Belén vivente 6
Amosamos algunhas imaxes do Presebre vivente, dos Reis Magos e da carroza gañadora do primeiro premio.
- 6 comentarios
- 18715 lecturas
Bo Nadal e Feliz aninovo!!! 1
A Asociación Val da Louriña deséxavos o mellor para o ano 2012.
- 1 comentario
- 11456 lecturas
Cea de Nadal 3
O sábado día 10 de decembro teremos a Cea de Nadal da Asociación Val da Louriña. Este ano será no Restaurante Alfonso I de Tui. Ademais de compartir unha exquisita cea, contaremos cun grupo musical para o baile, e faremos sorteo de agasallos entre as socias. Disporemos dun autobús que percorrerá os puntos de costume. Aínda hai tempo para anotarse ata o mércores día 7.
- 3 comentarios
- 9196 lecturas
Sábado micolóxico 1
Ao rematar agardábanos unha empanada de Cantarellus, un viño e doces.
- 1 comentario
- 17462 lecturas
Charla Primeiros auxilios e soporte vital básico 6
A doutura Porrit explicou os catro pasos que hai que dar ante unha situación de :
- Previr: tabaco, alcol, colesterol e outros factores provocan situacións de risco.
- Protexer: Antes de axudar a alguén hai que poñerse a salvo de máis riscos, tanto para o ferido como para a persoa que auxilia
- Avisar: ao Servizo de emerxencias
- Socorrer: á persoa que está en perigo mentres agardamos polos servizos sanitarios.
Fixo un breve repaso polas actuacións a realizar no caso de feridas, hemorraxias, picaduras, fracturas, queimaduras, asfixia, etc.
Donde máis tempo empregou foi en explicar, e mesmo practicar, a reanimación cardiopulmonar (RCP). O protocolo actual indica ciclos de 30 compresións torácicas e 2 respiracións ata que cheguen os Servizos de emerxencias.
- 6 comentarios
- 14447 lecturas
Viaxe a Asturias de Val da Louriña 1
A viaxe a Asturias que levou a cabo a Asociación Val da Louriña deixou satisfeitas a todas as persoas que participaron; con bo tempo, bonitas paisaxes e boas comidas, os participantes pasaron unha agradable fin de semana.
De camiño a Asturias, houbo unha parada na Praia das Catedrais, lugar que sempre vale a pena visitar.
Ao chegar a Fuente Dé houbo que lle botar valor e montar no teleférico, para poder gozar das vistas que ofrecía o lugar.
E xa nos Picos de Europa as paisaxes que se poden contemplar, e os sendeiros que se poden percorrer, fan que este lugar sexa merecedor da visita.
- 1 comentario
- 19079 lecturas
Outono en Val da Louriña 2
Neste mes de novembro a oferta é moi variada. Ademais das actividades permanentes (pilates, ximnasia, labores, lencería de fogar, teatro, pintura e manualidades), este mes teremos outras novas.
- Viaxe a Cambados, con visita ao conxunto histórico da vila, a o museo do viño, a unha adega e un muíño, subvencionada pola deputación.
- Curso de 10 horas de arcilla polimérica para facer agasallos para o Nadal (pulseiras, colares, adornos).
- Charla de saúde: "Primeiros auxilios no fogar e na estrada" impartida por unha doutora do Centro de Saúde de Mos, o xoves 17 de novembro ás 19.30h.
- Xornada micolóxica, o sábado 19 de novembro pola mañá, que rematará cunha degustación.
- Tamén estamos preparando a Cea de Nadal, con baile e sorteo de agasallos.
- 2 comentarios
- 11882 lecturas
DIA DA MULLER RURAL 7
A situación da muller no rural non ten, hoxe en día, nada que ver coa que vivian as nosas nais, nin coa que nós mesmas vivimos hai dúas ou tres décadas. Está claro que houbo unha mellora, pero tamén que queda moitísimo por facer. As asociacións, en xeral, e as de mulleres rurais en particular, xogan un papel moi importante, achegando a moitas mulleres unha serie de actividades que doutro xeito lle serían moi difíciles de realizar. A vida no rural mellorou tamén grazas ao uso das novas tecnoloxías, que permiten ter información, mercar, ou pedir cita no médico a través de internet, por moi lonxe que esteas da cidade. Establecerse como familia no rural non é doado, sobre todo se estamos acostumados a telo todo a man: as compras, o médico, o cine e o colexio dos nenos. Nos últimos anos xurdiron alternativas varias para poder facer do rural o medio de vida, como a agricultura ecolóxica, o turismo rural... En moitos casos a volta ao rural dase por non poder mercar vivenda na cidade; noutros, por buscar un pouco de tranquilidade ao remate da xornada laboral; algúns, para facer da agricultura, do turismo ou da gandería o seu medio de vida. Para que as pequenas aldeas non desaparezan, é preciso contar cunhas boas comunicacións; cómpre tamén recibir axudas para rehabilitar as vivendas; e como no, axudas tamén para poder establecer pequenas empresas agrícolas ou gandeiras. E, finalmente, é imprescindible parar a desfeita que os gobernantes fan dalgunhas zonas rurais, por ese empeño en enchernos o país de asfalto e viaductos, construíndo autovías e autoestradas sen criterio racional. É precisa a colaboración das distintas administracións para pór en valor o rural.
- 7 comentarios
- 13012 lecturas
Iniciar sesión
Links Val da Louriña
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Marzo 2021 (1)
- Decembro 2020 (3)
- Xullo 2020 (2)
- Marzo 2020 (4)
- Febreiro 2020 (3)
- Decembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Xullo 2019 (1)
- Xuño 2019 (2)