RSS

Blogs

09 February 2010

Cena Baile Anual +  

Nesta foto vemos coma a nosa Tenente Alcalde Marta Valcárcel únese a nosa festa

¡HOLA!  SOMOS  TEMPO GAÑADO. Y QUEREMOS INVITAR  A  TODAS NUESTRAS SOCIAS A QUE PARTICIPEN EN LA CENA BAILE ANUAL  QUE  SE CELEBRA EL PRÓXIMO  DIA  27 DE MARZO EN EL RESTAURANTE PONTEAREAS. EL PRECIO PARA LAS SOCIAS ES DE 12euros, PARA LAS NO SOCIAS 24euros.

RESERVAS AL TELEFONO 678.920.510.

HABRÁ  SORPRESAS...........Y MUCHA  DIVERSION........Ji...Ji.....Ji.........

08 February 2010

Historia da Asociación de Mulleres Rurais "LEDICIA" de Navia de Suarna +  

Nesta foto, algunhas das mulleres da Asociación, nunha reunión.

 

HISTORIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “LEDICIA” DE NAVIA DE SUARNA.
Hola compañeiras, esta entidade foi fundada hai catro anos por un grupo de mulleres cargadas de ilusión e de ganas por mellorar a calidade de vida, a través de actividades lúdicas e formativas, nun medio non moi propicio para elo, debido ó gran illamento das nosas aldeas e o enorme despoboamento que estamos a sufrir. Somos 40 socias. Poden parecervos moi poucas, pero dado que somos 6,6 hab./km2, non somos tan poucas. A maior parte dedicámonos á gandería. Un dos obxectivos principais desta entidade é manternos unidas e loitar polo que creemos, que non é máis que o noso rural. Do mesmo xeito, queremos avanzar, e isto conseguímolo a través das actividades que realizamos na asociación.
O primeiro que necesitabamos era un local noso, pois para aquel entón non tiñamos o apoio do Concello e sempre que nos xuntabamos era no local da oficina Agraria Comarcal, ¡¡¡Sempre lles estaremos agradecidas!!!  Puxémonos mans a obra e solicitamos á Consellería de Medio Rural o acondicionamento dunha antiga escola rural como local social e… ¡¡¡Desexo cumprido!!! Logo equipámola con todo o que nos facía falta. Despois xa todo foi facer cousas e con algunha delas eu síntome moi satisfeita, como un grupo de mulleres que organizamos para que sacaran o carné de conducir, que xa eran maiores e conseguírono todas. Un curso de pintura con diferentes técnicas no que había grandes talentos escondidos.
Logo fixemos cursos de cestería fina, manualidades téxtiles, técnicas de cociña, elaboración de conservas, informática, asistencia a domicilio, elaboración de cosméticos naturais, charlas sobre a saúde da muller, bailes de salón, micoloxía, e seguro que me esquezo de algún. Tamén fixemos algunha viaxe.
Agora mesmo temos previsto un de primeiros auxilios e un de manualidades téxtiles, que en parte xunto co de pintura son subvencionados polo Concello.

01 February 2010

CURSOS DAS ASOCIACIONS DE FEMURO NA COMARCA DO CARBALLIÑO 1  

 

As asociación da Comarca do Carballiño pertecentes a FEMURO, deron comezo as actividades do 2010, con axuda e acompañamento da nosa entidade.
No caso da Asociación “A Revolta” de Mesego realiza ximnasia de mantemento, para activación muscular; todos os luns de 18:00 a 19.00 horas.
 
A  Asociación “Pena da Sela” do Irixo, comezou a realización dun curso de Cociña Vexetariana, que ten lugar os xoves de 18:30 a 20:00 horas. Nel as compañeiras van a participar de forma práctica nun taller adicado a cociña que pon en valor o elementos das nosas hortas, o mesmo tempo que un modo distinto de entender a alimentación.
 
A Asociación “Sta. Agueda” de Maside, está a levar a cabo un taller de Habilidades sociais e Risoterapia, todos os mércores de 18:00 a 19:00 horas. Neste taller buscase a mellora da autoestima persoal, o recoñecemento do propio valor, a búsqueda do benestar a través da Risa.
O mesmo tempo compañeiras da Asociación “Novas Vivenzas” de Mudelos, estan a realizar o curso de actividades creativas en fieltro e abalorios, curso impartido no punto de encontro en Carballiño, e o que se desprazan todos os venres.
En vindeiras datas será a asociación “A Madanela” de Sta. Uxía de Lobas a que dará comezo un novo curso de Ximnasia, mentres continua a desenvolver o curso de música no rural de (pandeireta e gaita).
 No correr do ano,  as asociacions da Comarca van a desenvolver as actividades programadas por cada unha delas.
Todas as asociacións neste mes  de febreiro se atopan inmersa na preparación do Entroido, no cal algunhas das amigas participan nas charangas e ademais de levar a cabo os traxes das comparsas, tamén organizan  as xuntanzas de convivencia con ceas e bailes, na que os disfraces son o principal motivo de diversión.
 

01 February 2010

"Elas sempre están" 2  

"Elas sempre están" é unha exposición organizada pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia que foi inagurada o 15 de Outubro do pasado ano en Lalín, con motivo do Día Internacional da Muller Rural, e que percorrerá 23 concellos galegos o longo do 2010.

 

Por falta de datas algúns concellos pediron que se amplie a 2011.

 

 A exposición poderá visitarse, segundo o calendario previsto, nos seguintes concellos:

 

 

  • A Pobra do Caramiñal (15-20 xaneiro)
  • Caldas de Reis (1-14 febreiro)
  • Taboada (16-28 febreiro)
  • Baiona (1-15 marzo)
  • Cangas (17-30 marzo)
  • Dodro (1-15 abril)
  • A Bola (17-30 abril)
  • Burela (2-15 maio)
  • Ames (17-30 maio)
  • A Baña (1-15 xuño)
  • Carnota (17-30 xuño)
  • Becerreá ( 2-15 xullo)
  • Alfoz (17-30 xullo)
  • Cortegada ( 1-15 agosto)
  • Agolada (17-30 agosto)
  • Ortigueira (1-15 setembro)
  • Narón (17-30 setembro)
  • Ponteceso (1-13 outubro)
  • Santiago de Compostela (15-30 outubro)
  • Campo Lameiro (1-15 novembro)
  • Outes (17-30 novembro)
  • Muxía (2-15 decembro)
  • Vilar de Barrio (17-30 decembro)

A exposición, comisariada por María Serantes, é unha homenaxe a muller rural. Conta con quince fotografías, da artista italiana Elisa Gianni, que reside en Galicia fai cinco anos, e unha poesía, da galega Lucía Aldao, que pretenden plasmar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI.
Nas imaxes xorden quince retratos, mulleres en diversas paisaxes e situacións da vida cotiá, naturais, sen artificios; e unhas mans, que evocan as mans do pasado e do presente, que traballaron arreo e que contribuíron e contribúen ao sustento de Galicia.

 

01 February 2010

Femuro con Haití 1  

Femuro, dentro da área da solidaridade, decide poñer en marcha a campaña "Femuro con Haití" para recadar fondos destinados a axudar ás víctimas do terremoto. Para o que convida  a todas as asociacións federadas que leven a cabo esta campaña nas localidades onde teñen ámbito de actuación. As cantidades recadadas ingresaránse nas contas das seguintes ONG´s:

 

Na comarca do Carballiño, en fechas próximas, organizarase un rastrillo solidario, no que as mulleres porán en venta artesanía feita por elas mismas en favor da campaña. 

 

31 January 2010

Val da Louriña prepara outra obra de teatro 2  

O grupo de teatro da asociación Val da Louriña, "Mistura", naceu nun curso de teatro subvencionado polo concello no ano 2006. Monse, a monitora, conseguíu que daquel curso saíra primeira representación, unha adaptación da obra "Os cravos de prata", que foi estreada no local do Chan do Bosque a comezos do ano 2007. Aínda que parte das súas compoñentes se foron do grupo, ao mesmo tempo, outras se foron incorporando.

O ano 2009 foi o máis produtivo para o grupo: Fixeron unha adaptación de "O enfermo imaxinario" que foi representada no Pazo de Mos; posteriormente levaron a obra por varios locais sociais do concello (Louredo, Cela, Herville, Peinador, Amieirolongo).

Monse, a monitora, fai o reparto de papeis

Agora xa están centrados no estudo dunha nova obra que nos ofrecerán ao longo deste 2010.

As compoñentes ollean o texto da nova obra

 

29 January 2010

CREATIVIDADE INFANTIL 2  

Aula de creatividade e mellora da psicomotricidade, xogos en igualdade, socialización, empatia......

29 January 2010

Actividade creativa para rapaces 2  

As/os nosas/os usuarios/as mais noviños, realizan tarefas creativas, o mesmo tempo que fomentan os xogos grupais en igualdade. Teñen horario de tarde, todos os venres.

28 January 2010

2010 MOTIVOS POLOS QUE SEGUIR TRABALLANDO A PROL DA IGUALDADE 1  

Artigo publicado en "La Región" (15.01.2010)

As mulleres ourensás cobran unha media de 3.600 euros anuales menos que os homes.

Os varóns ourensanos gañaron en 2008 un soldo medio de 18.125 euros, frente aos 14.490 que percibiron as traballadoras da provincia. Esta situación provoca que as prestaciónes por paro e as pensións das féminas sexan tamén menores ás dos homes, según os datos que ofrece un informe de técnicos de Facenda. A causa desta brecha salarial radica na maior presencia das mulleres en postos de menor remuneración, así como en traballos a tiempo parcial.

 

 

27 January 2010

Representación das compoñentes de Chorima 1  

Como veredes hoxe por primeira vez vamos a colgar unhas fotos con algunhas compañeiras da asociación, a verdade e que so saimos un par delas porque o resto non puido vir, pero cando as pillemos xa lle quitaremos algunha e logo as colgaremos para polo menos poder coñecernos polas fotos entre as asociacións.

 

 

 

27 January 2010

Galicia e o ano Xacobeo en Fitur en Madrid (Feira Internacional do Turismo) 6  

Do 20 ao 24 de Xaneiro desenvolveuse en Madrid a feira internacional de turismo FITUR na que o pavillón de Galicia está centrado este 2010 na promoción do ano santo e o camiño de Santiago.  Esperemos que realmente o Xacobeo 2010 sirva para revitalizar a economía galega e o turismo. Temos que saber aproveitalo...

 

26 January 2010

Solidariedade con Haití 6  

Desgraciadamente hai cousas que non podemos evitar. O drama que se está a vivir en Haití é unha delas e sacude as nosas conciencias; pero ¿podemos facer algo para axudar?. Tras un desastre natural, como o ocasionado polo terremoto que acaba de asolar Haití, a axuda internacional é clave durante os primeiros días. Pero a situación en Haití xa era preocupante con anterioridade, varias ONG´s traballan desde hai anos en pro de superar a terrible situación de pobreza, violencia e inxustiza social, por iso a continuidade coas axudas é moi importante neste caso.

É doado nestes casos caer na demagoxia barata. Os paises ricos acaban de reunirse e nin sequera se puxeron de acordo para condoar a débeda a Haití. Nós vemos tódolos días de forma secuencial inxusticias dramáticas na televisión e chega un momento que nos acostumamos.

¿Cal é a causa verdadeira desta traxedia? Realmente a causa é a pobreza extrema e as inxusticias sociais que fan que determinadas rexions e cidadáns sexan máis vulnerables ás catástrofes naturais, ás crises económicas, etc. O mesmo desastre natural acontecido nun pais rico non tería esas consecuencias. Vivimos nun mundo no que todo vai tan rápido que case nin temos tempo para pensar nelo.

Desde RuraisLab poderiamos aportar o noso grao de area, publicando toda a información da que dispoñemos sobre as iniciativas que se están levando a cabo, sobre todo desde Galicia, para difundir as accións coas que neste caso os haitianos poidan volver de certa forma á “normalidade” (din que tardarán entre 5 e 10 anos). As axudas neste momento son básicas para o principio da súa recuperación, pero é iso, só o principio.
 
Deberiamos ir máis lonxe e intentar impulsar no noso contorno a concienciación das iniciativas solidarias en xeral e intentar fomentar a participación cidadana nelas así como o compromiso da nosa sociedade. Moitas veces as inxusticias sociais están moito máis preto de nós do que pensamos...
 
Que coñezamos, estas son as iniciativas que se están a realizar desde Galicia neste caso de Haití:

     

Se sabedes de máis iniciativas, penso que é un bo momento para comparti-las e pensar qué cousas podemos facer entre todos para axudar a mellorar a nosa sociedade...

 

Internet  e o uso da rede2.0 tamén permite acceder á información das accións realizadas en Haití polas principais ONG´s a nivel español:

     

 

 

25 January 2010

ALFABETIZACION DIXITAL DE ADULTOS/AS 1  

 A pasada semana deu comezo un novo curso de Alfabetización dixital, no que un grupo de usuarias/os van a recibir formación para o emprego das farramentas de comunicación actuais. Dende FEMURO, animamos a toda a poboacion a iniciarse no manexo das novas tecnoloxias, cunha metodoloxia facil e adaptada.

21 January 2010

Susana y Carmen hablan de Portas Abertas +  

 

21 January 2010

Curso de Formación Ocupacional: Monitor/a Sociocultural. 2  

A Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense, levou a cabo dende o 6 de Outubro ata o 14 de Decembro un curso de "Monitor/a sociocultural", subvencionado pola Consellería de Traballo a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación e polo Fondo Social Europeo.

A acción formativa forma parte dos antigos cursos do plan FIP, os cales agora pasan a denominarse: "accións formativas dirixidas prioritariamente aos traballadores e traballadoras desempregadas/os" (AFD). O obxectivo fundamental é mellorar a cualificación e a inserción laboral daquelas persoas que se atopen en situación de desemprego.

O curso de monitor foi impartido polas mañás no local onde se ubica a sede de Femuro en Verín. A duración do curso foi de 330 horas teórico-prácticas, onde se traballaron contidos relativos ás diferentes fases da intervención sociocumunitaria.

Ademáis impartíronse os módulos de Creación de empresas e formación en igualdade, de carácter transversal. Remataron con éxito a formación 13 alumnos/as que recibiron un diploma oficial homologado.

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda