Historia da Asociación de Mulleres Rurais "LEDICIA" de Navia de Suarna
by ledicia on Mon, 08/02/2010 - 12:21
Nesta foto, algunhas das mulleres da Asociación, nunha reunión.
HISTORIA DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “LEDICIA” DE NAVIA DE SUARNA.
Hola compañeiras, esta entidade foi fundada hai catro anos por un grupo de mulleres cargadas de ilusión e de ganas por mellorar a calidade de vida, a través de actividades lúdicas e formativas, nun medio non moi propicio para elo, debido ó gran illamento das nosas aldeas e o enorme despoboamento que estamos a sufrir. Somos 40 socias. Poden parecervos moi poucas, pero dado que somos 6,6 hab./km2, non somos tan poucas. A maior parte dedicámonos á gandería. Un dos obxectivos principais desta entidade é manternos unidas e loitar polo que creemos, que non é máis que o noso rural. Do mesmo xeito, queremos avanzar, e isto conseguímolo a través das actividades que realizamos na asociación.
O primeiro que necesitabamos era un local noso, pois para aquel entón non tiñamos o apoio do Concello e sempre que nos xuntabamos era no local da oficina Agraria Comarcal, ¡¡¡Sempre lles estaremos agradecidas!!! Puxémonos mans a obra e solicitamos á Consellería de Medio Rural o acondicionamento dunha antiga escola rural como local social e… ¡¡¡Desexo cumprido!!! Logo equipámola con todo o que nos facía falta. Despois xa todo foi facer cousas e con algunha delas eu síntome moi satisfeita, como un grupo de mulleres que organizamos para que sacaran o carné de conducir, que xa eran maiores e conseguírono todas. Un curso de pintura con diferentes técnicas no que había grandes talentos escondidos.
Logo fixemos cursos de cestería fina, manualidades téxtiles, técnicas de cociña, elaboración de conservas, informática, asistencia a domicilio, elaboración de cosméticos naturais, charlas sobre a saúde da muller, bailes de salón, micoloxía, e seguro que me esquezo de algún. Tamén fixemos algunha viaxe.
Agora mesmo temos previsto un de primeiros auxilios e un de manualidades téxtiles, que en parte xunto co de pintura son subvencionados polo Concello.
»
- ledicia's blog
- Add new comment
- 14379 reads
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- March 2021 (1)
- December 2020 (3)
- July 2020 (2)
- March 2020 (4)
- February 2020 (3)
- December 2019 (1)
- October 2019 (2)
- August 2019 (2)
- July 2019 (1)
- June 2019 (2)