Responder ao comentário
Celebración do Día da Muller Rural 3
Día da Muller Rural en Allariz |
Celebrouse en Allariz o Día da Muller Rural A Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira” organizou este ano, xunto co Concello de Allariz, o acto de celebración do “Día Muller Rural”. Nesta ocasión, máis de 400 mulleres de todas as comarcas da provincia de Ourense, pertencentes a distintas Asociacións de Mulleres Rurais e integradas na Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO), visitaron a localidade de Allariz o sábado 8 de outubro, con motivo da conmemoración desta data. As actividades comezaron ás 11:00 h. coa chegada das Asociacións ao Campo da Barreira, tras a recepción visitarán o pobo de Allariz guiadas polas socias da “Silvardeira” e acudiron ao Festival Internacional de Xardins 2011. A continuación tivo lugar unha comida de confraternidade no restaurante do Fogar do Maior, comida que estivo amenizada polas actuacións do Coro de Mulleres de Allariz e un grupo de gaiteiros. No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Allariz, a presidenta de Femuro e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais “Silvardeira”. O “Día da Muller Rural” conmemora a loita da muller pola súa participación na sociedade en todos os ámbitos, pretende facer visible o papel das mulleres rurais no desenvolvemento económico e social do medio rural así como na promoción da igualdade de oportunidades. A escasa valorización da súa contribución o desenvolvemento dos nosos pobos é a principal fonte de discriminación que sufren as mulleres que pertencen o medio rural, por iso trátase tamén de recordarlle os gobernos que a necesidade de políticas públicas encamiñadas a potenciar e visibilizar as súas capacidades, e hoxe unha obriga mundialmente recoñecida. Tamén un dos obxectivo é visivilizar o medio rural a través da visita de todas as participantes o pobo de Allariz, coñecendo de primeira mao, das mulleres que alí viven, a beleza que ten o rural e as inciativas que levan a cabo |
»
- do blogue de conectadasomundo
- Adicionar novo comentário
- 11288 leituras
Responder
Iniciar sessão
RuraisLAB Português
RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.
Archivo
- Agosto 2010 (8)
- Julho 2010 (16)
- Junho 2010 (24)
- Maio 2010 (27)
- Abril 2010 (31)
- Março 2010 (25)
- Fevereiro 2010 (24)
- Janeiro 2010 (28)
- Dezembro 2009 (35)
- Novembro 2009 (57)