Responder ó comentario
FESTA DA LINGUA GALEGA. EDICIÓN 2014
MEDIO CENTO DE SOCIAS E VECIÑOS CELEBRARON A FESTA DAS LETRAS GALEGAS, CO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS, GOZANDO DO TEATRO DE “ÁRDORA” E O FOTOCOL DE “GÚSTAME O GALEGO”
O colectivo Fraga das Saímas ven de celebrar, no Centro Socio-Cultural de Sto. André de Boimente, a súa Festa das Letras Galegas 2014 a pasada tarde-noite do sábado, 10 de maio, e cuxo Día das Letras se lle adica este ano ao poeta dos Vilares de Parga, X. M. Díaz Castro.
Os actos de homenaxe ás Letras Galegas e á nosa lingua deron comezo ás 18.00 horas coa benvida da presidenta, Flor Chao, previo reparto entre os asistentes dun folleto sobre a obra e vida de Díaz Castro e de escoitar a grabación musicada e cantada por Quenlla de Penélope, o poema máis famoso e dos máis traducidos do poeta lugués.
![]() |
Fotocol do Grupo de teatro ÁRDORA |
Logo do discurso de benvida da presidenta, onde resaltou o importante papel das veciñas e veciños como motores dinamizadores e orgullosos defensores da súa lingua no día e día das súas vidas, o público asistente tivo a oportunidade de disfrutar coa nova peza teatral do profesor Francisco Piñeiro, “Xustiza de Lei”, interpretada polo grupo de teatro Árdora, e cuxa actuación foi recibida con grande entusiasmou polo público asistente.
Rematado o teatro, o medio cento de convidados sumáronse ao Fotocol da campaña de fomento da lingua “Gustame o Galego” (desenvolta pola CTNL e gañadora do premio Xoán Manuel Pintos-2013) para axudar a transmitir unha mensaxe positiva a prol do galego facendo visible o seu apoio individual e colectivo ao uso da lingua galega fotografándose con frases como “Gústame o galego ata no carné de identidade”, “Gústame que se faga xustiza co galego”, “que me digan qrt” m8 ;-), “ que me entren en galego ;-)”, “xogar en galego, etc. e que forman parte dos 30 lemas incluídos nesta campaña.
![]() |
Fotocol dun grupo de asistentes á Festa das Letras2014 |
»
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 10107 lecturas
Responder
Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Marzo 2021 (1)
- Decembro 2020 (3)
- Xullo 2020 (2)
- Marzo 2020 (4)
- Febreiro 2020 (3)
- Decembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Xullo 2019 (1)
- Xuño 2019 (2)
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »