Valdalouriña celebra o DÃa Internacional da Muller
A asociación MMRR Val da Louriña de Mos vén celebrando cada ano o DÃa Internacional da Muller. Desde a súa constitución alá polo ano 1996, a asociación fai un acto de recoñecemento a dúas mulleres traballadoras do noso concello, cada ano nunha parroquia: mulleres maiores cunha vida difÃcil, compaxinando o coidado da familia coas máis variadas profesións ( leiteiras, peixeiras, costureiras, mulleres que lavaban roupa para a xente rica dalquén momento, etc.). O acto consiste en facer unha lembranza da súa vida, destacando tanto aqueles momentos duros como aquelas historias que lles sucederon e foron motivo de ledicia e risa; intentamos que sintan que ese é o seu dÃa; entregámoslle uns ramos de flores e outros agasallos, presenciamos a actuación de grupos de baile, de cantareiras, ou de música sen máis; e rematamos compartindo unha merenda todas as persoas presentes no acto. Este ano celebraremos este acto o domingo 14 de marzo, na parroquia de Sanguiñeda, e xa vos daremos boa conta del neste espazo que compartimos. De momento achegámovos dúas imaxes do acto do pasado ano.
- valdalourinha's blog
- Add new comment
- 11952 reads
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- March 2021 (1)
- December 2020 (3)
- July 2020 (2)
- March 2020 (4)
- February 2020 (3)
- December 2019 (1)
- October 2019 (2)
- August 2019 (2)
- July 2019 (1)
- June 2019 (2)