RSS

Salud

13 Enero 2012

Rebrote del virus del sarampión +  

El sarampión rebrota con fuerza, cuando la Organización Mundial de la Salud (OMS) databa su práctica erradicación para 2015. Los datos del Centro Europeo para el Control de Enfermedades Infecciosas alertan de un claro repunte en España, así como en el resto del continente. Cerca de 3.000 españoles padecieron el virus en el pasado año, frente a los escasos 173 de 2010.

Los pediatras apuntan como origen del repunte al descenso de cobertura de vacunación, que se sitúa en el 85%, cuando el bloqueo de una enfermedad se produce en el 95%. Una disminución provocada por la relajación natural de los padres, la reducción del número de visitas de los niños al médico y el alza de la tendencia hacia una forma de vida naturista; «pasar la enfermedad y no vacunarse», explica Javier Arístegui, miembro del Comité Asesor de Vacunas de la Asociación Española de Pediatría (AEP).

19 Noviembre 2011

Charla Primeiros auxilios e soporte vital básico +  

2753
Compresións torácicas treas unha parada cardiorespiratoria
A asociación Val da Louriña celebrou no seu local de Sanguiñeda unha charla sobre Primeiros auxilios e Soporte Vital Básico. Estivo impartida por Begoña Porrit, médico do Centro de Saúde de Mos, e resultou ser un éxito, tanto pola participación de socias como de público en xeral.

A doutura Porrit explicou os catro pasos que hai que dar ante unha situación de :

  • Previr: tabaco, alcol, colesterol e outros factores provocan situacións de risco.
  • Protexer: Antes de axudar a alguén hai que poñerse a salvo de máis riscos, tanto para o ferido como para a persoa que auxilia
  • Avisar: ao Servizo de emerxencias
  • Socorrer: á persoa que está en perigo mentres agardamos polos servizos sanitarios.

Fixo un breve repaso polas actuacións a realizar no caso de feridas, hemorraxias, picaduras, fracturas, queimaduras, asfixia, etc.

Donde máis tempo empregou foi en explicar, e mesmo practicar, a reanimación cardiopulmonar (RCP). O protocolo actual indica ciclos de 30 compresións torácicas e 2 respiracións ata que cheguen os Servizos de emerxencias.

2751
Comprobando se respira

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

21 Mayo 2011

Apuntamentos e imaxes da Charla sobre prevención do cancro +  

Este xoves día 19 tivo lugar a charla sobre prevención do cancro que organizamos en colaboración coa Xunta local de Mos da Asociación contra o cancro. María de los Ángeles Pereira Roibal,  médica especialista da asociación, foi a encargada de expór polo miúdo tanto as causas como o que hai que ter en conta para previr o cancro.

O cancro é unha enfermidade caracterizada por unha división e un crecemento incontrolado das células, as cales teñen a capacidade de invadir o órgano donde nacen e logo moverse polo sangue a outro órgano e medrar alí.

1896
1898
1900

 

 

 

 

 

 

As causas da aparición do cancro son: a) Axentes externos nun 75% (tabaco; alcol; exposición excesiva ao sol e a produtos químicos,...); b) Mutacións xenéticas nun 20%; c)Predisposición xenética nun 5%.

1906
O Codigo Europeo contra o cancro establece as seguintes precaucións: Non fumar; evitar a obesidade; realizar actividade física diaria; consumir máis froita, verdura, hortalizas e menos grasas animais; evitar a exposición excesiva ao sol e a sustancias que poidan producir cancro; someterse a probas de detección; participar nos programas de vacinación.

 

08 Mayo 2011

Charla: "O cancro, a súa prevención e os coidados paliativos" 1  

1756
A Asociación MMRR Val da Louriña organiza, en colaboración coa Xunta local de Mos, da Asociación contra o cancro, unha charla sobre o cancro, a súa prevención e os coidados paliativos.

A charla terá lugar o xoves día 19 de maio, a partir das 19.30h, no Local social de O Piñeiro. Contaremos coa presenza de Mª de los Ángeles Pereira Roibal, médica especialista da asociación. Convén ter sempre presente que o cancro é unha enfermidade común, polo que temos que estar informadas.

08 Noviembre 2010

Pilates na asociación Val da Louriña 1  

A asociación Val da Louriña de Mos, dentro das súas actividades, dedica un espazo á saúde en forma de exercicio: un curso de Pilates

490

A este curso asisten 15 persoas, dous días á semana; é un curso de 20 horas  subvencionado polo concello.

 

Nas imaxes ofrecémovos distintos exercicios levados a cabo na última clase de Pilates.

 

492

 

 

494

22 Octubre 2010

Apuntamentos da charla sobre a fibromialxia +  

Este xoves día 21 de outubro, tivo lugar unha interesante charla sobre a fibromialxia, organizada pola asociación de MMRR Val da Louriña de Mos, coa colaboración da Asociación Galega de fibromialxia e o Centro de Saúde de Mos. O numeroso público que asistíu dá idea da cantidade de doentes que a padecen.

398

Á dereita aparecen, de esquerda a dereita, a Presidenta da Asociación (Mariví Ben Ledo), a Presidenta de Agafi (Dolores Bermúdez) e o Xerente do Centro de Saúde de Mos (Justo G. Ballesta).

O primeiro en intervir foi o doctor Ballesta, que deu uns apuntamentos sobre esta enfermidade caracterizada por un cansazo crónico, un sono leve, dor persistente, rixidez de músculos e tendóns, dor de cabeza ou problemas de memoria. Afecta máis a mulleres en idade reprodutiva, e a causa exacta é descoñecida. Todo apunta a que se trata dun proceso multifactorial.

 Pola súa banda, a Presidenta de Agafi suliñou a dificultade de chegar a un diagnóstico, antes do cal o doente está condeado a unha procesión de especialista en especialista; este proceso chega a durar varios anos. Aconsella non abusar dos medicamentos, usalos sólo cando se producen brotes. En canto a posibles factores que suavicen os síntomas, citou o exercicio físico moderado, alimentación sá e adecuada , controlar o peso, a balnoterapia.

En canto ás funcións que realiza esta asociación, ademais de charlas: Dispoñen dun médico e un psicólogo; loitan polo recoñecemento desta enfermidade; esixen máis investigación sobre esta doenza. En canto ao recoñecemento desta enfermidade, xa conseguiron que, a instancias do BNG, se levase esta proposta ao Parlamento galego, donde foi aprobada por unanimidade. Agora agardan que no Parlamento español corra a mesma sorte.

22 Octubre 2010

CLASES DE AEROBIC +  

Comezamos as clases de aerobic.

A partir do día 2 de novembro comezaremos coas clases de aerobic,para pornos en forma antes

 das navidades. Tamén vamos a  ter tres horarios,  para asi  poder facilitarlle a todos os socios a

 opción de asistir, e tamén os grupos van a ser como máximo 18 persoas.

Os horarios serán de : 19:00 a 20:00 h, de 20:00 a 21:00 h e de 21:00 a 22:00 h.

As clases van a darse na Casa de Cultura da Cañiza.

Como vedes vamos a pornos todos en forma para poder comer o turrónnnnnn.

Mais adiante xa colgaremos algunha foto dos grupos.

31 Agosto 2010

Pilates en fotos 5  

Lo prometido es deuda... Aquí van algunas de las fotos del curso de pilates: Las clases comienzan el día 9 jueves de 21:30 a 22:30 horas plazas limitadas telefono 678-920-510

11 Abril 2010

Curso de dieta sá e equilibrada para a familia 1  

Curso moi interesante impartido por unha nutricionista; este tipo de cursos sempre ten moi boa acollida na nosa asociación.

Na imaxe inferior a monitora vai analizando a composición dos produtos que aparecen enriba da mesa.

Este curso é subvencionado en parte polo concello.

09 Marzo 2010

FALAR E ESCOITAR +  


13 Enero 2010

COIDANDO DA NOSA SAUDE +  

Na Asociación Portas Abertas damos comezo o novo ano co propósito de coidarnos mais, polo que para mentalizarnos, imos realizar unhas xornadas dentro do Programa Tempo de Mulleres que cada ano nos ofrece o Servizo Galego de Igualdade para o Home e a Muller.

Titúlanse "POTENCIANDO O NOSO CORPO", e vanse levar a cabo os días 20 e 22 de xaneiro de 16.00 a 1800h, no Centro Cultural e Social do Picouto en Ramirás.

Espero que asistan moitas persoas porque prometen estar interesantes, e ademáis quere dicir que empezamos o ano con enerxías renovadas.

Por suposto, invitamos a todas aquelas que esteades interesadas. Así tamén nos podedes coñecer.

Tamén vos comento, que onte comezamos de novo a actividade de "Ximnasia para a Saúde". As asistentes estan encantadas e notan moita melloría tanto a nivel físico como mental.

Animádevos todas a practicar algúnha actividade física que é boísima!!

 

09 Diciembre 2009

O Campanario hace Yoga 1  

 

 

Esta foto es de una de nuestras clases de Yoga, la monitora es Rosa, la presidenta actual de la asociación.

06 Noviembre 2009

Unha actividade para estar en forma... ximnasia! +  

 

E tamén nos poñemos en forma! É unha das actividades que se repite outro ano: a ximnasia! Iso é porqué gústanos estar ben por dentro e por fóra, e a saúde é importante. Sen contar o agradable e divertido que é!

 

15 Octubre 2009

Ya comenzamos las clases de gimnasia!!! 1  

La semana pasada retomamos las clases de gimnasia de mantenimiento. Después del verano hay que volver a ponerse en forma!!

Las que todavía no os hayais anotado...No lo dudeis más!!!

Somos 18 mujeres de todas las edades, hacemos ejercicios con pesas, abdominales...

Es divertido, pasamos un buen rato y además es saludable ¿Qué más se puede pedir?

 

01 Febrero 2009

Charla sobre a Saude da Muller +  

O pasado mes de Outubro asistimos a unha charla sobre a Saúde da Muller.

Aprendimos moito, os controis anuais que debemos facer, como autoexplorarnos... Foi moi productiva, a verdade. Despois aproveitamos para ir a comer todas xuntas e disfrutar dun tempo para nos.

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea