Curso en Mos para o cuidado de persoas dependentes.
Dende o pasado 19 de Agosto no CDL de Mos, impartese un curso de atención a persoas dependentes. Forma parte da labor de impulso á búsqueda e creación de emprego e formación cualificada para a poboación de Mos. Este curso está subvencionado polo "Servizo Galego de Igualdade" e o Fondo Social Europeo. Está formado por 15 mulleres residentes en Mos que teñen un obxectivo común: queren desenvolver a sua labor profesional no campo das persoas dependentes. Teñen unha duración total de 200 horas, das cales un 35% vanse a desenvolver en centros residenciais e centros de dÃa onde as alumnas poderán por en práctica os coñecementos adquiridos. A atención á dependencia das persoas maiores estase configurando como unha das necesidades sociais emerxentes máis caracterÃstica. A combinación de factores demográficos e sociais está producindo un notable aumento do número de dependentes. Evidencia que coincide ademáis con outras realidades como son o envellecemento da población, o cambio no modelo de familia e a incorporación da muller ó mercado laboral.
- do blogue de valdalourinha
- Adicionar novo comentário
- 20844 leituras
Iniciar sessão
RuraisLAB Português
RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.
Archivo
- Março 2021 (1)
- Dezembro 2020 (3)
- Julho 2020 (2)
- Março 2020 (4)
- Fevereiro 2020 (3)
- Dezembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Julho 2019 (1)
- Junho 2019 (2)