Responder ao comentário

01 Abril 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DA MULLER +  

CINEMA E MARATÓN DE XOGOS DE MESA NO CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
O Centro Sociocultural de Santo André de Boimente acolleu a tarde do sábado 8 de marzo os actos organizados polo colectivo de Mulleres Fraga das Saímas con motivo da celebración  Día Internacional da Muller traballadora.
 
A programación dos actos conmemorativos do Día da Muller deu comezo ás 17.00 horas no Centro Sociocultural, que xestiona desde os últimos anos a asociación Fraga das Saímas, coa benvida da presidenta a unha trintena de persoas que aproveitaron a tarde do sábado para  participar nas actividades organizadas por este colectivo feminino.
 
Logo de catro horas de intensa actividade, onde participaron máis dunha vintena de xogadores integrados en dez equipos na Maratón de Tute e Brisca   e onde os asistentes tamén puideron ver proxectada a película de Ken Loach Pan y Rosas, a Directiva de Fraga das Saímas ofreceulles a todos os asistentes unha merenda-cea que se prolongou ata pasadas as 22.00 horas.
 
O equipo que se alzou coa vitoria da Iª Maratón de xogos de mesa, na modalidade de Brisca, foi o formado por Dolores Ramudo, Nieves Martínez e Adelina Lorenzo, ás que a a Presidenta da Fraga das Saímas entregou un diploma a cada membro do equipo e un premio en metálico de 60 €. Na modalidade de tute o equipo gañador desta maratón que estaba formado por Silvia Casabella e Soledad Blanco  fíxoselles entre dun premio en metálico de 40 € e un diploma de recoñecemento para cada unha delas. O subcampionato de tute, cun premio de 20€, foi para a parella formada por Camilo e Salvador e tamén o colectivo Fraga das Saímas  reservou un premio de consolación de 20 € para as gañadoras da liguilla montada cos equipos caídos na 1ª volta da Maratón de Tute, se ben o equipo gañador desta liguilla formado por María Chaves e Xulia renunciou ao seu premio en favor da asociación organizadora. Xesto este de colaboración coa entidade feminina que foi agradecido pola Directiva do colectivo.

 

Responder

Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Siga-nos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Iniciar sessão

RuraisLAB Português

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB é um laboratório virtual centrado nas pessoas para a inovação social no médio rural, baseado nas necessidades e visão da mulher.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europeia 20202

Agenda Digital Europeia