DIA DA MULLER
by mulleresnogueira on Lun, 08/03/2010 - 11:28
1.Día da muller traballadora. ¿Creedes que segue a facer falta a celebración deste día?
A MULLER TRABALLADORA DEBERIA RECOÑECERSE TODOS OS DIAS, PERO ESTÁ BEN QUE SE SIGA LOITANDO E QUE SE FAGAN INICIATIVAS PARA LOGRALO POLO MENOS UNHA VEZ NO ANO.
2.As super-mulleres: son amas de casa, mamás, traballan tamén fóra da casa, levan a economía familiar…e todo elas soas.
¿É esa a realidade da muller actual?
É A REALIDADE DE MOITAS MULLERES NA ACTUALIDADE.
3.¿E ese o modelo a alcanzar?
AS MULLERES SOMOS MOI ESIXENTES CON NÓS MESMAS E QUEREMOS QUE TODO FUNCIONE BEN, DE AHÍ QUE MOITAS DE NOS PRETENDAMOS CONSEGUIR ALCANZAR ESTE MODELO.
4.¿Debería existir tamén a figura do super-home e que todas esas tarefas estivesen repartidas o 50%?
POR SUPOSTO QUE SÍ!!!! ESE DEBERÍA SER O MODELO A ALCANZAR POR TOD@S PARA QUE TODO FUNCIONASE MELLOR!!!
5.Igualdade nos postos de traballo…
¿Existe realmente?
CADA VEZ HAI MAIS IGUALDADE ANTE O TRABALLO, INDA QUE QUEDA MOITO POR FACER.
6.¿Seguen a existir traballos de homes?
CADA VEZ SON MENOS, PERO HAINOS. AFORTUNADAMENTE HAI MOITAS MULLERES QUE LOGRAN DESEMPEÑAR ESTE TIPO DE TRABALLOS E CADA VEZ É MENOS EXTRAÑO QUE UNHA MULLER SEXA ALBANEL, CAMIONEIRA OU CALQUERA OUTRA COUSA QUE SE PROPOÑA.
7.¿Coñecedes algún caso onde muller e home desempeñen o mesmo posto de traballo e o salario da muller sexa menor?
AFORTUNADAMENTE NON.
8.¿Ser muller entorpece á hora de ascender?
NON COÑEZO NINGÚN CASO, INDA QUE SUPOÑO QUE O SER MULLER EN ALGUNS CASOS IMPLICA TER MÁIS RESPONSABILIDADES NA VIDA FAMILIAR E MENOS TEMPO PARA A LABORAL. SOMOS AS PROPIAS MULLERES AS QUE TEMOS QUE IMPEDIR QUE ESO PASE.
9.¿Deféndense de igual maneira os dereitos dunha muller directiva que os dunha limpiadora?
ASÍ DEBERÍA SER.
10¿Existe a igualdade efectiva das mujeres, igualdade real no desempeño dun posto de traballo? ¿A igualdade no día a día das mulleres traballadoras?
NALGUNS POSTOS SÍ, PERO INDA AQUEDA MOITO POR LOGRAR.
11.Creedes que o modelo de goberno en paridad (mesmo número de ministros homes e mulleres) ten algunha repercusión real.
NON, Á HORA DA VERDADE TODO É MARKETING.
12.O desempeño de altos cargos por mulleres ¿acrecenta as posibilidades de cambio hacia a igualdade entre os xéneros?
CREMOS QUE SÍ, ISTO FAI QUE SE VEXA QUE AS MULLERES SOMOS IGUAL DE CAPACES OU MÁIS QUE OS HOMES.
13.¿A ley de igualdade del 2007 tivo repercusión real na sociedade?
Principio de "Igualdade de trato entre mulleres e homes".ausencia de toda discriminación por razón de sexo, tanto directa como indirecta
Asegurar unha representación suficientemente significativa de ambos sexos en órganos e cargos de responsabilidade.
CALQUERA MEDIDA QUE SE TOME APORTA UN GRAN DE AREA A QUE A IGUALDADE AVANCE.
14.O papel dos avós:
¿Poderían as mulleres con fillos seguir traballando sen axuda dos avós?
SE EXISTISEN MÁIS AXUDAS PROBABLEMENTE SÍ.
15.A conciliación laboral…
¿é unha utopía?
CADA VEZ HAI MÁIS FACILIDADES PARA QUE POIDA SER UNHA REALIDADE PERO INDA É UNHA UTOPÍA PARA MOITAS DE NÓS.
16.¿facilitan as empresas a conciliación da vida laboral coa familiar?
NON TODAS. DEBERIA HABER MAIS EMPRESAS QUE O FIXESEN ADAPTANDO OS HORARIOS E DANDO MAIS FACILIDADES. ESPEREMOS QUE A COUSA AVANCE!!!
»
- blogue de mulleresnogueira
- 1823 lecturas

Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Maio 2012 (1)
- Marzo 2012 (5)
- Febreiro 2012 (16)
- Xaneiro 2012 (5)
- Decembro 2011 (10)
- Novembro 2011 (21)
- Outubro 2011 (18)
- Septembro 2011 (14)
- Agosto 2011 (5)
- Xullo 2011 (20)
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Enviar un comentario novo