Responder ó comentario
Actividades
Como chegou o outono, a colleita está feita, os días son mais pequenos e as noites mais longas, é o tempo de empezar as nosas actividades como tódolos anos. Este ano, nun principio témola axenda bastante saturada, pois mirade: de 20,00horas a 22,00, luns e xoves temos informática, martes encaixe de bolillos, mércores canastilla; a partires das 22,00 horas, sábados baile de salón e por si nos fora pouco, a maior parte das activistas destes cursos forman parte dun coro "Asoc. cult. Coro Parroquial San Juan de Meaño"que como xa vos daredes conta ensaia os venres, aproveito a ocasión para decirvos que cantan como os anxos; para que vexades que, as mulleres de Meaño non teñen tempo para ir a psicólogo porque a verdade e que non lles fai falta, non collen depresión pois sóbralles presión. Con toda esta parrafada quero decirvos, que vos animedes en participar nas actividades ou cursos, hai que votarlle imaxinación,( porque sabedes que axudas institucionales, cada vez menos, facemos pouco ruido e téñenos olvidadas) pois a relación, participación, intercambio e o apredizaxe enriquece a nosa autoestima e fainos sentirnos ben. Ánimo compañeiras do rural.
»
- blogue de ocorazondosalnes
- Engadir novo comentario.
- 9587 lecturas
Responder
Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Marzo 2021 (1)
- Decembro 2020 (3)
- Xullo 2020 (2)
- Marzo 2020 (4)
- Febreiro 2020 (3)
- Decembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Xullo 2019 (1)
- Xuño 2019 (2)