Ciudadanos
DONA JULIA VIDAL BALSEIRO "SOCIA HONORÍFICA" DA AMMRR "FRAGA DAS SAÍMAS"
JULIA VIDAL BALSEIRO, NOMEADA SOCIA DE HONOR DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS FRAGA DAS SAÍMAS NO SEU CEN ANIVERSARIO
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 15846 lecturas
Valdalouriña deséxavos o mellor para o novo ano 1
- blogue de valdalourinha
- 1 comentario
- 10268 lecturas
FELICITACIÓN NAVIDEÑA de LOLITA TRIGO 1
Coma tódolos anos, enviamoslles nosas socias una Felicitación de Nadal, e pra vos todas fixemos esta outra. Esperamos que vos guste. Feliz Nadal a todas e Feliz año 2010.
- blogue de lolitatrigo
- 1 comentario
- 11627 lecturas
OS MELLORES DESEXOS DE NADAL 2
Queremos desexarvos un feliz Nadal para todas e cada unha das mulleres que formades parte dunha asociación, e que como nós, participades dese sentimento colectivo de que unidas somos mais fortes. As veces caésenos o mundo encima cun problema pensando que so nos pasa a nós, e non vemos a luz por ningures, pero é cando nos xuntamos, cando descubrimos que a veciña pásalle o mesmo, e é compartindo ese pesar cando atopamos alivio.
Polo tanto os meus desexos para o aninovo e que participemos mais das actividades organizadas polas asociacións, porque non só se aprenden cousas novas, senón que o sentimento de pertenza a un grupo é unha verdadeira cura psicolóxica.
E non olvidemos nunca que cada unha de nos e única e irrepetible.
FELIZ NADAL E ANINOVO A TODAS!!!
- blogue de portasabertas
- 2 comentarios
- 13063 lecturas
Feliz Navidad a toda la comunidad de RuraisLAB !
Quique, Lala, May, Sergio, Alicia
- blogue de Innovacion Rural
- Engadir novo comentario.
- 10004 lecturas
FELIZ NAVIDAD
- blogue de sardineira
- Engadir novo comentario.
- 10331 lecturas
Video Presentación Tempo Gañado
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 9579 lecturas
Video presentación de la asociación S.Miguel de Lores 7
- blogue de lores
- 7 comentarios
- 9614 lecturas
Fin de curso de pintura de óleo
Este lúns acabamos o curso de pintura de óleo, tivo unha duración de 2 meses, estabamos a facelo os lúns cunha duración de 3 horas.
No curso estivemos pintando cuadros de "Muñecas de boneti", "paisaxes" e "bodegas", a verdade e que aprendemos moito xa que o curso foi moi interesante.
Aproveitamos para felicitarvos as navidades a todas as asociación e que teñades un próspero ano 2010 moi bo.
Felices Festas
- blogue de chorima
- Engadir novo comentario.
- 11592 lecturas
Video presentación de la asociación O Corazón do Salnés
- blogue de ocorazondosalnes
- Engadir novo comentario.
- 11652 lecturas
Ano novo, novas actividades. 3
Continúo informándovos das actividades previstas pola Asociación de Mulleres Portas Abertas de Ramirás para o ano novo.
Os días 20 e 22 de xaneiro de 2010 está previsto levar a cabo unhas xornadas que se denominan "Potenciando o noso Corpo". Nelas falaremos da saúde das mulleres e como o podemos mellorar a través do exercicio e a alimentación. Son a partir das 16.00h no Centro Cultural do Picouto (Ramirás)
Logo vamos a organizar unha das actividades favoritas das nosas asociadas: os traballos manuais e artesanais. Esta vez, vai consistir nun Curso de Pintura en Cristal. Aínda non sabemos as datas pero comezamos a anotar as interesadas en xaneiro. Nestes cursos soemos facer dous grupos, porque hai moita demanda. Un grupo no lugar de Vilavidal e outro no Picouto. Así, evitamos parte dos desprazamentos das asistentes.
Xa que estou, coméntovos outras das grandes aficións da nosa asociación: as excursións, como non! Encántanos saír de viaxe. Non nos importa tanto o lexos que esté, senón o ben que o pasamos e o que imos aprender. Somos da provincia de Ourense, e ultimamente estamos a percorrer a nosa propia provincia, que a tiñamos olvidada, e ten sitios preciosos para ver e moita arquitectura que non coñeciamos.
Se vos interesa información para organizar algún viaxe por aqui, non dubidedes en preguntarnos, que somos expertas no tema, e podemos axudarvos.
E tamén se sabedes de excursión que merezan a pena, espero que o digades no blog, porque nos interesa moito. Xa non sabemos onde ir!!! Somos moi viaxeiras.
Xa vos ensinarei algunha foto para o ano que ven.
- blogue de portasabertas
- 3 comentarios
- 12706 lecturas
Historia da asociación "O CORAZÓN DO SALNÉS" 38
A asociación de Mulleres Rurais O Corazón do Salnés, naceu o amparo de un grupo de mulleres, casi todas traballadoras do campo, que tiñan unhas inquedanzas que faciían que quixeran sacar adiante uns proxectos de ámbito cultural e entretenemento, falto todo elo no medio en que vivimos. Todo isto foi creado no ano 1993 con setenta socias, de distintas edades. Durante este tempo fixemos múltiples cursillos e actividades ( encaixe de bolillos. bordado a man, manualidades, curso de galego iniciación, retalería, curso de informática iniciación, cociña, tapicería, baile de salón, ximnasia rítmica, viaxes culturais cea festa socia, etc). Neste momento estamos terminando o curso de encaixe de bolillos e bordado a man, e seguiremos dando baile de salón.
- blogue de ocorazondosalnes
- 38 comentarios
- 18608 lecturas
como nació la asociación de san miguel de lores 1
nacimos en el año 1991 con muy pocas socias ´nuestra sede social el hogar de san benito,antigua escuela de niñas. Actualmente estamos en la casa de cultura y somos 150 socias.
Nuestras actividades fijas son :
festival de carnaval, comida del aniversario, excursion anual ,hoguera de San Juan ,hoguera de San Pedro,celebramos el dia de San Miguel que es el patron de nuestra parroquia y el festival de navidad .
Cada dos años celebramos la comida de la tercera edad con la colaboracion de la asociacion de vecinos
Despues hacemos cursos algunos subencionados y otros no :
Cursos de cocina ,bordado, manualidades y aerobic.
- blogue de lores
- 1 comentario
- 8801 lecturas
Os presentamos a la nueva directiva de O Campanario 1
Esta es la actual directiva, las que cada día luchamos por que la asociación se mantenga viva y activa!
- blogue de ocampanario
- 1 comentario
- 9186 lecturas
Compartindo a nosa historia e as nosas actividades...
Foi no ano 1996 cando a asociación MMRR Valdalouriña comezou a súa andaina; desde aquela, unha das súas características é a súa constante actividade nos campos da cultura, da muller, do social, do rural, do gastronómico, ... Contamos con 350 socias, na súa maioría do concello de Mos. Aquí relatamos algunhas das nosas actividades:
- Cursos e obradoiros permanentes: repuxado en coiro, bolillos, lencería de fogar, , ximnasia, sevillanas, teatro, labores, pintura e manualidades.
- Cursos subvencionados polas distintas administracións: masaxe, cociña, primeiros auxilios...
- Visitas a lugares de interes: Xardíns de Lourizán, Illa de San Simón, Museo do Mar, Museo etnográfico Liste
- Viaxes nas que percorremos Galicia, Norte de Portugal, País Vasco, Madrid, Andalucia, ...
- Charlas sobre temas de interese, sobre todo para mulleres: Saúde e sexualidade, Alzheimer, Celíacos, Consumo.
- Xornadas gastronómicas: empanada de millo, doces típicos de antroido.
- Acto de recoñecemento a mulleres do noso concello, no Día Internacional da muller.
- Día das Letras galegas, na defensa da nosa lingua, no que contamos con algunha escritora e lembramos a obra do escritor ou escritora ao que se dedica o día.
- Rastrillo benéfico para recadar fondos para distintas asociacións: Síndrome de Down, Contra o cancro, Asociación de diminuidos , Rede veciñal contra os malos tratos,...
- Festa da Empanada de millo, en colaboración co concello de Mos.
Para contactar con nós: valdalourinha@gmail.com
- blogue de valdalourinha
- Engadir novo comentario.
- 11354 lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- seguinte ›
- última »
Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Marzo 2021 (1)
- Decembro 2020 (3)
- Xullo 2020 (2)
- Marzo 2020 (4)
- Febreiro 2020 (3)
- Decembro 2019 (1)
- Outubro 2019 (2)
- Agosto 2019 (2)
- Xullo 2019 (1)
- Xuño 2019 (2)