Ocio y Cultura
ANIMACIÓN A LECTURA 3
VOLTEMOS A LER |
![]() El JUEGO DEL ANGEL Autor: Carlos Ruiz Zafón Argumento: Na turbulenta Barcelona dos años 20 un xoven escritor obsesionado cun amor imposible recibe unha oferta dun misterioso editor para escribir un libro, a cambio dunha fortuna e, tal vez, moito mais.......... |
- blogue de conectadasomundo
- 3 comentarios
- 28767 lecturas
CANTIGAS RECOLLIDA NO LIBRO "RECORDOS NO TEMPO" 3
CANTIGAS |
![]() (Recollidas na Asoc. Novas Vivenzas) A vida do carreteiro, non hai vida como ela, a semás no camiño o domingo na taberna. O ferreiro foi á misa non soubo decir o credo, cando tocaron a santos acordóuselle o martelo. Canteiros e carpinteiros, da Vila de Pontevedra aquí falta unha rapaza, tendes que dr conta dela. Un cesteiro anda tras min eu fuxindo do cesteiro, ando co feixe das varas e por non tentar ao demo. Mariquiña tecedeira namorada dun galán, ten un pé na prendedeira e a lanzadeira na man |
- blogue de conectadasomundo
- 3 comentarios
- 21721 lecturas
Música
A asociación "A Madanela", preparou panxoliñas para este pasado Nadal e cantigas de Reis, unha actividade que non se levaba a cabo na asociación, nin tampouco a nivel parroquial, e na que a asociación de Mulleres abriu o ámbito de participación e os compañeiros tamén entonaron as cantigas.

- blogue de conectadasomundo
- Engadir novo comentario.
- 11128 lecturas
Bo Nadal e Feliz aninovo!!! 1

A Asociación Val da Louriña deséxavos o mellor para o ano 2012.
- blogue de valdalourinha
- 1 comentario
- 12332 lecturas
Cea de Nadal 3
O sábado día 10 de decembro teremos a Cea de Nadal da Asociación Val da Louriña. Este ano será no Restaurante Alfonso I de Tui. Ademais de compartir unha exquisita cea, contaremos cun grupo musical para o baile, e faremos sorteo de agasallos entre as socias. Disporemos dun autobús que percorrerá os puntos de costume. Aínda hai tempo para anotarse ata o mércores día 7.
- blogue de valdalourinha
- 3 comentarios
- 9909 lecturas
Sábado micolóxico 1
Ao rematar agardábanos unha empanada de Cantarellus, un viño e doces.
- blogue de valdalourinha
- 1 comentario
- 19405 lecturas
3ª FESTA DO MAGOSTO 1
El pasado 5 de noviembre la "Asoc. De Mulleres Rurais de Salvaterra deMiño "Tempo Gañado", ha celebrado su 3ª Fiesta del Magosto.
Ha sido una fiesta muy divertida, donde hemos tenido de todo: castañas, vino, refrescos, agua, rosca, rosquillas acompañadas de chocolate calentito, todo esto ha servido para reponer fuerzas y poder gastar zapatos, ya que hemos tenido una orquestra tocando musica en directo para que todos pudieramos bailar y reír durante una tarde/noche muy especial.
Queremos agradecer a todos los que han colaborado para que se hiciera posible: "La Caixa" , "Concello de Salvaterra de Miño", directiva y vocales de dicha asociación y por supuesto a todos los asistentes.



- blogue de tempoganado
- 1 comentario
- 9100 lecturas
Viaxe a Asturias de Val da Louriña 1
A viaxe a Asturias que levou a cabo a Asociación Val da Louriña deixou satisfeitas a todas as persoas que participaron; con bo tempo, bonitas paisaxes e boas comidas, os participantes pasaron unha agradable fin de semana.
De camiño a Asturias, houbo unha parada na Praia das Catedrais, lugar que sempre vale a pena visitar.
Ao chegar a Fuente Dé houbo que lle botar valor e montar no teleférico, para poder gozar das vistas que ofrecía o lugar.
E xa nos Picos de Europa as paisaxes que se poden contemplar, e os sendeiros que se poden percorrer, fan que este lugar sexa merecedor da visita.
- blogue de valdalourinha
- 1 comentario
- 19938 lecturas
Outono en Val da Louriña 2
Neste mes de novembro a oferta é moi variada. Ademais das actividades permanentes (pilates, ximnasia, labores, lencería de fogar, teatro, pintura e manualidades), este mes teremos outras novas.
- Viaxe a Cambados, con visita ao conxunto histórico da vila, a o museo do viño, a unha adega e un muíño, subvencionada pola deputación.
- Curso de 10 horas de arcilla polimérica para facer agasallos para o Nadal (pulseiras, colares, adornos).
- Charla de saúde: "Primeiros auxilios no fogar e na estrada" impartida por unha doutora do Centro de Saúde de Mos, o xoves 17 de novembro ás 19.30h.
- Xornada micolóxica, o sábado 19 de novembro pola mañá, que rematará cunha degustación.
- Tamén estamos preparando a Cea de Nadal, con baile e sorteo de agasallos.
- blogue de valdalourinha
- 2 comentarios
- 12644 lecturas
III Festa do Magosto "Tempo Gañado"
O próximo dia 5 de Novembro de 2011, a partir das 19:00hs, no local de Leirado; celebráse a 3ª Festa do Magosto da Asociación das Mulleres Rurais de Salvaterra de Miño "TEMPO GAÑADO".
É gratis para todas as socias que queiran asistir, pero teñen que avisar à sua vocal ou chamar ao teléfono 678 920 510, antes do dia 30 de outubro, para que a directiva poida fazer unha previsión axeitada.
Colaboran:


- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 11782 lecturas
COÑECE A TUA PROVINCIA "DIPUTACION DE PONTEVEDRA"





- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 15015 lecturas
En outubro comezan os cursos en Val da Louriña
Debido ao escaso número de participantes para o curso de micoloxía, tivemos que cambialo por un de cociña.
CURSO DE COCIÑA
Curso de 20 hora subvencionado polo concello, que comezará o martes 11 de outubro. Se resides en Mos ou pertences a unha asociación do noso concello, aínda estás a tempo para anotarte.
Ademais, tamén comezan os cursos permanentes : Repuxado en coiro, Pilates, Labores (é de balde), Ximnasia, Bolillos ( que inclúe ganchillo, macramé, vainica e filtiré), Lencería de fogar, Teatro, Pintura e manualidades (con nova monitora).
- blogue de valdalourinha
- Engadir novo comentario.
- 11865 lecturas
Representación teatral da Asoc. Mulleres Rurais "A RUBIDEIRA"
O pasado día 2 de septembro a asociación de Mulleres Rurais "A Rubidera" unha das 12 asociacions que pertecen a FEMURO na Comarca de Orcellón, representou no Casino do Carballiño "A segunda Xuventude" e "O regreso do Paulino".
A asistencia de 170 persoas que puderon disfrutar dun rato de lecer e comprobar o traballo destas mulleres que escribiron, dirixiron e protagonizaron elas mesmas as obras teatrais.
Unha mostra das fotos:
- blogue de conectadasomundo
- Engadir novo comentario.
- 11899 lecturas
Comeza o "curso" en Val da Louriña 4
A asociación MMRR Val da Louriña de Mos comeza as súas actividades despois dun mes de agosto de vacacións.
CURSOS PERMANENTES
Pilates, Repuxado en coiro, Labores, Ximnasia, Encaixe de bolillos, Teatro, Pintura.
ACTUACIÓN DO GRUPO DE TEATRO
O grupo "Mistura", representará unha adaptación da obra "Maribel e a estrana familia", no Chan do Bosque (Sanguiñeda), o día 16 de setembro, ás 21.30h.
CURSO DE MICOLOXÍA
Curso de 20 h subvencionado polo concello, que comezará no mes de outubro.
- blogue de valdalourinha
- 4 comentarios
- 10334 lecturas
VII FESTA DO OVO ESCALFADO!!!
Hola a tod@s!!
O pasado 31 de xullo celebramos a "VII Festa do ovo escalfado" na parroquia de San Lourenzo de Nogueira.
Alí reunímonos socias e non socias para pasar un domingo diferente e animado, onde estiveramos xuntos da mellor maneira que sabemos facer en Galicia...¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡COMENDO E BAILANDO!!!!!!!!!
O tempo portouse ben e Lourenzo acompañounos deixandonos un día de sol do que puidemos disfrutar todos e todas. Comezamos ao mediodía comendo e continuamos a festa toda a tarde con baile, charlas e risas.
Compartimos aquí con vós algunhas fotos que recollen diferentes momentos deste día de diversión.
Un saúdo!!
- blogue de mulleresnogueira
- Engadir novo comentario.
- 11737 lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Marzo 2013 (8)
- Febreiro 2013 (8)
- Xaneiro 2013 (1)
- Decembro 2012 (2)
- Novembro 2012 (31)
- Outubro 2012 (11)
- Septembro 2012 (7)
- Agosto 2012 (5)
- Xullo 2012 (1)
- Xuño 2012 (2)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »