Ocio y Cultura
Xuntanza Anual de "Tempo Gañado"
Un ano mais a Asociacion Mulleres Rurais de Salvaterra de Miño "Tempo Gañado", ven celebrar a sua Xuntanza anual de socias.
Este ano farémola no dia 7 de xullo e visitaremos as localidades de Cee, Ézaro e Fisterra, na Coruña.
Como é costume neste acontecimento, a Asociación paga o autobús e cada socia somente terá que pagar a comida.
As prazas son limitadas, e resteperase o orden de inscripcion, se non queres quedar sem a tua praza, fala con a tua vocal ou chama ao telefono 678 920 510.
Saúdos a tod@s dende a diretiva.
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 12010 lecturas
CONCURSO FOTOGRAFÍA imaxesRAPAcandaoso2013
A DIRECTIVA DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" PON A ANDAR A ORGANIZACIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “imaxesRAPAcandaoso-2013” CO OBXECTO DE CONTRIBUÍR AO FOMENTO E Á PROMOCIÓN DA RAPA DAS BESTAS DO CURRO DO CANDAOSO QUE SE CELEBRARÁ O 1º DOMINGO DE XULLO DE 2013.
No marco da celebración, na parroquia de Santo André de Boimente, da súa XLV edición da “Rapa das Bestas do Curro do Candaoso” a Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” convoca o Concurso de Fotografía baixo o lema “imaxesRAPAcandaoso-2013”.
Con esta iniciativa preténdese contribuír ao fomento e á promoción da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso, na parroquia de Santo André de Boimente. Unha das festas de interese turístico máis ancestrais e de maior arraigo do Concello de Viveiro que celebrará a súa XLV edición, como é costume, o primeiro domingo do mes de xullo de 2013.
Desde a asociación Fraga das Saímas inténtase poñer en valor o patrimonio paisaxístico que conforma a paraxe natural da Fraga das Saímas e os Montes do Buio como fonte de riqueza ambiental, cultural e turística promovendo unha cultura de ocio saudable a través de iniciativas coma a organización deste certame fotográfico
Se queres ver a programación da 44ª edición da Rapa das Bestas do curro do Candaoso-2012 podes picar neste enlace:
A continuación e de xeito resumido detallamos algúns dos principais aspectos das bases da convocatoria do concurso “imaxesRAPAcandaoso-2013”:
BASES
TEMA
A temática única do concurso é o reflexo máis completo e descritivo posible da celebración da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso-2013 e cuxo lema leva por título “imaxesRAPAcandaoso-2013”. As organizadoras deste certame deixan total liberdade para que cada participante exprese a súa creatividade e amose, a través desta, a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos que se desprenden durante a celebración desta festa tradicional, ao obxecto de incitar aos potenciais viaxeiros a descubrir lugares con encanto na Mariña Lucense como son os Montes do Buio ou a Fraga das Saímas .
As fotografías téñense que realizar en xullo, durante a celebración da XLV edición da Rapa das bestas do Curro do Candaoso (Montes do Buio). Parroquia de Sto André de Boimente (Viveiro).
PARTICIPANTES
Este concurso vai dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos afeccionadas ou profesionais da fotografía e amantes da natureza.
OBRA
As fotografías presentadas ao concurso deberán ser orixinais, inéditas (que non foron expostas en público con anterioridade á data de presentación, nin publicadas en catálogos, revistas ou calquera outro medio xa sexa gráfico, audiovisual ou interactivo), que non foran premiadas con anterioridade e de propiedade do/a autor/a. Non se poderán ter explotado comercialmente, xa sexa con fins xornalísticos, publicitarios ou calquera outro.
NÚMERO DE OBRAS
Cada participante poderá presentar un máximo de DÚAS fotografías ou DÚAS series fotográficas. As fotografías só poderán ser presentadas polos seus propios autores.
FORMATO E TÉCNICA
Formato e tamaño: TIFF ou JPEG en calidade máxima. Tamaño mínimo de 600 píxeles de lado maior.
As fotografías poderán presentarse en cor, branco e negro e en todas as súas técnicas, incluso dixital.
As fotografías poderán ser individuais ou compor unha serie máximo de 4 imaxes. Podendo ser estas do mesmo momento e temática ou de momentos e actividades distintas (subida ao monte, xunta das bestas, loita de garañóns, rapa e solta cara o monte, descanso das bestas, xantar dos romeiros, carreiras de cabalos, etc.)
Os traballos poderán presentarse por correo postal ou correo electrónico e sempre atendendo aos requisitos establecidos nas claúsulas 3 e 4 das bases do concurso.
PRESENTACIÓN
A presentación da obra por correo postal farase ao domicilio social da Asociación Fraga das Saímas e enviarase en dous formatos:
- Impresa en papel fotográfico (mínimo de 18x24 cm. e o máximo de 30x40 cm.)
- Gravada nun CD, en formato dixital (preferentemente .TIF ou no seu caso .JPG), cun mínimo de tamaño de 600 píxeles de lado maior.
2) A presentación por correo electrónico farase enviando cada traballo fotográfico por separado á seguinte dirección fragadassaimas@gmail.com
PREMIOS E EXPOSICIÓN
PREMIOS
Primeiro premio dotado con 250 euros en metálico
Segundo premio dotado con 120 euros en metálico
Terceiro premio dotado con 100 euros en metálico
Dous accésits dotados cada un con 30 euros en metálico ás dúas fotografías/ou serie fotográfica non premiadas anteriormente.
EXPOSICIÓN DAS OBRAS SELECCIONADAS
Unha vez outorgados os premios levarase a cabo una exposición no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente das obras gañadoras xunto coas fotografías finalistas seleccionadas polo xurado do concurso.
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios poderase efectuar nun acto público na data que determine o colectivo Fraga das Saímas e que será comunicada con suficiente antelación ás persoas premiadas. Os autores dos traballos premiados deberán estar presentes neste acto ou no seu defecto deberá acudir un representante debidamente autorizado.
PRAZO PARA ENTREGAR OS TRABALLOS FOTOGRÁFICOS
A data límite para a recepción dos traballos será o 31 de AGOSTO de 2013.
ACEPTACIÓN
A presentación das fotografías ao concurso implica a aceptación de todas e cada unha das presentes BASES E CONDICIÓNS e da decisión inapelable do xurado.
Para obter máis información podes descargar as bases do concurso na seguinte dirección http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com (na carpeta de documentos), solicitalas ao correo electrónico fragadassaimas@gmail.com ou ben poñerte en contacto coa entidade organizadora. Teléfonos 669 250 948 (Flor) ou 610 00 77 46 (Gloria)
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 10226 lecturas
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA VECIÑAL NA FESTA DAS LETRAS GALEGAS DO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS
O COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA, NO MARCO DA CELEBRACIÓN DA FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2013, A SÚA BIBLIOTECA VECIÑAL
Os actos comezaron ás 18.00 h coa intervención de Flor Chao, Presidenta da asociación Fraga das Saímas, que exerceu de mestra de ceremonias da nova Biblioteca veciñal por desexo expreso da súa Directiva e a cal quixo que fora a celebración do Día das Letras Galegas-2013 a data na que se abriran as portas da Biblioteca Fraga das Saímas por ser o marco ideal para a súa presentación oficial , según palabras da propia presidenta. Durante a súa intervención, Flor Chao convidou ás súas socias e veciños de San Andrés de Boimente a facer uso deste novo espazo cultural e animou aos veciños do concello de Viveiro a facerse socios da recén estreada Biblioteca veciñal.
Coa posta en marcha desta Biblioteca veciñal, grazas ás doazóns de fondos bibliográficos da Fundación Pedro Barrié de La Maza, a Fundación Sotavento e as socias Elsa, Flor e Gloria, o colectivo Fraga das Saímas quixo sumarse na defensa do acceso ao coñecemento e á información en igualdade de condicións para todas e todos, na defensa do fortalecemento do hábito lector e na defensa do coñecemento da literatura e o patrimonio cultural.
Logo da inauguración, onde a Directiva agasallou ao medio cento de asistentes cunhas libretas conmemorativas, o grupo de teatro aficionado de Fazouro “A Adala” representou a comedia “Enredos” onde o público non foi quen de parar de rir ata o remate desta peza teatral de Francisco Piñeiro.
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 10069 lecturas
ASAMBLEA XERAL ORDINARIA 3
A ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS "TEMPO GAÑADO" DE SALVATERRA DE MIÑO
Convoca a tódalas socias à ASAMBLEA XERAL ORDINARIA que terá lugar no local social "Casa da Cultura de Salvaterra de Miño" o próximo dia 1 de Xuño de 2013 às 20:00 horas en 1ª convocatoria e às 20:30 horas en 2ª convocatoria.
ORDE DO DÍA:
- Lectura da acta anterior e a súa aprobación, se procede.
- Estado de contas e a súa aprobación, se procede.
- Repaso das actividades realizadas ata a fecha e futuras.
- Rogos e preguntas.
Recordámosche a importancia que ten que asistas à asamblea, para escoitar cómo funcionamos e face-las preguntas que consideres oportunas.
As asambleas son o sitio adecuado para lograr acordos importantes e aclara-los temas pendentes entre socias e directiva.
Non faltes, a túa opinión é importante.
- blogue de tempoganado
- 3 comentarios
- 14656 lecturas
FESTA DAS LETRAS GALEGAS-2013 4
A Directiva Fraga das Saímas anima a todas as socias, amigas e veciños de Viveiro a asistir á celebración da Festa das Letras Galegas-2013, no marco da cal a Asociación de Mulleres, creada no ano 2007, terá o gran pracer de inaugurar ante as súas socias, veciños e amigos a súa Biblioteca. Unha pequena biblioteca, cuxosfondos bibliográficos foron doados pola Fundación Pedro Barrié de La Maza, Fundación Sotavento e varias socias, entre elas Elisa e Gloria. Unha biblioteca da cal poderán ser socias todas as mulleres integradas no colectivo Fraga das Saímas e Así como todas aquelas persoas que soliciten o carnet de socio da biblioteca.
As persoas interesadas en participar desta Festa das Letras poderán contactar coa Directiva no teléfono 669250948 (Flor).
Esperamos contar coa presenza de todas e todos os amantes dos libros e da nosa lingua viva.
- blogue de Fragadassaimas
- 4 comentarios
- 10447 lecturas
FIN DE SEMANA EN VIANA DO CASTELO E CAMBADOS 4
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR CO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" NA VIAXE A VIANA DO CASTELO E CAMBADO. FIN DE SEMANA DO 8 E 9 DE XUÑO DE 2013.
A Directiva "Fraga das Saímas" informa ás súas socias, amigas e veciños que o prazo para anotarse á Viaxe de fin de semana que realizará o colectivo de mulleres o vindeiro 8 e 9 de xuño ás cidades de Viana do Castelo e Cambados remata o mércores, 22 de maio. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 669250948. O pago realizarase antes do 8 de xuño.
- blogue de Fragadassaimas
- 4 comentarios
- 11030 lecturas
EXCURSION A LISBOA 1
- blogue de tempoganado
- 1 comentario
- 10361 lecturas
CURSO DE REFLEXOTERAPIA PODAL
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 10041 lecturas
V EDICIÓN FESTA DO MEDIO NATURAL
ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE NA Vª EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL DO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" NO QUE SE PRESENTARÁ O ESPÉCTACULO DE TÍTERES DA COMPAÑÍA MINDONENSE "MIRCROMINA".
As persoas que desexen disfrutar dunha fin de semana de festa e alegría poden contactar coa Directiva nos seguintes Tfos. de Flor 669250948 ou Tfo de Gloria 610007746.
O prazo para anotarse é ata o sábado 20 de abril.
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 11929 lecturas
Últimas novidades 5
Ola amig@s,
Aquí estamos de novo despóis dun longo tempo en silencio, pois non foi un ano moi doado para a asociación debido á falta dalgunhas socias, e á de familiares moi achegados doutras.
E por isto estivemos moi inactivas, ainda que algo fixemos. Proba diso son as fotos que acompañan este saúdo. Son dúas viaxes e o curso de "Pensa en ti", que rematamos hai un tempo. Foi de pintura en tea, e por certo, gustounos moito.
Isto é todo polo de agora, e prometemos non estar tanto tempo sen contarvos cousas novas.
Un saúdo.
Mulleres Rurais "Nogueira"
- blogue de mulleresnogueira
- 5 comentarios
- 15131 lecturas
CELEBRANDO EL DIA DE LA MUJER Y LA CENA ANUAL 2
Un año más "TEMPO GAÑADO "
Celebró el día de la mujer con su cena anual. Fue una cena muy alegre y divertida, a la que acudimos un total de 93 mujeres, siendo socias la mayoría de las asistentes.. .
- blogue de tempoganado
- 2 comentarios
- 10112 lecturas
BAILE DE FARRAPULGAS "FRAGA DAS SAÍMAS 2013 5
As mulleres e homes gañadores do concurso de disfraces celebrado durante o “IIIº Baile de Farrapulgas Fraga das Saímas” foron premiados con VALES-AGASALLO de 25 e 15 euros para facer compras en Agricentro da Costa, Tenda Ecolóxica Estruga, Mercería Teresa, Construdeco e Pastelería O´Landro.
MEDIO CENTO DE MÁSCARAS E CARNAVALES ACUDIRON AO IIIº BAILE DE FARRAPULGAS DO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”
A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de organizar o entroido 2013 coa celebración, por terceiro ano consecutivo, do IIIº Baile de Farrapulgas no Centro Socio-Cultural da asociación.
O Baile, celebrado o sábado 16 de febreiro, deu comezo a partir das seis da tarde, momento en que empezaron a chegar indias, damas de época, vampiresas, parellas de noivos, albaneis, enfermeiras, médicas, bois, bailarinas, esqueletos, draculauras, soldados, e así ata medio cento de disfraces.
As Mulleres, nenos e homes que participaron nesta festa de entroido fixéronno con moito humor e grandes doses de inxenio convertíndose en persoa, animal ou cousa indescrítibel. Todo eles participaron nun concurso de disfraces, onde a Directiva Fraga das Saímas seleccionou por categorías (mulleres, homes e nenos) os disfraces máis orixinais e máis divertidos.
Os premios ao disfrace máis divertido e ao máis orixinal, na categoría dos nenos/as, foi para disfrace de esqueleto e o de DracuLaura respectivamente e aos que lles foi entregado, ademais do premio, un diploma. O resto dos nenos que asistiron disfrazados tamén levaron un agasallo por participar no homenaxe a Don Carnaval. Na categoría dos homes os premios foron para a disfrace de Aladino e o Boi. E na categoría das mulleres os premios ao disfrace máis divertido leváronnos as irmás Inés e Luisa pola parella de galletas Marbú Doradas e ao disfrace máis orixinal as irmás Lorena e Yanira pola parella de bailaríns de breakdance, mentras que os segundos premios foron a parar a mans de Olga polo seu papel de india e de Ana pola súa posta en escea de sevillana. Os premiados nas categorías de muller e home foron agallados con vales de 25 e 15 euros para comprar nos seguintes comércios de Viveiro: Agricentro da Costa, Tenda Ecolóxica Estruga, Mercería Teresa, Construdeco e Pastelería O´Landro.
Durante a tarde-noite deste 16 de febreiro os máis de sesenta asistentes a esta festa veciñal bailaron ao ritmo da música do popular Dúo Suso e disfrutaron dun catering servido polo Mesón O`Imperial.
O Baile das Farrapulgas despedíuse de Don Carnaval-2013 pasadas as 22.00 horas, logo de que todos os asistentes participaran nun sorteo gratuíto de seis tápers con produtos de tempada e un lacón.
- blogue de Fragadassaimas
- 5 comentarios
- 10636 lecturas
Cena-Baile Tempo Gañado
La asociación de Mulleres Rurais de Salvaterra de Miño
"TEMPO GAÑADO"
Oganiza un Gran CENA-BAILE
Para celebrar su XI aniversario
se realizará el próximo dia 09 de Marzo
en el Restaurante El Retiro (Salvaterra)
a las 21:30 hs.
por 15€ para las socias
25€ para las que todavia no sean socias.
Si deseas participar llama al telefono
678-920-510,
o bien habla con tu vocal.
Contamos con tu presencia, será una velada para pasarlo en grande
con las amigas y aprovechar para conocer a las demás socias.
Saludos de toda la directiva.
Colaboran:
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 11583 lecturas
ENTROIDO EN LEIRADO 1
Disfruta del mejor entroido de la comarca del condado en LEIRADO:
El proximo Domingo 10 de febrero a las 16 horas:
Habra desfiles de carrozas acompañados por comparsas,y charangas.
Al final del desfile habrá chocolate gratuito para,todos los asistentes y despues disfrutaremos de la actuación de Dúo " PASIÓN "
- blogue de tempoganado
- 1 comentario
- 10625 lecturas
Excursión a Cíes
.gif)

- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 23677 lecturas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Xullo 2015 (1)
- Xuño 2015 (3)
- Abril 2015 (1)
- Marzo 2015 (2)
- Decembro 2014 (6)
- Outubro 2014 (1)
- Septembro 2014 (4)
- Xullo 2014 (4)
- Xuño 2014 (2)
- Maio 2014 (4)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »