Cursos y Formación
CLAUSURA DO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL "FRAGA DAS SAÍMAS"
“ O colectivo “Fraga das Saímas” fomenta entre as súas socias a aprendizaxe da arte dos Artesáns cesteiros lucenses e aposta polo uso de materiais 100% ecolóxicos propios da zona, como é por excelencia o vimbio” manifestou a súa Presidenta durante a clausura do IIº Curso de cestería tradicional..
CLAUSURA DO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL IMPARTIDO POLO MESTRE ARTESÁN ÓSCAR PRIETO.
O Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente acolleu esta última semana de marzo a IIª edición do curso de Cestería tradicional, organizado polo colectivo de mulleres rurais “Fraga das Saímas”.
Un dos obxectivos que persegue a Asociación con este tipo de iniciativas é contribuír a impulsar a recuperación, a conservación e o mantemento dos ofícios tradicionais da nosa terra que conforman un rico patrimonio artesanal de Galicia.
Este curso de Cestería Tradicional, impartido polo cesteiro mariñán Oscar Prieto, é o segundo curso que organiza o Colectivo de Mulleres Fraga das Saímas. O primeiro tivo lugar no ano 2010, e naquela ocasión o taller tiña por obxecto aprender as técnicas básicas do oficio de cestería e para o cal se empregara médula de roten, de orixe asiático que pola súa versatilidade facilitáballes aos iniciados neste oficio o seu manexo. Nesta 2ª Edición a finalidade deste curso práctico de cestería en vimbio era ensinar e recuperar as técnicas de entrecruzado de fibras vexetais flexibles como o vimbio para formar cestas, cestos e demais formas creativas con este material, como antigamente elaboraban os cesteiros da Mariña Lucense.
Durante a 1ª hora do curso foi dedicada polo artesán cesteiro a ensinarlles polo miúdo ás 10 alumnas participantes neste curso todo o proceso de recollida das ramas da vimbieira e a súa preparación.
As dez discípulas dedicáronse durante as oito horas que durou este taller, a aprender a arte de trenzar vimbio, material ecolóxico 100% e que nace abundantemente nas beiras dos ríos e regatos desta zona, ao obxecto de elaborar uns pequenos canastillos e para os cales necesitaron tanta maña e destreza como forza pola dificultade que entraña traballar cos vimbios.
A clausura do curso de cestería, celebrada o pasado 26 de marzo ás 20.30 h no Centro Socio-Cultural de San Andrés, estivo a cargo da Presidenta da Asociación Fraga das Saímas. Durante o acto Flor Chao agradeceu a asistencia das alumnas e alabou a capacidade de aprendizaxe de todas elas, así como a maestría do Cesteiro Oscar.
A presidenta aproveitou para informarlles ás socias presentes que a Directiva Fraga das Saímas está á espera de que o goberno municipal de Viveiro contrate, segundo a noticia publicada no Progreso o pasado 14 de marzo, cun operador de telecomunicacións o servizo de Internet de banda ancha para, entre outros, o Telecentro do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente, momento a partir do cal a Directiva poñerá en marcha a organización do curso de iniciación a Internet, aprobado na súa Asamblea xeral anual.
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 443 lecturas

CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL
ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL ORGANIZADO POLO COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS"
Este curso vai dirixido a todas as mulleres e homes que teñan gañas e curiosidade por aprender a elaborar algúns dos cestos típicos na cestería galega de mimbre, utilizando as técnicas dos nosos vellos cesteiros.
O prazo para a inscrición remata o 20 de marzo ou cando se completen o número de prazas máximas por edición.
.jpg)
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 615 lecturas

PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA
AS DEZASEIS VECIÑAS E VECIÑOS DO CONCELLO DE VIVEIRO QUE ESTÁN A PARTICIPAR NO PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA, POSTO EN MARCHA POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS”, REUNÍRONSE NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE STO. ANDRÉ DE BOIMENTE PARA PARTICIPAR NUNHA XORNADA TÉCNICA DE COMPOSTAXE.
O Centro Socio Cultural de Santo André de Boimente acolleu esta fin de semana unha Xornada Técnica sobre a Compostaxe Doméstica impartida pola técnica da Asociación na Defensa Ecolóxica de Galicia, María Rodríguez Lafuente.
Esta Xornada, que forma parte dun proxecto experimental de compostaxe doméstica posto en marcha na parroquia de Santo André de Boimente polo Colectivo de Mulleres Rurais Fraga das Saímas, desenvolveuse ao longo de tres horas durante a tarde do sábado, 23 de febreiro. Unha xornada que contou coa presenza de 16 persoas (socias e veciños do concello de Viveiro) interesadas en participar neste proxecto experimental de reciclaxe de residuos, pioneiro no Concello viveirense, e que se amosaron convencidas de poder acadar ao remate do mesmo o diploma de Mestras/es composteiras.
Logo de falar da problemática dos residuos domésticos, da súa xestión e de explicar en detalle o Programa de Compostaxe Doméstica e Comunitaria posto en marcha en Galicia fai máis dunha década, a técnica de ADEGA e os participantes neste proxecto construíron un composteiro artesán comunitario, que colocaron no aparcadoiro do Centro Socio-Cultural de San Andrés, ao obxecto de que as veciñas/os dos lugares máis cercanas ao Centro poidan depositar no mesmo o seu lixo doméstico e o resto de podas, céspede e outros resíduos agrícolas para convertilo nun abono orgánico de gran calidade, rico en nutrientes e que se coñece como "compost".
Ao Final desta Xornada a Directiva Fraga das Saímas repartiu entre as/os asistentes un Manual sobre o proceso de compostaxe doméstico e sorteou os 3 composteiros que serán obxecto de seguimento durante todo o proceso deste proxecto experimental. As persoas agraciadas foron: Xuxa Rouco da parroquia de San Andrés de Boimente, Dolores Trasancos da parroquia de Vieiro e Olimpia Rouco da parroquia de Chavín.
Este grupo de futuras Mestres Composteiras volverán a reuniranse a finais de abril para visitar aos tres composteiros de Chavín, San Andrés e Vieiro, así como o Composteiro Comunitario do Centro Socio Cultural e recibir o asesoramento necesario para o correcto uso dos mesmos e ou correxir posibles deficiencias ocurridas durante o proceso de compostaxe.
A Directiva do colectivo de mulleres aproveita para animar as súas socias e veciños a asistir ao Concerto do Dúo Rosas que está a organizar con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora e que vai ter lugar no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente o sábado, 9 de Marzo, a partir das 18.00 h. e recórdalles que os interesados poden chamar á Presidenta ou membros da Directiva para comunicarlles o seu interese en participar nesta xornada de celebración.
- blogue de Fragadassaimas
- Engadir novo comentario.
- 647 lecturas

CURSO DE REFLEXOTERAPIA.
Muy pronto "tempo gañado " va a realizar un curso de reflexoterapia en donde aprenderemos por mediación de los pies y manos a conocer nuestro cuerpo.
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 616 lecturas

CURSO DE HIERBAS PLANTAS MEDICINALES
TEMPO GAÑADO:
Esta realizando un curso de plantas y hierbas medicinales.
Estamos muy contentos nos lo pasamos muy bien y aprendemos muchas cosas.
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 601 lecturas

PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA 1
MATRICÙLATE NO CURSO DE COMPOSTAXE DOMÉSTICO QUE ESTÁ A ORGANIZAR "FRAGA DAS SAÍMAS" CO OBXECTO DE DESENVOLVER UN PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE NA PARROQUIA DE SANTO ANDRÉ DE BOIMENTE.
O obxecto deste proxecto é concienciar aos veciños de reducir o volume de resíduos, sensibilizalos sobre os beneficios ambientais do emprego da técnica de compostaxe doméstica e capacitalos para elaborar compost a escala doméstica. Ao mesmo tempo preténdense favorecer a redución dos costes económicos e ambientais vinculados á calidade de resíduos orgánicos xerados polas familias e promover os beneficios económicos e ambientais derivados da obtención dun abono natural de destacado valor agronómico, entres eles o aforro en abonos químicos, o emprego como o substrato ou a mellora das propiedades químicas e bioquímicas dos chans.
As persoas que queirades participar neste proxecto, podedes matricularvos neste curso de compostaxe antes do 22 de febreiro de 2013. Asimesmo, e logo da charla teórica sortearanse tres composteiros entre todas e todos os alumnas/os. Este proxecto tamén contempla un apoio especial para por en marcha e manter activo nos vosos terreos un composteiro co que producir compost a nível particular.
Así pois, non esperes máis e apúntate xa e AXUDANOS A PROTEXER O MEDIOAMBIENTE E A CONSERVALO PARA OS NOSOS FILLOS.
Logo de rematada esta 1ª sesión (Sábado, 23 de febreiro) a Directiva serviravos uns pinchos e uns cafés que non seredes capaces de rexeitar e tamén poderedes ver unha película ou probar as vosas habilidades no programa NÓSxogamos!
- blogue de Fragadassaimas
- 1 comentario
- 692 lecturas

CURSO DE HIERBAS NATURALES
.jpg)
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 1056 lecturas

CURSO DE TECNICAS DE MEMORIA
Incluído en el programa "Ti Tamén Contas", de la deputación de Pontevedra, se está realizando un curso de TECNICAS DE MEMORIZACIÓN Y CONSERVACION DE LA MEMORIA. Al que están asistiendo 20 sócias de la Asoc.de Mulleres Rurais de Salvaterra de Miño TEMPO GAÑADO.
Aquí hay algunas fotos de dicho curso.
Estas son alumnas del curso de técnicas de memoria que subvenciona la Diputación de Pontevedra.

- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 1078 lecturas

CURSO TALLER DE COCINA NAVIDEÑA
.jpg)
.jpg)
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 762 lecturas

CURSO DE JABONES NATURALES
TEMPO GAÑADO QUIERE ORGANIZAR UN CURSO DE JABONES
NATURALES ,SE REALIZARA UN SABADO Y TENDRA UNA DURACION DE
TRES HORAS Y UN PRECIO MUY ECONOMICO.
TODAS AQUELLAS SOCIAS QUE ESTEN INTERESADAS LAMAR AL
TELEFONO 678-920-510 PLAZAS LIMITADAS
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 862 lecturas

COMIENZAN LOS CURSOS 2012--------2013 DE TEMPO GAÑADO
Un año más tempo gañado comienza sus cursos internos
manualidades,pintura al oleó,encaje de bolillos,labores del hogar,corte y confección
pathwoor,gimnasia de mantenimiento,pilates,bailes latinos,danza del vientre, y balell clasico para niñas.
.Quedan algunas plazas llama al telefono: 678.920.510
- blogue de tempoganado
- Engadir novo comentario.
- 928 lecturas

NOVAS ACTIVIDADES EN VAL DA LOURIÑA EN MARZO
XORNADA GASTRONÓMICA: A COCIÑA VEXETARIANA
Data: sábado 10 de marzo Hora: 17h Lugar: Local da asociación
DIA INTERNACIONAL DA MULLER
Data: domingo 11 de marzo Hora: 18h Lugar: Local veciñal O Piñeiro
Acto de recoñecemento ás mulleres emigrantes, representadas por dúas mulleres do noso concello: Norma Pedreda e Antonia Giráldez. Contaremos coa actuación de Marta Quintana e o grupo "Amieiro" da asociación Chan do Bosque.
CURSO DE DANZA ORIENTAL
Data: xoves 8 de marzo Hora: 20.30h a 21.45h Lugar: Local da asociación
- blogue de valdalourinha
- Engadir novo comentario.
- 11182 lecturas

REMATE DO CURSO DE XABÓNS "SAN MARTÍN DE ESPIÑOSO" 2
| REMATE do I Curso de Xabóns |
Remate da formación do Curso de Xabóns Naturais e Terapéuticos. na Asoc. de Mulleres Rurais San Martín de Espiñoso.Para peche do mesmo, ademais da clase remate co xabón de chocolate e menta, se fixo a entrega de diplomas as amigas que participaron durante estes tres meses no curso, logrando manter a participación, socialización, convivencia e un espazo de actividade para todas as compañeiras. En nome de FEMURO. ¡grazas pola vosa acollida!. |
- blogue de conectadasomundo
- 2 comentarios
- 11562 lecturas

CURSOS DE GALEGO
| CELGA |
A Aula Conectad@s ó Mundo (FEMURO), ten solicitado o curso formativo para o CELGA IV. No que previamente se inscribirán 28 persoas e que de forma posterior a Concelleria de educación do Concello do Carballiño aumentou o listado en 8 persoas mais. A espera da resolución, xa vos daremos a información pertinente. |
- blogue de conectadasomundo
- Engadir novo comentario.
- 11387 lecturas

CURSO DE XABÓNS NATURAIS
| Cursos de Xabóns naturais e terapéuticos en San Martín de Espiñoso |
O pasado luns a alcaldesa de Cartelle (Carmen Leyte) realizou unha visita á Asociación de Mulleres Rurais "San Martín de Espiñoso" pertecente a FEMURO, durante o seu curso de Xabóns naturais, que imparte a devandita federación. |
- blogue de conectadasomundo
- Engadir novo comentario.
- 11330 lecturas

Iniciar sesión
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Maio 2013 (3)
- Abril 2013 (2)
- Marzo 2013 (8)
- Febreiro 2013 (8)
- Xaneiro 2013 (1)
- Decembro 2012 (2)
- Novembro 2012 (31)
- Outubro 2012 (11)
- Septembro 2012 (7)
- Agosto 2012 (5)




Remate da formación do Curso de Xabóns Naturais e Terapéuticos. na Asoc. de Mulleres Rurais San Martín de Espiñoso.
A Aula Conectad@s ó Mundo (FEMURO), ten solicitado o curso formativo para o CELGA IV. No que previamente se inscribirán 28 persoas e que de forma posterior a Concelleria de educación do Concello do Carballiño aumentou o listado en 8 persoas mais.
O pasado luns a alcaldesa de Cartelle (Carmen Leyte) realizou unha visita á Asociación de Mulleres Rurais "San Martín de Espiñoso" pertecente a FEMURO, durante o seu curso de Xabóns naturais, que imparte a devandita federación.