valdalourinha
Rastrillo benéfico na asociación Val da Louriña 5
Lugar: Casa restaurada do Mesón Argentino
Organiza: Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña
- 5 comentarios
- 18063 lecturas
XV FESTA DA EMPANADA DE MILLO
- Engadir novo comentario.
- 10315 lecturas
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 3
A asociación de MMRR Val da Louriña de Mos celebrou, como cada ano, a Festa das Letras Galegas, neste 17 de maio tan primaveral. Este ano é máis importante que nunca que as entidades que nos chamamos culturais o demostremos poñendo en valor a nosa característica máis destacable, aquilo que máis nos define: o noso propio idioma .Con este obxectivo, celebramos este día cunha programación variada e entretida.
O acto comezou coa actuación das cantareiras "Meigas fóra" da Asociación Tangaraño de Mos. A continuación, contamos coa escritora Elena Gallego, que fixo unha intervención moi didáctica e animada, e mantivo a atención das persoas asistentes. Na súa participación comezou suliñando a importancia da educación e da socialización dos nenos e nenas na nosa lingua .
Unha vez remarcado isto, pudemos coñecer un pouco máis da súa vida literaria, para rematar cunha presentación da súa primeira novela publicada "Dragal, a herdanza do dragón", primeira entrega da triloxía "Dragal, o último dragón galego". Esta obra foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura xuvenil, e a autora quere encher ese oco baleiro na literatura fantástica galega.
Ao rematar esta intervención, foi o turno do alumnado do Colexio Mestre Valverde Mayo, que fixo unha escenificación da vida e obra de Uxío Novoneyra, e, como sempre, espertaron o interese do público asistente.
Como fin de festa acompañounos o grupo de corda da Escola de Música de Mos que xa apunta maneiras nisto da música.
Para rematar esta tarde de celebración xuntos, compartimos unha merenda todas as persoas asistentes .
TODOS OS DÍAS DO ANO SON DÍAS DAS LETRAS GALEGAS!!!
- 3 comentarios
- 11525 lecturas
Maio na Asociación Val da Louriña 1
Aínda que continuamos coas nosas actividades permanentes (teatro, bolillos, pintura e manualidades, labores, ximnasia, sevillanas), a mediados de maio comezaremos os cursos subvencionados pola deputación: Iniciación á Informática e Tapas e canapés.
Celebraremos tamén o Día das Letras Galegas para facer una homenaxe a Uxío Novoneyra, a cargo da escritora Elena Gallego, coa actuación das pandeireteiras de Tangaraño e un grupo de corda da Escola de música de Mos. Remataremos compartindo unha merendola con todas as persoas que asistan ao acto. Este ano ten especial importancia a celebración deste día, polos continuos ataques que a nosa lingua está a sufrir desde as mesmas administracións que a deberían promover, tanto por ser o vehículo de comunicación máis noso como por ser unha parte importante do noso patrimonio.
Xa vos amosaremos fotos destas actividades.
- 1 comentario
- 11672 lecturas
Curso de dieta sá e equilibrada para a familia 1
Curso moi interesante impartido por unha nutricionista; este tipo de cursos sempre ten moi boa acollida na nosa asociación.
Na imaxe inferior a monitora vai analizando a composición dos produtos que aparecen enriba da mesa.
Este curso é subvencionado en parte polo concello.
- 1 comentario
- 13484 lecturas
Excursión de Val da Louriña a Santiago en imaxes 2
Algunhas persoas partiron camiñando desde o Monte do Gozo cara á Catedral, para asistir a unha misa e visitar a zona monumental da cidade compostelana
Outras persoas continuaron nos autobuses ata a Catedral.
Imaxe do grupo nas escalinatas da Praza de Praterías.
Tamén visitaron o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos ilustres.
Compoñentes da directiva na visita ao museo.
- 2 comentarios
- 10171 lecturas
Val da Louriña de viaxe 46
- O pasado día 28 de marzo, a asociación Val da Louriña organizou unha excursión a Santiago. Ás 8h da mañá saíron dous autobuses do concello de Mos cara ao Monte do Gozo, donde aquelas persoas que quixeron, partiron camiñando ata a Catedral para logo asistir a unha misa. Logo de xantar, visitaron o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres, e fixeron un percorrido pola zona monumental de Santiago. Estes días tamén iremos poñendo algunhas fotos desta viaxe.
- O vindeiro mes de maio, temos organizada outra viaxe; esta vez serán 4 días visitando Madrid e Toledo. Entre as visitas previstas podemos citar: Valle dos Caídos, Mosteiro do Escorial, a zona antiga de Toledo, mezquita, sinagoga e catedral, ademais dunha visita panorámica da cidade de Madrid. Son viaxes para socias e homes acompañantes, e este sábado 10 de abril, no noso local, anotaremos a todas as persoas interesadas.
- 46 comentarios
- 12481 lecturas
Cursos en marcha e outros a piques de comezar 5
O pasado mes de marzo puxéronse en marcha dous novos cursos na nosa asociación: un curso de teatro e outro de dieta sá e equilibrada para a familia. Estes cursos son subvencionados polo concello. A finais deste mes de abril, agardamos poder comezar un curso de tapas e canapés e outro de iniciación á informática, subvencionados pola deputación. Xa vos iremos mostrando fotos destas actividades
- 5 comentarios
- 11223 lecturas
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
- Engadir novo comentario.
- 8610 lecturas
Valdalouriña celebra o Día Internacional da Muller
A asociación MMRR Val da Louriña de Mos vén celebrando cada ano o Día Internacional da Muller. Desde a súa constitución alá polo ano 1996, a asociación fai un acto de recoñecemento a dúas mulleres traballadoras do noso concello, cada ano nunha parroquia: mulleres maiores cunha vida difícil, compaxinando o coidado da familia coas máis variadas profesións ( leiteiras, peixeiras, costureiras, mulleres que lavaban roupa para a xente rica dalquén momento, etc.). O acto consiste en facer unha lembranza da súa vida, destacando tanto aqueles momentos duros como aquelas historias que lles sucederon e foron motivo de ledicia e risa; intentamos que sintan que ese é o seu día; entregámoslle uns ramos de flores e outros agasallos, presenciamos a actuación de grupos de baile, de cantareiras, ou de música sen máis; e rematamos compartindo unha merenda todas as persoas presentes no acto. Este ano celebraremos este acto o domingo 14 de marzo, na parroquia de Sanguiñeda, e xa vos daremos boa conta del neste espazo que compartimos. De momento achegámovos dúas imaxes do acto do pasado ano.
- Engadir novo comentario.
- 11912 lecturas
Val da Louriña prepara outra obra de teatro 2
O grupo de teatro da asociación Val da Louriña, "Mistura", naceu nun curso de teatro subvencionado polo concello no ano 2006. Monse, a monitora, conseguíu que daquel curso saíra primeira representación, unha adaptación da obra "Os cravos de prata", que foi estreada no local do Chan do Bosque a comezos do ano 2007. Aínda que parte das súas compoñentes se foron do grupo, ao mesmo tempo, outras se foron incorporando.
O ano 2009 foi o máis produtivo para o grupo: Fixeron unha adaptación de "O enfermo imaxinario" que foi representada no Pazo de Mos; posteriormente levaron a obra por varios locais sociais do concello (Louredo, Cela, Herville, Peinador, Amieirolongo).
Agora xa están centrados no estudo dunha nova obra que nos ofrecerán ao longo deste 2010.
- 2 comentarios
- 13079 lecturas
Solidariedade con Haití 19
- 19 comentarios
- 30533 lecturas
Continúa a actividade na asociación Val da Louriña: Encaixe de bolillos 4
Tralo paréntese navideño, comezamos o novo ano retomando os cursos e obradoiros que se interromperan coas pasadas festas. Unha destas actividades é a de encaixe de bolillos, na que, como poderedes apreciar, fan traballos impresionantes.
O curso de bolillos ten lugar todos os mércores pola tarde no local da asociación de veciños, en O Piñeiro (Sanguiñeda). Pastora é a monitora, que xa tén unha máis que probada experiencia neste tema. Amosamos dous dos traballos que están rematando agora.
No referente a outras actividades, xa vos iremos contando en qué andaremos metidas este ano, xa que, ademais de continuar con eses cursos e obradoiros permanentes (pintura e manualidades, ximnasia, labores, teatro, etc), estamos organizando algunha charla sobre a fibromialxia e unha visita ás instalacións da factoría Citroen en Vigo. De todo o que vaiamos facendo xa vos iremos informando.
- 4 comentarios
- 13290 lecturas
Escenificación do Belén vivente na Cabalgata de Mos 2
A asociación Val da Louriña de Mos volveu a representar o presebre vivente na Cabalgata que se organiza no Concello. Logo de 2 anos sen facelo, esta vez incorporamos novos elementos na escenificación.
A representación contaba ( ademais dos imprescindibles San Xosé, a Virxe e o neno) cunha lavandeira, tres pastoras adultas e seis pastorciños. Como novidade incluímos dúas galiñas e un galo de Mos.
Aproveitamos para desexarvos a todas FELIZ ANO 2010!!!
Se queredes contactar con nós valdalourinha@gmail.com
- 2 comentarios
- 18296 lecturas
Valdalouriña deséxavos o mellor para o novo ano 1
- 1 comentario
- 10242 lecturas
Iniciar sesión
Links Val da Louriña
RuraisLAB Galego
RuraisLAB é un laboratorio ciudadán para a innovación social no medio rural, baseado nas necesidades e inquietudes da muller.
Archivo
- Decembro 2016 (2)
- Outubro 2016 (2)
- Agosto 2016 (1)
- Xuño 2016 (2)
- Maio 2016 (2)
- Febreiro 2016 (3)
- Xaneiro 2016 (1)
- Decembro 2015 (1)
- Septembro 2015 (1)
- Agosto 2015 (1)
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »