Reply to comment
CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA. "CORTA CO MACHISMO. Está na túa man" 1
O COLECTIVO FEMININO “FRAGA DAS SAÍMAS” PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA BAIXO O LEMA “CORTA CO MACHISMO. Está na túa man”
As socias do colectivo Fraga das Saímas veñen de poñer en marcha a campaña CORTA CO MACHISMO. Está na túa man! con motivo da conmemoración do 25 de novembro e coa que o colectivo feminino pretende denunciar o machismo social e institucional que está presente na realidade do día a día da nosa sociedade actual co obxecto de que tod@s castiguemos eses comportamentos machistas, porque O MACHISMO MATA, e así lograr entre tod@s avanzar cara a eliminación deste virus mortal cada vez máis enquistado na nosa sociedade.
O Colectivo Fraga das Saímas repartirá camisetas (prezo simbólico de 2,5 € para as socias e 3 € para o resto) co slogan da campaña e distribuirá os folletos da campaña “Corta co Machismo” a través das membros da asociación, do seu blog http//mulleresfragadassaimas.blogspot.com e librerías e tendas de Viveiro. Folletos nos que, as persoas que participen nesta campaña de denuncia e concienciación, atoparán no seu interior o crucigrama "non xogues co machismo" que deberán resolver axudándose de 20 mostras de machismo que aparecen relatadas neste folleto e que no caso de o resolveren correctamente e de seren unha das cinco primeiras persoas que achegan a resolución do mesmo á asociación, ben vía correo electrónico (fragadassaimas@gmail.com), mensaxe privado ao facebook (fragadassaimas..), whastsApp (tfo. 628681118) ou entregándoo persoalmente á presidenta, que dará fé da data e hora de recepción, recibirán gratuitamente unha camiseta da campaña e ademais a gañadora será convidada ao concerto de Lydia Botana (Bolboreta) e a unha cea de confraternidade co colectivo feminino que celebrarán o sábado 20 de decembro.
»
- Fragadassaimas's blog
- Add new comment
- 12084 reads
Reply
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- March 2021 (1)
- December 2020 (3)
- July 2020 (2)
- March 2020 (4)
- February 2020 (3)
- December 2019 (1)
- October 2019 (2)
- August 2019 (2)
- July 2019 (1)
- June 2019 (2)