Reply to comment
FRAGA DAS SAÍMAS E A SÚA ANDAINA
No campo da conservación do patrimonio natural e o desenvolvemento sostible do rural, este colectivo sempre estivo fortemente comprometido e así o demostran as diferentes campañas de sensibilización que levou estes anos, con concursos fotográficos como Fraga das Saímas, Monumento Natural eimaxesRAPAcandaoso, dirixido a todos os aficionados e amantes da natureza maiores de 18 anos; os concursos de debuxo e pintura Descubre a Fraga das Saímas e Paseando pola Fraga das Saímas, dirixido aos nenos e nenas de Viveiro; o concurso de Ecometraxes Aldeas sustentables. As chaves para un futuro saudable e de calidade; a campaña de deseño e distribución de bolsas ecolóxicas multifuncionais… E, xa neste último ano, o colectivo feminino organizou as súas Iªs Xornadas Micolóxicas nos Montes do Buio e desenvolveu un proxecto experimental de compostaxe caseira, durante o cal tamén se impartiron talleres de reciclaxe de aceites domésticos e de ECOlimpos.
Dentro das actuacións desenvoltas para preservar o patrimonio material, inmaterial e cultural da parroquia, a Directiva deste colectivo amosouse especialmente satisfeita por ter feito realidade unha particular homenaxe ás veciñas e veciños de San Andrés de Boimente a través da edición do Fotolibro e do DVD O Espello das Lembranzas e dunha exposición fotográfica, co mesmo título, que permanece desde hai tres anos no seu Centro Socio-cultural para goce e disfrute dos visitantes. Así mesmo, Fraga das Saímas, ven de abrir hai uns meses as portas da súa biblioteca veciñal que conta con fondos documentais impresos, audivisuais e unha pequena fonoteca. Tamén está a traballar, en colaboración coa súa socia Luisa Martínez, na recollida da microtoponimia e xenealoxía da parroquia, así como na búsqueda de elementos etnográficos da zona para organizar a montaxe dunha Mostra Etnográfica.
Co Programa Turisteando por Terras lucenses, posto en marcha hai un par de anos por este colectivo, as socias, familiares e amigos de Viveiro visitaron concellos como o de Castro de Rei, Xermade, Outeiro de Rei, A Pontenova ou Ribadeo para profundizar no coñecemento do seu patrimonio industrial, artesanal, histórico e natural. Pero tamén co colectivo Fraga das Saímas viaxaron ao longo destes anos máis dun cento de persoas para coñecer as Comarcas de Ribeira Sacra, da Costa da Morte, de Ferrol-Ortegal, das Rías Baixas e mesmo a Comarca da Sidra, o Oviedo histórico Medieval e Portugal.
- Fragadassaimas's blog
- Add new comment
- 9963 reads
Reply
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- March 2021 (1)
- December 2020 (3)
- July 2020 (2)
- March 2020 (4)
- February 2020 (3)
- December 2019 (1)
- October 2019 (2)
- August 2019 (2)
- July 2019 (1)
- June 2019 (2)