Salud
Rebrote del virus del sarampión 2
El sarampión rebrota con fuerza, cuando la Organización Mundial de la Salud (OMS) databa su práctica erradicación para 2015. Los datos del Centro Europeo para el Control de Enfermedades Infecciosas alertan de un claro repunte en España, así como en el resto del continente. Cerca de 3.000 españoles padecieron el virus en el pasado año, frente a los escasos 173 de 2010.
Los pediatras apuntan como origen del repunte al descenso de cobertura de vacunación, que se sitúa en el 85%, cuando el bloqueo de una enfermedad se produce en el 95%. Una disminución provocada por la relajación natural de los padres, la reducción del número de visitas de los niños al médico y el alza de la tendencia hacia una forma de vida naturista; «pasar la enfermedad y no vacunarse», explica Javier Arístegui, miembro del Comité Asesor de Vacunas de la Asociación Española de Pediatría (AEP).
- Noticias's blog
- 2 comments
- 398 reads

Charla Primeiros auxilios e soporte vital básico

A doutura Porrit explicou os catro pasos que hai que dar ante unha situación de :
- Previr: tabaco, alcol, colesterol e outros factores provocan situacións de risco.
- Protexer: Antes de axudar a alguén hai que poñerse a salvo de máis riscos, tanto para o ferido como para a persoa que auxilia
- Avisar: ao Servizo de emerxencias
- Socorrer: á persoa que está en perigo mentres agardamos polos servizos sanitarios.
Fixo un breve repaso polas actuacións a realizar no caso de feridas, hemorraxias, picaduras, fracturas, queimaduras, asfixia, etc.
Donde máis tempo empregou foi en explicar, e mesmo practicar, a reanimación cardiopulmonar (RCP). O protocolo actual indica ciclos de 30 compresións torácicas e 2 respiracións ata que cheguen os Servizos de emerxencias.

- valdalourinha's blog
- Add new comment
- 2464 reads

Apuntamentos e imaxes da Charla sobre prevención do cancro
Este xoves día 19 tivo lugar a charla sobre prevención do cancro que organizamos en colaboración coa Xunta local de Mos da Asociación contra o cancro. María de los Ángeles Pereira Roibal, médica especialista da asociación, foi a encargada de expór polo miúdo tanto as causas como o que hai que ter en conta para previr o cancro.
O cancro é unha enfermidade caracterizada por unha división e un crecemento incontrolado das células, as cales teñen a capacidade de invadir o órgano donde nacen e logo moverse polo sangue a outro órgano e medrar alí.
As causas da aparición do cancro son: a) Axentes externos nun 75% (tabaco; alcol; exposición excesiva ao sol e a produtos químicos,...); b) Mutacións xenéticas nun 20%; c)Predisposición xenética nun 5%.
- valdalourinha's blog
- Add new comment
- 3326 reads

Charla: "O cancro, a súa prevención e os coidados paliativos" 2

A charla terá lugar o xoves día 19 de maio, a partir das 19.30h, no Local social de O Piñeiro. Contaremos coa presenza de Mª de los Ángeles Pereira Roibal, médica especialista da asociación. Convén ter sempre presente que o cancro é unha enfermidade común, polo que temos que estar informadas.
- valdalourinha's blog
- 2 comments
- 3189 reads

Pilates na asociación Val da Louriña 1
A asociación Val da Louriña de Mos, dentro das súas actividades, dedica un espazo á saúde en forma de exercicio: un curso de Pilates
A este curso asisten 15 persoas, dous días á semana; é un curso de 20 horas subvencionado polo concello.
Nas imaxes ofrecémovos distintos exercicios levados a cabo na última clase de Pilates.
- valdalourinha's blog
- 1 comment
- 2512 reads

Apuntamentos da charla sobre a fibromialxia
Este xoves día 21 de outubro, tivo lugar unha interesante charla sobre a fibromialxia, organizada pola asociación de MMRR Val da Louriña de Mos, coa colaboración da Asociación Galega de fibromialxia e o Centro de Saúde de Mos. O numeroso público que asistíu dá idea da cantidade de doentes que a padecen.

Á dereita aparecen, de esquerda a dereita, a Presidenta da Asociación (Mariví Ben Ledo), a Presidenta de Agafi (Dolores Bermúdez) e o Xerente do Centro de Saúde de Mos (Justo G. Ballesta).
O primeiro en intervir foi o doctor Ballesta, que deu uns apuntamentos sobre esta enfermidade caracterizada por un cansazo crónico, un sono leve, dor persistente, rixidez de músculos e tendóns, dor de cabeza ou problemas de memoria. Afecta máis a mulleres en idade reprodutiva, e a causa exacta é descoñecida. Todo apunta a que se trata dun proceso multifactorial.
Pola súa banda, a Presidenta de Agafi suliñou a dificultade de chegar a un diagnóstico, antes do cal o doente está condeado a unha procesión de especialista en especialista; este proceso chega a durar varios anos. Aconsella non abusar dos medicamentos, usalos sólo cando se producen brotes. En canto a posibles factores que suavicen os síntomas, citou o exercicio físico moderado, alimentación sá e adecuada , controlar o peso, a balnoterapia.
En canto ás funcións que realiza esta asociación, ademais de charlas: Dispoñen dun médico e un psicólogo; loitan polo recoñecemento desta enfermidade; esixen máis investigación sobre esta doenza. En canto ao recoñecemento desta enfermidade, xa conseguiron que, a instancias do BNG, se levase esta proposta ao Parlamento galego, donde foi aprobada por unanimidade. Agora agardan que no Parlamento español corra a mesma sorte.
- valdalourinha's blog
- Add new comment
- 3545 reads

CLASES DE AEROBIC
Comezamos as clases de aerobic.
A partir do día 2 de novembro comezaremos coas clases de aerobic,para pornos en forma antes
das navidades. Tamén vamos a ter tres horarios, para asi poder facilitarlle a todos os socios a
opción de asistir, e tamén os grupos van a ser como máximo 18 persoas.
Os horarios serán de : 19:00 a 20:00 h, de 20:00 a 21:00 h e de 21:00 a 22:00 h.
As clases van a darse na Casa de Cultura da Cañiza.
Como vedes vamos a pornos todos en forma para poder comer o turrónnnnnn.
Mais adiante xa colgaremos algunha foto dos grupos.
- chorima's blog
- Add new comment
- 2712 reads

Pilates en fotos 5
Lo prometido es deuda... Aquí van algunas de las fotos del curso de pilates: Las clases comienzan el día 9 jueves de 21:30 a 22:30 horas plazas limitadas telefono 678-920-510
- tempoganado's blog
- 5 comments
- 1132 reads

Curso de dieta sá e equilibrada para a familia 1
Curso moi interesante impartido por unha nutricionista; este tipo de cursos sempre ten moi boa acollida na nosa asociación.
Na imaxe inferior a monitora vai analizando a composición dos produtos que aparecen enriba da mesa.
Este curso é subvencionado en parte polo concello.
- valdalourinha's blog
- 1 comment
- 1936 reads

FALAR E ESCOITAR
- tempoganado's blog
- Add new comment
- 1163 reads

COIDANDO DA NOSA SAUDE
Na Asociación Portas Abertas damos comezo o novo ano co propósito de coidarnos mais, polo que para mentalizarnos, imos realizar unhas xornadas dentro do Programa Tempo de Mulleres que cada ano nos ofrece o Servizo Galego de Igualdade para o Home e a Muller.
Titúlanse "POTENCIANDO O NOSO CORPO", e vanse levar a cabo os días 20 e 22 de xaneiro de 16.00 a 1800h, no Centro Cultural e Social do Picouto en Ramirás.
Espero que asistan moitas persoas porque prometen estar interesantes, e ademáis quere dicir que empezamos o ano con enerxías renovadas.
Por suposto, invitamos a todas aquelas que esteades interesadas. Así tamén nos podedes coñecer.
Tamén vos comento, que onte comezamos de novo a actividade de "Ximnasia para a Saúde". As asistentes estan encantadas e notan moita melloría tanto a nivel físico como mental.
Animádevos todas a practicar algúnha actividade física que é boísima!!
- portasabertas's blog
- Add new comment
- 2410 reads

O Campanario hace Yoga 1
Esta foto es de una de nuestras clases de Yoga, la monitora es Rosa, la presidenta actual de la asociación.
- ocampanario's blog
- 1 comment
- 1079 reads

Unha actividade para estar en forma... ximnasia!

E tamén nos poñemos en forma! É unha das actividades que se repite outro ano: a ximnasia! Iso é porqué gústanos estar ben por dentro e por fóra, e a saúde é importante. Sen contar o agradable e divertido que é!
- ledicia's blog
- Add new comment
- 2601 reads

Ya comenzamos las clases de gimnasia!!! 1
La semana pasada retomamos las clases de gimnasia de mantenimiento. Después del verano hay que volver a ponerse en forma!!

Las que todavía no os hayais anotado...No lo dudeis más!!!

Somos 18 mujeres de todas las edades, hacemos ejercicios con pesas, abdominales...
Es divertido, pasamos un buen rato y además es saludable ¿Qué más se puede pedir?
- tempoganado's blog
- 1 comment
- 839 reads

Charla sobre a Saude da Muller
O pasado mes de Outubro asistimos a unha charla sobre a Saúde da Muller.
Aprendimos moito, os controis anuais que debemos facer, como autoexplorarnos... Foi moi productiva, a verdade. Despois aproveitamos para ir a comer todas xuntas e disfrutar dun tempo para nos.
- ledicia's blog
- Add new comment
- 2365 reads

User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- May 2012 (1)
- March 2012 (5)
- February 2012 (16)
- January 2012 (5)
- December 2011 (10)
- November 2011 (21)
- October 2011 (18)
- September 2011 (14)
- August 2011 (5)
- July 2011 (20)
