RSS

mulleresnogueira

18 March 2013

Últimas novidades 5  

 

Ola amig@s,

Aquí estamos de novo despóis dun longo tempo en silencio, pois non foi un ano moi doado para a asociación debido á falta dalgunhas socias, e á de familiares moi achegados doutras.

E por isto  estivemos moi inactivas, ainda que algo fixemos. Proba diso son as fotos que acompañan este saúdo. Son dúas viaxes e o curso de "Pensa en ti", que rematamos hai un tempo. Foi de pintura en tea, e por certo, gustounos moito. 

Isto é todo polo de agora, e prometemos non estar tanto tempo sen contarvos cousas novas.

Un saúdo.

Mulleres Rurais "Nogueira"

 

 

 

05 September 2011

VII FESTA DO OVO ESCALFADO!!! +  

 Hola a tod@s!!

O pasado 31 de xullo celebramos a "VII Festa do ovo escalfado" na parroquia de San Lourenzo de Nogueira.

Alí reunímonos  socias e non socias para pasar un domingo diferente e animado, onde estiveramos xuntos da mellor maneira que sabemos facer en Galicia...¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡COMENDO E BAILANDO!!!!!!!!!     

O tempo portouse ben e Lourenzo acompañounos deixandonos un día de sol do que puidemos disfrutar todos e todas. Comezamos ao mediodía comendo e continuamos a festa toda a tarde con baile, charlas e risas.

Compartimos aquí con vós algunhas fotos que recollen diferentes momentos deste día de diversión.

Un saúdo!!

2345
2347
2349
2351
2353
2355
2357
2341

12 July 2011

Presentación 3  

Hola amigas e amigos!!

Para familiarizarnos un pouco, imos a presentar a nosa Asociación.

Somos as Mulleres Rurais "Nogueira" de San Lourenzo de Meis.     

Esta asociación fundouse en febreiro de 1992 por un grupo de vecñas que o único que querían era reunirse no seu tempo de ocio, xa que este tempo é fundamental no desenvolvemento das persoas.                                                                                                                                              Mecedes, Lucía, Sofía María, Trinidad, Argentina, Mariluz e Lola somos un grupo que facemos a terceira directiva; pero nós non seríamos nadie sen o resto das socias, xa que algunhas levan nesta asociación desde que se fundou e todas representamos unha parte importante dentro deste grupo.                                                                                           Desde que se fundou esta asociación xa fixemos moitas viaxes, cursos e festas co fin de pasalo ben e rirnos moito, ao mesmo tempo que nos formamos un pouco. Por eso....

ESPERAMOS QUE DUREN MOITOS ANOS!!!

 

 

23 November 2010

SEGUIMOS AQUÍ!!!!!!!!!!! +  

OLA A TODAS.

QUERO EMPEZAR ESTE POST PEDINDO DISCULPAS POR TERVOS TAN ABANDONADAS, PERO É QUE A NOSA ASOCIACIÓN ESTÁ MOI PARADA E NON TEÑO NOVAS QUE CONTAR!!!

ESPERO QUE AGORA QUE SE ACERCAN AS DATAS DE NADAL SE ORGANICE A CEA TRADICIONAL OU ALGUNHA VIAXE PARA REACTIVAR A ASOCIACIÓN E O BLOG.

     O PASADO DOMINGO LEVOUSE A CABO UNHA REUNIÓN PARA ELIXIR UNHA NOVA SECRETARIA E PARA TRATAR O TEMA DA COMIDA DE NADAL.

ESPERAMOS QUE CON ESTA NOVA

592
INCORPORACIÓN A ASOCIACIÓN REXURDA DAS CINZAS QUE INDA QUEDAN E QUE VOLVAMOS A FUNCIONAR IGUAL OU MELLOR QUE ANTES, XA QUE NECESITAMOS UN CAMBIO URXENTE!!!

 

UN SAÚDO A TOD@S

18 May 2010

CURSO DE PANDERETA 2  

POR FIN DEMOS COMEZO POR SEGUNDO ANO CONSECUTIVO Ó CURSO DE PANDEIRETA E CANTO POPULAR!!!

COMO O ANO PASADO O PASAMOS TAN BEN, ESTE DECIDIMOS REPETIR, A VER QUE TAL NOS VAI!! MÁIS DE UNHA ACABARÁ SENDO TODA UNHA EXPERTA!! JEJE

 

UN SAÚDO A TODAS.

12 April 2010

NOVAS DE NOGUEIRA 1  

OLA A TODAS,

XA FAI MOITO QUE NON ACTUALIZO O BLOG PORQUE A VERDADE É QUE  NON TIÑA MOITAS NOVAS QUE CONTAR.

SALIENTAR QUE SEGUIMOS CO CURSO DE LABORES E QUE NON ME ESQUECIN DAS FOTOS, CANDO HAXA ALGUN TRBALLO REMATADO MOSTRAREINO.

EN CANTO A VIAXES, ALGUNHAS DAS SOCIAS REPETIRON A EXCURSIÓN A LALIN ONDE DERON BOA CONTA DO SEU FAMOSO COCIDO!!!! E QUE SEPADES QUE ESTAMOS PREPARANDO UNHA VIAXE A SANIAGO PARA ASISTIR A MISA DO PEREGRINO E PASAR POLA PORTA SANTA.

UN SAUDO A TODAS AS QUE LEDES ESTE BLOG.

09 March 2010

CURSO DE LABORES 5  

OLA A TODAS!!!

A ASOCIACIÓN NOGUEIRA POR FIN DEU COMEZO Ó SEU CURSO DE COSTURA E LABORES. PROMETO IR SUBINDO FOTOS DOS NOSOS TRABALLOS PARA QUE TODAS VEXADES O RESULTADO DO CURSO. SE ALGUNHA DE VOS QUERE PARTICIPAR ANIMADEVOS QUE INDA ESTRADES A TEMPO!!!!

UN SAÚDO!!

08 March 2010

DIA DA MULLER 3  

 
 
1.Día da muller traballadora. ¿Creedes que segue a facer falta a celebración deste día?
A MULLER TRABALLADORA DEBERIA RECOÑECERSE TODOS OS DIAS, PERO ESTÁ BEN QUE SE SIGA LOITANDO E QUE SE FAGAN INICIATIVAS PARA LOGRALO POLO MENOS UNHA VEZ NO ANO.

2.As super-mulleres: son amas de casa, mamás, traballan tamén fóra da casa, levan a economía familiar…e todo elas soas.
¿É esa a realidade da muller actual?
É A REALIDADE DE MOITAS MULLERES NA ACTUALIDADE.

3.¿E ese o modelo a alcanzar?
AS MULLERES SOMOS MOI ESIXENTES CON NÓS MESMAS E QUEREMOS QUE TODO FUNCIONE BEN, DE AHÍ QUE MOITAS DE NOS PRETENDAMOS CONSEGUIR ALCANZAR ESTE MODELO.

4.¿Debería existir tamén a figura do super-home e que todas esas tarefas estivesen repartidas o 50%?
POR SUPOSTO QUE SÍ!!!!  ESE DEBERÍA SER O MODELO A ALCANZAR POR TOD@S PARA QUE TODO FUNCIONASE MELLOR!!!

5.Igualdade nos postos de traballo…
¿Existe realmente?
CADA VEZ HAI MAIS IGUALDADE ANTE O TRABALLO, INDA QUE QUEDA MOITO POR FACER.

6.¿Seguen a existir traballos de homes?
CADA VEZ SON MENOS, PERO HAINOS. AFORTUNADAMENTE HAI MOITAS MULLERES QUE LOGRAN DESEMPEÑAR ESTE TIPO DE TRABALLOS E CADA VEZ É MENOS EXTRAÑO QUE UNHA MULLER SEXA ALBANEL, CAMIONEIRA OU CALQUERA OUTRA COUSA QUE SE PROPOÑA.

7.¿Coñecedes algún caso onde muller e home desempeñen o mesmo posto de traballo e o salario da muller sexa menor?
AFORTUNADAMENTE NON.

8.¿Ser muller entorpece á hora de ascender?
NON COÑEZO NINGÚN CASO, INDA QUE SUPOÑO QUE O SER MULLER EN ALGUNS CASOS IMPLICA TER MÁIS RESPONSABILIDADES NA VIDA FAMILIAR E MENOS TEMPO PARA A LABORAL. SOMOS AS PROPIAS MULLERES AS QUE TEMOS QUE IMPEDIR QUE ESO PASE.

9.¿Deféndense de igual maneira os dereitos dunha muller directiva que os dunha limpiadora?
ASÍ DEBERÍA SER.

10¿Existe a igualdade efectiva das mujeres, igualdade real no desempeño dun posto de traballo? ¿A igualdade no día a día das mulleres traballadoras?
NALGUNS POSTOS SÍ, PERO INDA AQUEDA MOITO POR LOGRAR.

11.Creedes que o modelo de goberno en paridad (mesmo número de ministros homes e mulleres) ten algunha repercusión real.
NON, Á  HORA DA VERDADE TODO É MARKETING.

12.O desempeño de altos cargos por mulleres ¿acrecenta as posibilidades de cambio hacia a igualdade entre os xéneros?
CREMOS QUE SÍ, ISTO FAI QUE SE VEXA QUE AS MULLERES SOMOS IGUAL DE CAPACES OU MÁIS QUE OS HOMES.

13.¿A ley de igualdade del 2007 tivo repercusión real na sociedade?
Principio de "Igualdade de trato entre mulleres e homes".ausencia de toda discriminación por razón de sexo, tanto directa como indirecta
Asegurar unha representación suficientemente significativa de ambos sexos en órganos e cargos de responsabilidade.
CALQUERA MEDIDA QUE SE TOME APORTA UN GRAN DE AREA A QUE A IGUALDADE AVANCE.

14.O papel dos avós:
¿Poderían as mulleres con fillos seguir traballando sen axuda dos avós?
SE EXISTISEN MÁIS AXUDAS PROBABLEMENTE SÍ.

 15.A conciliación laboral…
¿é unha utopía?
CADA VEZ HAI MÁIS FACILIDADES PARA QUE POIDA SER UNHA REALIDADE PERO INDA É UNHA UTOPÍA PARA MOITAS DE NÓS.

16.¿facilitan as empresas a conciliación da vida laboral coa familiar?
NON TODAS. DEBERIA HABER MAIS EMPRESAS QUE O FIXESEN ADAPTANDO OS HORARIOS E DANDO MAIS FACILIDADES. ESPEREMOS QUE A COUSA AVANCE!!!
 

23 December 2009

CENA DE NADAL 2  

OLA A TODAS!!!

Como cada ano a asociación de mulleres Nogueira celebrou a sua CENA OFICIAL de nadal. A de este ano foi celebrada no "Bar A Cultural" de San Lorenzo de Nogueira. Inda que nos ultimos anos a participación nesta cena baixara moito este ano conseguimos que moita xente se animase a participar outra vez e fomos 30 os que disfrutamos da xuntanza.

Como toda cena que se precie tivemos champán, foguetes e o posterior baile para alongar a xornada. Aqui vos deixo algunhas das fotos que sacamos para recordar ese bonito día.

 

26 November 2009

Nogueira no día contra a violencia de xénero 7  

 Ola, por fin conseguimos subir este vídeo!!!!! Sei que o trato era escoller unha das fotos para poñela neste post, pero como fixemos tantas e non me daba decicido por unha fixen esta bonita montaxe para que cada unha escolla a foto que máis lle guste ok? Haber que vos parece!!!!!!

23 November 2009

CEA DE NADAL 3  

A asociación Nogueira xa ten data e lugar para a cea de nadal!!! Como todos os anos estas datas son a excusa perfecta para xuntarse e ter unha noite de festa, asique esperamos que sexan moitas as socias que se apunten!!! A cea terá lugar o 19 de decembro na cafetería " Cultural" de San Lorenzo. Animadevos que seguro será moi divertida!!!

23 November 2009

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 4  

 
1.      ¿Vais a hacer alguna actividad especial para conmemorar el día 25?
De momento non temos nada programado, inda que asistiremos a unha charla que ten previsto realizar o concello.

2.      ¿Manteneis contacto con alguna asociación de ayuda a la mujer maltratada?
Non.

3.      ¿Creeis que la sociedad está concienciada realmente ante este problema?
Cremos que inda queda moito camiño por percorrer inda que nos últimos anos a sociedade cambiou moito e o maltrato está deixando de ser un tema tabú.

4.      ¿Dónde creeis que radica la actitud violenta de algunos hombres hacia la mujer?
Esta é unha pregunta moi difícil de contestar. Pode que a educación ou a sociedade tan machista que hubo durante tantos anos en España teñan moito que ver. Os homes eran educados para mandar e as mulleres para obedecer e atender en todo os seus maridos, do que pasaba na casa ninguén falaba. Inda que iso xa cambiou e seguen aparecendo casos, polo que tamen pensamos que cada persoa e responsable dos seus actos e que xa hai quen é violento por natureza.
 
5.      ¿Creeis que los niños y jóvenes que crecen en esta sociedad están concienciados?
Afortunadamente cada vez hai máis información e máis medios ó alcance de todos para poñerlle solución a este tipo de problemas, polo que todos estamos máis concienciados. A xente xoven xa non ten tantos reparos á hora de denunciar ou falar do problema.

6.      ¿Cuáles son las pequeñas cosas diarias que creeis que hay que cambiar para solucionar este tema?
Algo moi importante está na educación. Débese inculcar a igualdade e facerlle ver ós nenos e nenas que ninguén é mellor ou peor por cuestión do sexo que teña. Tamén é importante seguir mellorando as medidas de protección e os medios dos que dispoñen as mulleres maltratadas para facilitarlle o camiño cara a sua liberdade e endurecer as penas ós maltratadores; é indignante que unha muller saia de poñer unha denuncia por malos tratos e teña que volver á casa a convivir co seu maltratador. A sociedade ten que seguir tomando conciencia da magnitude desta lacra para que ninguén quede calado ou indiferente ante un destes casos.

7.      ¿Pensais que la ley debería ser más dura ante estos hechos?
Por suposto. Deberíanse endurecer as penas a maltratadores e axudar máis a quen padece este problema. Evitaríanse moitas mortes, xa que moitas destas vítimas teñen postas cantidade de denuncias e incluso ordes de afastamento que non se cumplen.
 
Oxalá algún día as mortes por violencia de xénero deixen de ser noticia e en vez de contar a cantidade de vítimas poidamos contar a cantidade de mulleres que lle poñen fin ó seu cautiverio e a cantidade de maltratadores que pagan polo seu delito.
QUE NIGUÉN TE FAGA CHORAR MÁIS, NUNCA PERDAS A TUA DIGNIDADE.
 

07 November 2009

CURSOS EN MARCHA +  

  

Seguimos co noso curso de manualidades e nas proximas semanas esperamos dar comezo ó de labores, asi que todas aquelas socias que estedes interesadas xa sabedes, animadevos que de seguro que vos gustan!!!!

05 November 2009

VIAXE A BAIONA 1  

O pasado martes algunhas das mulleres da asociación foron de viaxe por medio da Deputación de Pontevedra ata os lugares de Baiona e Noia. Nesta viaxe tiveron a oportunidade de coñecer un pouco mellor a nosa provincia e os fermosos lugares que moitas veces temos cerquiña da casa e sen sabelo. Compartiron viaxe e experiencia cunha asociación de Cuntis, asi que ademais de turismo fixeron algunha que outra amizade. O máis destacable do viaxe, segun di a maioría, o fermoso Parador de Baiona e a Virxe da Roca.

28 August 2009

Viaje a Portugal +  

El pasado fin de semana hicimos una de nuestras "escapadas", nos gusta salir de Meis, conocer sitios nuevos y cambiar de aires.

El Sábado 22 viajamos a Santa Lucía, en Portugal. Tras la visita fuimos a comer a Camiña y ya de tarde paramos en Vilanova de Cerveira para hacer algunas compras en el mercadillo.

Fue un buen viaje, nos reimos mucho y disfrutamos el día juntas.

Follow us...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

User login

RuraisLAB English

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

European Digital Agenda 2020

European Digital Agenda