lolitatrigo
Reunión das asociacións da nosa Parroquia
Por iniciativa da Asociación de Mulleres Rurais Lolita Trigo, celebrouse unha reunión con distintas asociacións da parroquia. As asociacións aqui reunidas coa directiva da nosa asociación foron ANPA do C.P. Viñagrande, Unión Deportiva San Miguel de Deiro e Amigos da Música de San Miguel. O principal tema a tratar foi a solicitude o Concello de Vilanova de Arousa o derribo das ruinas sitas no Monte Da Lomba, entre as instalacións do colexio público, o pabillón de deportes e o campo de futbol.
Estas ruinas levan ali xa mais de 20 anos donde se iva a ubicar a casa de cultura, dita casa de cultura nunca se chegou a facer, pero ali quedaron o que hoxe son as ruinas. A zona esta moi descoidada, chea de maleza (o cal podedes ver nas fotos); na cal temos constancia que nos ultimos dias estan aparecendo reptis de grande tamaño, e sendo lugar de reunión para botellóns e incluso mozos q ali trafican con droga. Creemos que é un perigo que siga iso ahi, especialmente para os nenos usuarios das ditas instalacións.
O acordo principal foi facer un escrito de solicitude o Concello para q derriben ditas ruinas, limpien a zona e a acondiciones cun parque infantil.
Ademaís cabe destacar que nesta reunión tamén acordamos estar máis unidos para futuros proxectos xuntos, como poden ser solicitudes para a parroquia ou a organización de actos coa participación das catro asociacións.
- Add new comment
- 13137 reads
Representación teatral do Grupo de Teatro " A Prixela" 3
Despois de moito tempo sen ter noticias nosas, queremos invitámosvos a todas á representación que vai interpretar o GRUPO DE TEATRO A PRIXELA da obra teatral "O ACHADO DO CASTRO" que se represantará o próximo sábado 24 no Auditorio Municipal de A Illa de Arousa as 21:00 horas. Esperamos vervos ali a todas.
- 3 comments
- 16078 reads
FELICITACIÓN NAVIDEÑA de LOLITA TRIGO 1
Coma tódolos anos, enviamoslles nosas socias una Felicitación de Nadal, e pra vos todas fixemos esta outra. Esperamos que vos guste. Feliz Nadal a todas e Feliz año 2010.
- 1 comment
- 11613 reads
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 NOVEMBRO 2
- 2 comments
- 12164 reads
HISTORIA DA ASOCIACION DE MMRR "LOLITA TRIGO" DE SAN MIGUEL DE DEIRO 4
A Asociación de MMRR "Lolita Trigo" de San Miguel de Deiro en Vilanova de Arousa foi creada no ano 1995, sendo a A Acta de Constitucion do día 12 de setembro do mesmo ano. Este nome púxose na honra da mestra que fai 20 anos loitou por conseguir un obxectivo similiar: organizar un colectivo femenino na parroquia.
A idea asi como a creación da Asociacón debese a unión de antigas alumnas de Lolita Trigo, así como a posterior unión das mulleres da parroquia que pronto apoiaron este proxecto.
O obxectivo da Asociación e fomenta- lo desenrolo da muller para mellorar o seu entorno as súas condicions de vida.
En estes 14 anos fixeronse todo tipo de cursos: informatica, corte e confección, bolillos, pandereta e canto tradicional, manualidades, pintura, resturación, confección do traxe rexional, tapiceria, relaxación, aerobic, bailes de salón, calceta, labores, entre moitisimos outros. Asi como as viaxes que se organizaron por a xeografía galega e Portugal.
Procuramos tamén facer festivais tanto de Nadal como para a celebración do Día das Letras Galegas. Pertencen a Asocición o grupo de Teatro "Prixela" e un grupo de pandereteiras, dos que falaremos en otros apartados.
Queremos destacar que tamén somos socias colaboradoras da Fundación Vicente Ferrer de axuda ás mulleres da India.
- 4 comments
- 19371 reads
As Navidades están a chegar... 2
Outra vez a buscar a Virxe, o neno....
Se alguén se anima a axudar a monta-lo Belén estas Navidades que se poña en contacto coa directiva...Cantos máis mellor....
- 2 comments
- 18694 reads
Benvidos o blog de "Lolita Trigo" 2
A asociación de mulleres Rurais "Lolita Trigo" de Vilanova estrea hoxe o seu blog. Adaptándose así os novos tempos e ás novas tecnoloxías.
Dende aquí publicaremos as novas da asociación!
- 2 comments
- 19027 reads
¿Apetécevos cociñar? 1
Como cada ano este inverno organizaremos o curso de cociña...
A ver se así innovamos en Noiteboa....
- 1 comment
- 18986 reads
Verdadera artesanía... 2
A verdade é que do curso de bolillos saen verdadeiras obras de arte!!
Deixámosvos algunhas fotos para que vexades as artesanías de Lolita Trigo!
- 2 comments
- 21145 reads
Representación do grupo de teatro... 1
Recordando, recordando atopamos estas fotos de teatro!!!
Míraos a todos que guapiños!
No diredes que non temos unha boa "posta en escena"...
Tivemos que liar os nosos maridos!! ¿E o ben que o fixeron?
- 1 comment
- 18848 reads
Portugal... 1
E aí estamos en Santa Lucía, Portugal...
Votándolle un ollo a estas fotos doume conta de que temos que sacarnos algunhas máis actuais!!
- 1 comment
- 18936 reads
Habrá que volver a organizar algunha viaxe ¿non? 2
Buscando entre fotos vellas atopei esta en Vigo! E xa fai tempo eh? Así que habrá que organizar algunha excursión para sair un pouco da casa... ¿quén se anima?
- 2 comments
- 19965 reads
User login
Links Vilanova de Arousa
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- March 2013 (8)
- February 2013 (8)
- January 2013 (1)
- December 2012 (2)
- November 2012 (31)
- October 2012 (11)
- September 2012 (7)
- August 2012 (5)
- July 2012 (1)
- June 2012 (2)