January 2010
Continúa a actividade na asociación Val da Louriña: Encaixe de bolillos 4
Tralo paréntese navideño, comezamos o novo ano retomando os cursos e obradoiros que se interromperan coas pasadas festas. Unha destas actividades é a de encaixe de bolillos, na que, como poderedes apreciar, fan traballos impresionantes.
O curso de bolillos ten lugar todos os mércores pola tarde no local da asociación de veciños, en O Piñeiro (Sanguiñeda). Pastora é a monitora, que xa tén unha máis que probada experiencia neste tema. Amosamos dous dos traballos que están rematando agora.
No referente a outras actividades, xa vos iremos contando en qué andaremos metidas este ano, xa que, ademais de continuar con eses cursos e obradoiros permanentes (pintura e manualidades, ximnasia, labores, teatro, etc), estamos organizando algunha charla sobre a fibromialxia e unha visita ás instalacións da factoría Citroen en Vigo. De todo o que vaiamos facendo xa vos iremos informando.
- valdalourinha's blog
- 4 comments
- 13355 reads
Fiesta de Navidad del grupo de Ximnasia de Mantemento
Hay que ver como se divierten, se están poniendo las botas y luego a hacer ginnasia para bajar peso Ji..Ji..
En eta foto podemos ver a Maria la profe tomandose un chupito y Pili tocanda la pandereta
- tempoganado's blog
- Add new comment
- 7311 reads
COIDANDO DA NOSA SAUDE 1
Na Asociación Portas Abertas damos comezo o novo ano co propósito de coidarnos mais, polo que para mentalizarnos, imos realizar unhas xornadas dentro do Programa Tempo de Mulleres que cada ano nos ofrece o Servizo Galego de Igualdade para o Home e a Muller.
Titúlanse "POTENCIANDO O NOSO CORPO", e vanse levar a cabo os días 20 e 22 de xaneiro de 16.00 a 1800h, no Centro Cultural e Social do Picouto en Ramirás.
Espero que asistan moitas persoas porque prometen estar interesantes, e ademáis quere dicir que empezamos o ano con enerxías renovadas.
Por suposto, invitamos a todas aquelas que esteades interesadas. Así tamén nos podedes coñecer.
Tamén vos comento, que onte comezamos de novo a actividade de "Ximnasia para a Saúde". As asistentes estan encantadas e notan moita melloría tanto a nivel físico como mental.
Animádevos todas a practicar algúnha actividade física que é boísima!!
- portasabertas's blog
- 1 comment
- 38870 reads
DONA JULIA VIDAL BALSEIRO "SOCIA HONORÍFICA" DA AMMRR "FRAGA DAS SAÍMAS"
JULIA VIDAL BALSEIRO, NOMEADA SOCIA DE HONOR DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS FRAGA DAS SAÍMAS NO SEU CEN ANIVERSARIO
- Fragadassaimas's blog
- Add new comment
- 15846 reads
Nuestra historia
- Crecente's blog
- Add new comment
- 9003 reads
25 de Novembro
25NOV. Percorrido silencioso polas rúas de Verín, levando unha pancarta ata a praza maior da vila, ónde se pasou á concentración Contra a Violencia de Xénero. No centro da praza procedeuse á lectura dun manifesto e finalmente levouse a cabo o acto simbólico da partida contra a Violencia de Xénero nun taboleiro xigante.
26NOV. Ciclo de curtametraxes: "Ollando dende a igualdade". Curtometraxes sobre a desigualdade e distintos tipos de violencia que sofre a muller: "Pais e nais" dirixida por Marisa Crespo e Moisés Romera, "Nasija" de Guillermo Riso, "Water Closed", producido por Fundación de Mulleres. Ademáis proxectouse creada e realizada polas/os alumnas/os do curso de Monitor Sociocultural baixo o título: "Deixando atrás a violencia"
28NOV. Marcha polo bo trato. Ruta circular: Pozo do Demo ata Fonte do Sapo, en contra da violencia de xénero. Actividade impulsada polo Centro de Información á Muller de Verín.
- Femuro's blog
- Add new comment
- 18677 reads
Exposición de nuestras manualidades
- Crecente's blog
- Add new comment
- 8593 reads
Escenificación do Belén vivente na Cabalgata de Mos 2
A asociación Val da Louriña de Mos volveu a representar o presebre vivente na Cabalgata que se organiza no Concello. Logo de 2 anos sen facelo, esta vez incorporamos novos elementos na escenificación.
A representación contaba ( ademais dos imprescindibles San Xosé, a Virxe e o neno) cunha lavandeira, tres pastoras adultas e seis pastorciños. Como novidade incluímos dúas galiñas e un galo de Mos.
Aproveitamos para desexarvos a todas FELIZ ANO 2010!!!
Se queredes contactar con nós valdalourinha@gmail.com
- valdalourinha's blog
- 2 comments
- 18347 reads
- « first
- ‹ previous
- 1
- 2
- 3
User login
RuraisLAB English
RuraisLAB is a user centered virtual laboratory focused on social innovation in the RURAL enviroment, based on WOMEN needs and vision.
Archivo
- February 2018 (1)
- January 2018 (1)
- December 2017 (2)
- September 2017 (3)
- July 2017 (3)
- June 2017 (5)
- May 2017 (1)
- April 2017 (2)
- March 2017 (1)
- January 2017 (1)