A MIÑA HOMENAXE Á MULLER RURAL É PARA
Hai dúas mulleres moi importes na miña vida e que me marcaron para sempre. Unha é a muller que me deu a vida..miña nai..Lupe e outra que foi como unha segunda nai para min...miña bisavoa..Deolinda.
Miña bisavoa foi unha muller moi avanzada...Lémbrome que dende pequeniña me contaba moitos contos da súa época..dos sacrificios que tiveron que pasar naqueles anos a principios do século XX...a vida era dura pero moi sana...contábame que se lavaban no rio...que lavaban o cabelo con xabón de lagarto..que ían co gando para a Insoa ( Caldelas de Tui)..o duro traballo que levaban na casa e nas veigas..e sobretodo o grandísimo respeto que lles inculcaban cara os maiores..cara os vellos da casa...Ela casara moi noviña..como se acostumaba facer por aquel tempo e fora ensinada para ser "unha muller casadeira"...tiña que saber cociñar, coser, en fin todas as labores que hoxe en día e na miña época poucas poden presumir...( jem ) Tivo unha vida moi sacrificada para conseguir unha vivenda propia...contábame como pasiño a pasiño fora aforrando o que meu bisavó gañaba para poder facer a súa propia casiña...( porque daquela non había bancos a quen pedir préstamo). Tivo unha única filla porque o seu neno nacéralle morto despois dun complicado parto na que tamén lle tiveran que aplicar unha especie de forceps ( daquela) e lle desgarraran incluso a vexiga....Despois de moitos avatares na súa vida...mórrelle a única filla con 53 anos víctima dun cancro de peito. E ahi é onde o seu "chip" cambiou e moito....Sempre lle dixo a miña nai..que non quería verlle ninguna peza de luto por ninguén da familia....que si ela morría incluso o día da festa de Arantei e lle apetecía ir a festa porque o seu corpo e a súa mente llo pedía..pois que fose...porque a pena vai por dentro...QUE NUNCA CHE IMPORTE O QUE DIRÁN PORQUE NINGUÉN CHE VAI SOLUCIONAR A TÚA VIDA NIN VAN VIVIR A TÚA DOR...Isto quedoume grabado dende pequeniña...e tamén moi sorprendida porque naquela época inda se vían mulleres coas pañoletas atadas na cabeza...de luto cerrado...e miña bisavoa non!! Outra fase famosa dela tamén foi " ESTUDIA FILLIÑA PARA QUE NUNCA DEPENDAS DUN HOME..A UN HOME NUNCA LLE HAI QUE ENSEÑAR O FONDO DA CAMISA...SEMPRE TEN DE TEU"....Isto levo moi presente... e que razón tiña!!!
Miña nai ....pois miña nai é un pilar básico e moi importante na miña vida...e non teño vergoña en dicilo porque para min É O MÁIS GRANDE DO MUNDO...admiro a súa capacidade de sacrificio e de loita na vida..da todo polos demáis e ela sempre se olvida dela... Xa tivo que sufrir moito dende pequeniña porque quedou orfa de pai con nove aniños e iso marcouna moito...Despois faleceulle a nai moi nova...tiña eu tres aniños...e sendo ela filla única ..quedou a cargo dos bisavós, de dúas tias avoas e dun primo cego....cinco persoas maiores ó seu cargo..dous fillos por criar e un home comenzando a vida cun negocio da nada e sin esquecer que o seu futuro como costureira tivo que ser sacrificado por todos estes acontecementos...e o traballo do campo...e que todos sabemos o que é.....Foron uns anos de moito sacrificio e inda así ..ahí a está ....cun humor excelente..a pesar de que tamén lle atacou esa famosa enfermidade que algún día non significará nada...un cancro....e outras complicacións na súa vida...e está ahí...con esforzo e con moito carácter tirando do carro pola súa familia..polos seus fillos e o seu home...Levántase as seis e media da mañá todos os días para ir traballar e ata as oito ou nove da noite non chega a casa....facer as labores da casa para o día seguinte...preparar todo e inda sacar tempo para as actividades de ir a coral...das mulleres rurais...etc....é todo un prototipo de muller...un exemplo de vitalidade..un espíritu de loita e sacrificio...¡VIVA MIÑA NAI! Estou segura de que quen lea este texto pensará o mesmo ca min....
Sandra
- blog de Sandra
- 2490 lecturas

Inicio de sesión
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Mayo 2013 (3)
- Abril 2013 (2)
- Marzo 2013 (8)
- Febrero 2013 (8)
- Enero 2013 (1)
- Diciembre 2012 (2)
- Noviembre 2012 (31)
- Octubre 2012 (11)
- Septiembre 2012 (7)
- Agosto 2012 (5)
Enviar un comentario nuevo