MANIFESTO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER -2010
Hoxe estamos aquí para honrar o traballo invisible das mulleres rurais, o traballo das mulleres correntes que coma nós loitan na súa vida cotiá sen renderse e sen desfalecer día tras día, mulleres que non perden o ánimo nin a ilusión polo seu traballo a pesares de estar infravaloradas polos seus xefes, mulleres que día a día fan milagres para levar o sustento a súa familia, en definitiva mulleres que permanecen firmes nas súas convincións e firmes ante a adversidade e a pé do cañón co fin de facer máis fácil a vida dos seus seres queridos.
Coa organización deste evento no día de hoxe a asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” quere sumarse a millóns de mulleres, colectivos e organismos na celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA e eu como presidenta e na súa representación quero poñer de manifesto a forte aposta e o compromiso de traballar a prol da mellora da calidade de vida das nosas mulleres e o compromiso de poñer o noso grão de area para contribuír a dignificar o papel que desempeñan as mulleres do noso rural na economía e na estrutura social e cultural do país e sen o cal non sería posible acadar os grandes logros que a humanidade ata o día de hoxe acadou.
Nestes días millóns de mulleres de tódolos continentes, de diferentes razas e culturas, unímonos para celebrar máis de cen anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento e para reivindicar, un ano máis, ser mulleres, ser traballadoras, ser iguais ante a lei, poder participar na sociedade en pé de igualdade co home, ter o noso tempo de lecer e decidir sobre a nosa vida como persoas autônomas que somos.
- Fragadassaimas's blog
- Add new comment
- 89 reads
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
RuraisLAB GALICIA miembro de la Red ENOLL
Día Internacional de la mujer en RuraisLAB
25 de Noviembre de 2009
Día internacional contra la violencia de género




