Máis citas para o Día Contra a Violencia de Xénero

24 Noviembre 2011

CIM SANTA COMBA

11:30 - Espectáculo de Títeres " Elba e Marcos e os xoguetes encantados" Espectáculo sobre a igualdade, dirixido aos rapaces e rapazas dos diferentes centros educativos do

Concello de Santa Comba 22:00 - Acto Homenaxe Proxección dunha montaxe e unha performance sobre a violencia de xénero a cargo do grupo de teatro municipal.

A partir do 28, porase en marcha no IES "Terra de Xallas" varios obradoiros de habilidades sociais e resolución de conflictos.

 

2757
CIM DE BOQUEIXÓN

Conta-contos, no que se contará ós nenos a historia de "Arturo e Clementina", dúas tortugas que se namoran, pero que acaban separadas porque Arturo non lle permite a Clementina facer nada, nin saír da casa....etc, e ela finalmente acaba marchando. A historia trata a parte posesiva e de malltrato psicolóxico que caracteriza á violencia de xénero, e serviranos como base para adentrarnos no tema e poder así explicarlle ós nenos e nenas a que se debe a existencia do día Internaciónal contra a Violencia de Xénero.

Nunha segunda parte, tras dialogar cos nenos e propoñerlle preguntas que inviten á reflexión sobre o conto e o que ocorre nel, estes, farán uns debuxos sobre o conto, no que se representen todas as escenas do mesmo. Con eses debuxos, realizaremos un mural, no que ademais incluiremos diferenres frases e imaxes en favor do bo trato entre as persoas. As actividades desenvolveranse nas ociotecas, punto de reunión de moitos nenos e nenas de entre 3 e 14 anos.

 

CIM DE MACEDA

Día 25 de novembro

Entre as 10:00 e as 12:00 horas.

Mesa informativa da campaña de lazo branco “Homes de Maceda contra a Violencia de Xénero”, na Praza das Toldas.

Ás 12:00 horas na mesma praza, Roda de Homes contra a Violencia de Xénero, minuto de silencio e lectura de manifesto.

Día 26 de novembro

Ás 16:00 horas acto conmemorativo no Salón de Plenos do Concello. Neste acto exporanse as iniciativas que se están a desenvolver dende o Centro de Información ás Mulleres, e presentarase unha representación teatral a cargo do Obradoiro de Teatro que se está a desenvolver no CEIP de Maceda, coa colaboración da Escola Municipal de Música.

Ás 17:00 horas (aproximadamente) saída da 4ª Andaina contra a Violencia de Xénero, polo paseo fluvial.

Ás 18:30 horas (aproximadamente) chocolate para as persoas participantes na Praza das Toldas.

Do 21 ó 28 de novembro

Exposición dos carteis elaborados polo alumnado de 6º de primaria do colexio de Maceda para o 5º Certame de Carteis contra a Violencia de Xénero. Tamén se levaron a cabo Obradoiros de Educación en Igualdade e Prevención da Violencia nos centros educativos da localidade.

REDE VECIÑAL DE MULLERES DE VIGO

Con motivo do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, a Rede non realizará a concentración mensual do último xoves de mes diante do museo MARCO. estaremos o venres, día 25, na manifestación contra a violencia de xénero que sae dende o Marco ás 20.00.

Enviar un comentario nuevo

CAPTCHA de imagen
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea