A historia de "Os Rosais"
Para que nos coñezades un pouco máis decidimos contarvos un pouco da nosa historia, quenes somos e de onde vimos...
Fai máis de 25 anos que comenzou a nosa andaina, aquilo que comezou de xeito casual mentres un grupo de amigas esperaban polos fillos á saída das actividades extraescolares é hoxe unha asociación con más de 500 persoas asociadas.
No 1984 construir unha asociación e levala adiante non era sinxelo, por iso nos servimos do apoio e a experiencia dunha asociación maior xa constituida como era a Asociación de Consumidores e de Amas de Casa Rías Baixas da que formamos parte ata o 2004.
Comenzamos con 80 socias, do Porriño e Mos, e as actividades realizábanse polas tardes para non interromper a rutina cotiá da casa e o coidado dos seus.
Durante todos estes anos ademáis de crecer en número de socios conseguimos un local máis amplo onde levar a cabo as nosas actividades, pero non so nos adicamos a ocupar o noso tempo libre con manualidades e demáis, tamén loitamos polos nosos dereitos como Consumidoras, traballamos en colaboración moi estreita coa oficina Municipal de Información ó Consumidor e loitamos a reo para solucionar os problemas que nos afectan como consumidoras.
Pouco a pouco falarémosvos do que facemos e un pouco máis de quenes somos...
- osrosais's blog
- Add new comment
- 47 reads
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
RuraisLAB GALICIA miembro de la Red ENOLL
Día Internacional de la mujer en RuraisLAB
25 de Noviembre de 2009
Día internacional contra la violencia de género




