"Elas sempre están"
"Elas sempre están" é unha exposición organizada pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia que foi inagurada o 15 de Outubro do pasado ano en Lalín, con motivo do Día Internacional da Muller Rural, e que percorrerá 23 concellos galegos o longo do 2010.
Por falta de datas algúns concellos pediron que se amplie a 2011.
A exposición poderá visitarse, segundo o calendario previsto, nos seguintes concellos:
- A Pobra do Caramiñal (15-20 xaneiro)
- Caldas de Reis (1-14 febreiro)
- Taboada (16-28 febreiro)
- Baiona (1-15 marzo)
- Cangas (17-30 marzo)
- Dodro (1-15 abril)
- A Bola (17-30 abril)
- Burela (2-15 maio)
- Ames (17-30 maio)
- A Baña (1-15 xuño)
- Carnota (17-30 xuño)
- Becerreá ( 2-15 xullo)
- Alfoz (17-30 xullo)
- Cortegada ( 1-15 agosto)
- Agolada (17-30 agosto)
- Ortigueira (1-15 setembro)
- Narón (17-30 setembro)
- Ponteceso (1-13 outubro)
- Santiago de Compostela (15-30 outubro)
- Campo Lameiro (1-15 novembro)
- Outes (17-30 novembro)
- Muxía (2-15 decembro)
- Vilar de Barrio (17-30 decembro)
A exposición, comisariada por María Serantes, é unha homenaxe a muller rural. Conta con quince fotografías, da artista italiana Elisa Gianni, que reside en Galicia fai cinco anos, e unha poesía, da galega Lucía Aldao, que pretenden plasmar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI.
Nas imaxes xorden quince retratos, mulleres en diversas paisaxes e situacións da vida cotiá, naturais, sen artificios; e unhas mans, que evocan as mans do pasado e do presente, que traballaron arreo e que contribuíron e contribúen ao sustento de Galicia.
- Innovacion Rural's blog
- Add new comment
- 54 reads


