Dia internacional contra a violencia de xénero

16 Noviembre 2010

e-opina

Aínda que a mín no me gusta encadrar datas conmemorativas, como esta data reidincativa debía haber mais, haber si sirve para chamar a atención e sensibilizar a esos dexenerados que pensan que son os donos absolutos das súas parellas  ata terminar con elas,"la maté porque era mia".

este ano xa van alá 62 vítimas mulleres e 4 nenos, estos son datos que chaman a atención, pero nos paramos a pensar cantos danos psicolóxicos, e tratos vexatorios  están sofrir tantas mulleres por estos cabrons que non merecer chamarlle outra cousa?. Por eso non podemos virar a cabeza ante sospeitas de que algún destes casos pode pasar o noso lado, e tamén non podemos permitir algunhas manifestacións públicas de representantes do pobo, como a do alcalde de Valladolid, manifestacións totalmente vexatorias contra a muller.

Em cambio, temos o convecemento de que hoxe máis que nunca e necesaria a complicidade de tódolos homes e mulleres deste país para loitar contra esta violencia. Porque o problema e de todos e non só das vítimas, sendo tamén de toda a sociedade o deber de denuncialo. Si diante dunha agresión volvemos a cabeza e calamos, estamos colaborando  a crear espazos de impunidade para os agresores e a incrementar o sufrimento das vítimas, na súa maoiría mulleres pero tamén dos fillos. Como será a conduta dos nenos criados nun ambiente de malos tratos?.

Por todo elo compañeiras, en singular, no nos deixemos manipular, gobernar, decidir por nos,etc; eles non son os nosos donos, eles son os nosos compañeiros de igual a igual, e o que salga de esa liña imaxinaria temos que tomar medidas axiña, antes de que sexa demasiado tarde.

Un saúdo dende a Asoc. de Mulleres Rurais O Corazón do Salnés

Enviar un comentario nuevo

CAPTCHA de imagen
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea