DIA DA MULLER RURAL

18 Octubre 2011

e-opina

A situación da muller no rural non ten, hoxe en día, nada que ver coa que vivian as nosas nais, nin coa que nós mesmas vivimos hai dúas ou tres décadas. Está claro que houbo unha mellora, pero tamén que queda moitísimo por facer. As asociacións, en xeral, e as de mulleres rurais en particular, xogan un papel moi importante, achegando a moitas mulleres unha serie de actividades que doutro xeito lle serían moi difíciles de realizar. A vida no rural mellorou tamén grazas ao uso das novas tecnoloxías, que permiten ter información, mercar, ou pedir cita no médico a través de internet, por moi lonxe que esteas da cidade. Establecerse como familia no rural non é doado, sobre todo se estamos acostumados a telo todo a man: as compras, o médico, o cine e o colexio dos nenos. Nos últimos anos xurdiron alternativas varias para poder facer do rural o medio de vida, como a agricultura ecolóxica, o turismo rural... En moitos casos a volta ao rural dase por non poder mercar vivenda na cidade; noutros, por buscar un pouco de tranquilidade ao remate da xornada laboral; algúns, para facer da agricultura, do turismo ou da gandería o seu medio de vida. Para que as pequenas aldeas non desaparezan, é preciso contar cunhas boas comunicacións; cómpre tamén recibir axudas para rehabilitar as vivendas; e como no, axudas tamén para poder establecer pequenas empresas agrícolas ou gandeiras. E, finalmente, é imprescindible parar a desfeita que os gobernantes fan dalgunhas zonas rurais, por ese empeño en enchernos o país de asfalto e viaductos, construíndo autovías e autoestradas sen criterio racional. É precisa a colaboración das distintas administracións para pór en valor o rural.

Enviar un comentario nuevo

CAPTCHA de imagen
Enter the characters shown in the image.
To prevent automated spam submissions leave this field empty.

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea