25 de novembro, día contra a violencia de xénero
by valdalourinha on Sáb, 21/11/2009 - 10:37
Haberá unha mesa redonda na que participarán unha psicóloga experta en temas de violencia de xénero e mediadoras contra os malos tratos de Vigo. Este acto está organizado en colaboración co concello de Mos.
¿Mantedes contacto con algunha asociación de axuda á muller maltratada?
Colaboramos puntualmente coa Rede Veciñal contra os malos tratos de Vigo, recadando e achegándolles os fondos dun dos rastrillos benéficos que organizamos.
¿Credes que a sociedade está realmente concienciada diante deste problema?
Aínda que avanzamos moito en poucas décadas, queda moitísimo máis que mellorar: apoio ás vítimas, animar a denunciar os malos tratos…
¿Onde pensades que radica a actitude violenta dalgúns homes para coas mulleres?Son moitos os factores que inflúen: a educación recibida, os patróns sociais e culturais machistas moi establecidos, o sentido de posesión que teñen sobre elas…
¿Credes que os nenos e mozos que medran nesta sociedade están concienciados?
Non, aínda queda moito que facer neste campo.
¿Cales son as pequenas cousas diarias que credes que hai que cambiar para solucionar este tema?
Hai que eliminar pequenos xestos e actitudes machistas e discriminatorias dos comportamentos da sociedade; certas expresións da nosa linguaxe son patrimonio de tempos pasados. Un ambiente familiar e escolar de respecto e convivencia en igualdade axudará a previr situacións de maltrato.
¿Pensades que a lei debería ser máis dura diante des feitos?
Sen ningunha dúbida: as penas para os maltratadotes deberían endurecerse; deberían se afastados das súas vitimas; e éstas precisan contar con máis protección e apoio diante dun caso de agresión e denuncia.
VIOLENCIA = COVARDÍA

»
- blog de valdalourinha
- 2302 lecturas

Inicio de sesión
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Febrero 2012 (4)
- Enero 2012 (6)
- Diciembre 2011 (10)
- Noviembre 2011 (21)
- Octubre 2011 (19)
- Septiembre 2011 (14)
- Agosto 2011 (5)
- Julio 2011 (20)
- Junio 2011 (30)
- Mayo 2011 (70)
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »
Enviar un comentario nuevo