RSS

valdalourinha

20 Junio 2010

Rastrillo benéfico na asociación Val da Louriña 5  

Evento/Acto: Rastrillo benéfico
Data: 19 e 20 de Xuño

Lugar: Casa restaurada do Mesón Argentino

Organiza: Asociación de Mulleres Rurais Val da Louriña

 
Cada ano, a mediados de xuño, celebramos
un rastrillo donde vendemos traballos
doados polas socias, feitos principalmente
nos distintos cursos da asociación. Traballos en coiro, como podedes ver á vosa dereita; panos e manteis bordados; pintura e manualidades; xarróns e centros con flores; licores e doces caseiros.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
O sábado día 19 e o domingo 20 de xuño
estamos na Casa restaurada do Mesón argentino, en Sanguiñeda, no Concello de Mos.
 O diñeiro recadado este ano será entregado
a ASODIFISI (Asociación de diminuídos
físicos e síquicos de Mos).
 
 
 
 
 

09 Junio 2010

XV FESTA DA EMPANADA DE MILLO +  

Evento/Acto: XV Festa da Empanada de Millo 
Data: 6 Xuño
Lugar: Explanada a carón de Queen
Organiza: As.MM.RR. Val da Louriña
 
A asociación de MMRR Val da Louriña de Mos
organiza a XV edición da Festa da empanada de millo.
Esta festa está dentro das actividades que desde o
concello se levan a cabo para a festividade local,
a Festa da Rosa, polo que colaboran na preparación
desta festa gastronómica. O domingo día 6 de xuño, na parroquia de Sanguiñeda, a carón de Queen, ás 12h do mediodía, podemos degustar a tradicional empanada de millo, con variados recheos. Con cada ración entregamos a bebida e unha taza conmemorativa da festa.
O pregoeiro deste ano será o cociñeiro mosense Esteban e a charanga "Vaite xa" de Valadares amenizará a degustación das empanadas. Haberá concurso de empanadas con premios ao mellor sabor, á mellor presentación e á máis grande.
Animádevos a participar con nós neste día de festa degustando un tradicional prato da nosa gastronomía.
Agardámovos. 

19 Mayo 2010

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS 3  

A asociación de MMRR Val da Louriña de Mos celebrou, como cada ano, a Festa das Letras Galegas, neste 17 de maio tan primaveral. Este ano é máis importante que nunca que as entidades que nos chamamos culturais o demostremos poñendo en valor a nosa característica máis destacable, aquilo que máis nos define: o noso propio idioma .Con este obxectivo, celebramos este día cunha programación variada e entretida.

O acto comezou coa actuación das cantareiras "Meigas fóra" da Asociación Tangaraño de Mos. A continuación, contamos coa escritora Elena Gallego, que fixo unha intervención moi didáctica e animada, e mantivo a atención das persoas asistentes. Na súa participación comezou suliñando a importancia da educación e da socialización dos nenos e nenas na nosa lingua .

 Unha vez remarcado isto, pudemos  coñecer  un pouco máis da súa vida literaria, para rematar cunha presentación da súa primeira novela publicada "Dragal, a herdanza do dragón", primeira entrega da triloxía "Dragal, o último dragón galego". Esta obra foi finalista do IV Premio Caixa Galicia de Literatura xuvenil, e a autora quere encher ese oco baleiro na literatura fantástica galega. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao rematar esta intervención, foi o turno do alumnado do Colexio Mestre Valverde Mayo, que fixo unha escenificación da vida e obra de Uxío Novoneyra, e, como sempre, espertaron o interese do público asistente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como fin de festa acompañounos o grupo de corda da Escola de Música de Mos que xa apunta maneiras nisto da música.

Para rematar esta tarde de celebración xuntos, compartimos unha merenda todas as persoas asistentes .

 

 TODOS OS DÍAS DO ANO SON DÍAS DAS LETRAS GALEGAS!!!

 

 

02 Mayo 2010

Maio na Asociación Val da Louriña 1  

Aínda que continuamos coas nosas actividades permanentes (teatro, bolillos, pintura e manualidades, labores, ximnasia, sevillanas), a mediados de maio comezaremos os cursos subvencionados pola deputación: Iniciación á Informática e Tapas e canapés.

Celebraremos tamén o Día das Letras Galegas para facer una homenaxe a Uxío Novoneyra, a cargo da escritora Elena Gallego, coa actuación das pandeireteiras de Tangaraño e un grupo de corda da Escola de música de Mos. Remataremos compartindo unha merendola con todas as persoas que asistan ao acto. Este ano ten especial importancia a celebración deste día, polos continuos ataques que a nosa lingua está a sufrir desde as mesmas administracións que a deberían promover, tanto por ser o vehículo de comunicación máis noso como por ser unha parte importante do noso patrimonio.

Xa vos amosaremos fotos destas actividades.

11 Abril 2010

Curso de dieta sá e equilibrada para a familia 1  

Curso moi interesante impartido por unha nutricionista; este tipo de cursos sempre ten moi boa acollida na nosa asociación.

Na imaxe inferior a monitora vai analizando a composición dos produtos que aparecen enriba da mesa.

Este curso é subvencionado en parte polo concello.

11 Abril 2010

Excursión de Val da Louriña a Santiago en imaxes 2  

Algunhas persoas partiron camiñando desde o Monte do Gozo cara á Catedral, para asistir a unha misa e visitar a zona monumental da cidade compostelana

Outras persoas continuaron nos autobuses ata a Catedral.

Imaxe do grupo nas escalinatas da Praza de Praterías.

 Tamén visitaron o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos ilustres.

 Compoñentes da directiva na visita ao museo.

07 Abril 2010

Val da Louriña de viaxe 46  

  • O pasado día 28 de marzo, a asociación Val da Louriña organizou unha excursión a Santiago. Ás 8h da mañá saíron dous autobuses do concello de Mos cara ao Monte do Gozo, donde aquelas persoas que quixeron, partiron camiñando ata a Catedral para logo asistir a unha misa. Logo de xantar, visitaron o Museo do Pobo Galego e o Panteón de Galegos Ilustres, e fixeron un percorrido pola zona monumental de Santiago. Estes días tamén iremos poñendo algunhas fotos desta viaxe.
  • O vindeiro mes de maio, temos organizada outra viaxe; esta vez serán 4 días visitando Madrid e Toledo. Entre as visitas previstas podemos citar: Valle dos Caídos, Mosteiro do Escorial, a zona antiga de Toledo, mezquita, sinagoga e catedral, ademais dunha visita panorámica da cidade de Madrid. Son viaxes para socias e homes acompañantes, e este sábado 10 de abril, no noso local, anotaremos a todas as persoas interesadas.

 

03 Abril 2010

Cursos en marcha e outros a piques de comezar 5  

O pasado mes de  marzo puxéronse en marcha dous novos cursos na nosa asociación: un curso de teatro  e outro de dieta sá e equilibrada para a familia. Estes cursos son subvencionados polo concello. A finais deste mes de abril, agardamos poder comezar un curso de tapas e canapés e outro de iniciación á informática, subvencionados pola deputación. Xa vos iremos mostrando fotos destas actividades

08 Marzo 2010

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER +  

 
Que  se celebre un día internacional da muller en pleno século XXI é síntoma de que aínda segue habendo moito polo que loitar para chegar a unha igualdade real entre homes e mulleres. E se isto é ben certo na sociedade occidental ou moderna, qué podemos dicir doutras sociedades donde a muller segue a ser a criada, a esclava do home, donde é torturada e asesinada, donde ten que ir totalmente tapada, donde é mutilada porque non ten dereito a gozar dunha relación sexual, donde á abandoada cando nace porque prefiren ir na procura dun neno?
Queda moito que facer, empezando pola educación aos nenos e nenas en valores de igualdade e respecto: Para que os nenos de hoxe non sexan os inútiles de mañá que teñen que ser servidos; para que a desigualdade non leve a males maiores como a violencia doméstica.
Non cabe dúbida de que son necesarias políticas de igualdade, pero é imprescindible un cambio radical desa mentalidade de sentirse obrigada a ser a criada da casa, tanto para o home como para os fillos; de crerse insustituíble nalgunhas tarefas. Se pensamos no que principalmente nos diferencia dos homes, en termos físicos ou anatómicos, nos decatamos de que con esa parte do corpo non se realiza eses traballos considerados tradicionalmente femininos. Polo tanto, están en perfectas condicións de colaborar e compartir esas tarefas.
A paridade na composición do goberno, ou nun consello de administración dunha empresa ten  moita importancia, porque é unha especie de modelo a seguir pola sociedade.
 
¡¡A SEGUIR LOITANDO POLA IGUALDADE MUNDIAL DAS MULLERES!!

24 Febrero 2010

Valdalouriña celebra o Día Internacional da Muller +  

A asociación MMRR Val da Louriña de Mos vén celebrando cada ano o Día Internacional da Muller. Desde a súa constitución alá polo ano 1996, a asociación fai un acto de recoñecemento a dúas mulleres traballadoras do noso concello, cada ano nunha parroquia: mulleres maiores cunha vida difícil, compaxinando o coidado da familia coas máis variadas profesións ( leiteiras, peixeiras, costureiras, mulleres que lavaban roupa para a xente rica dalquén momento, etc.). O acto consiste en facer unha lembranza da súa vida, destacando tanto aqueles momentos duros como aquelas historias que lles sucederon e foron motivo de ledicia e risa; intentamos que sintan que ese é o seu día; entregámoslle uns ramos de flores e outros agasallos, presenciamos a actuación de grupos de baile, de cantareiras, ou de música sen máis; e rematamos compartindo unha merenda todas as persoas presentes no acto. Este ano celebraremos este acto o domingo 14 de marzo, na parroquia de Sanguiñeda, e xa vos daremos boa conta del neste espazo que compartimos. De momento achegámovos dúas imaxes do acto do pasado ano.

31 Enero 2010

Val da Louriña prepara outra obra de teatro 2  

O grupo de teatro da asociación Val da Louriña, "Mistura", naceu nun curso de teatro subvencionado polo concello no ano 2006. Monse, a monitora, conseguíu que daquel curso saíra primeira representación, unha adaptación da obra "Os cravos de prata", que foi estreada no local do Chan do Bosque a comezos do ano 2007. Aínda que parte das súas compoñentes se foron do grupo, ao mesmo tempo, outras se foron incorporando.

O ano 2009 foi o máis produtivo para o grupo: Fixeron unha adaptación de "O enfermo imaxinario" que foi representada no Pazo de Mos; posteriormente levaron a obra por varios locais sociais do concello (Louredo, Cela, Herville, Peinador, Amieirolongo).

Monse, a monitora, fai o reparto de papeis

Agora xa están centrados no estudo dunha nova obra que nos ofrecerán ao longo deste 2010.

As compoñentes ollean o texto da nova obra

 

29 Enero 2010

Solidariedade con Haití 19  

 
Haití é o país máis pobre do continente americano, donde as tres cuartas partes da súa población vive na máis absoluta pobreza e dependen da agricultura e da pesca (o chamado sector primario). De aí sae a materia prima para a fabricación de productos. A predominancia deste sector ( que tamén inclúe minería, gandería,etc) é característica de países en desenvolvemento ou subdesenvolvidos, que fai que a miseria sexa o máis común na súa población.
Por outro lado, son países explotados, tanto por grandes potencias, con EEUU á cabeza, como polo propio goberno, que acostuma a ser dictador e corrupto, explotando aos seus súbditos para amasar as súas fortunas mentres na rúa a xente vive na miseria.
Cando unha catástrofe natural como ésta sacude a un país como Haití, o que pasa é que arrasa todo, porque xa antes houbo unha sobreexplotación do terreno, unha destrución da superficie arbórea, unhas construcións carentes da mínima seguridade froito da pobreza, etc. Todo isto fai que un terremoto que en Europa ou EEUU non tería maiores consecuencias, en países como Haití sexa unha traxedia.
Agora sólo queda que fagamos un esforzo por colaborar e presionar aos gobernos para que fagan o mesmo.
Desde a asociación Val da Louriña, ademais das colaboracións individuais de cada membro da directiva, decidíuse facer unha achega económica como asociación a
 

14 Enero 2010

Continúa a actividade na asociación Val da Louriña: Encaixe de bolillos 4  

Tralo paréntese navideño, comezamos o novo ano retomando os cursos e obradoiros que se interromperan coas pasadas festas. Unha destas actividades é a de encaixe de bolillos, na que, como poderedes apreciar, fan traballos impresionantes.

O curso de bolillos ten lugar todos os mércores pola tarde no local da asociación de veciños, en O Piñeiro (Sanguiñeda). Pastora é a monitora, que xa tén unha máis que probada experiencia neste tema. Amosamos dous dos traballos que están rematando agora.

 

No referente a outras actividades, xa vos iremos contando en qué andaremos metidas este ano, xa que, ademais de continuar con eses cursos e obradoiros permanentes (pintura e manualidades, ximnasia, labores, teatro, etc), estamos organizando algunha charla sobre a fibromialxia e unha visita ás instalacións da factoría Citroen en Vigo. De todo o que vaiamos facendo xa vos iremos informando.

06 Enero 2010

Escenificación do Belén vivente na Cabalgata de Mos 2  

A asociación Val da Louriña de Mos volveu a representar o presebre vivente na Cabalgata que se organiza no Concello. Logo de 2 anos sen facelo, esta vez incorporamos novos elementos na escenificación.

A representación contaba ( ademais dos imprescindibles San Xosé, a Virxe e o neno) cunha lavandeira, tres pastoras adultas e seis pastorciños. Como novidade incluímos dúas galiñas e un galo de Mos.

 Os Reis axeonllados diante do neno.

Aproveitamos para desexarvos a todas FELIZ ANO 2010!!!

Se queredes contactar con nós valdalourinha@gmail.com

23 Diciembre 2009

Valdalouriña deséxavos o mellor para o novo ano 1  

 

Síguenos en...

 Follow RuraisLAB on Twitter   

Inicio de sesión

RuraisLAB

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.

 

 

 

 

Mulleres Rurais e desenvolvemento rural

Mujer Rural

Mujer Rural y Desarrollo Rural

Agenda Digital Europea 20202

Agenda Digital Europea

CONTACTA CON NOS