Fragadassaimas
CLAUSURA DA EXPERIENCIA PILOTO DE FABRICACIÓN DE ABONO NATURAL 2
- 2 comments
- 9546 lecturas
I XORNADAS MICOLÓXICAS E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS NO BUIO - FRAGA DAS SAÍMAS
A DIRECTIVA DO COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS Iª XORNADAS MICOLÓXICA E GASTRONÓMICAS DE COGOMELOS NO BUIO.
A Directiva Fraga das Saímas informa a todas as súas socias, veciños e amigas do colectivo que o prazo para matricularse nas Iª Xornadas Micolóxicas e Gastronómica de Setas no Buio está aberto desde o día de hoxe ata o 13 de outunto de 2013. Durante este periodo as persoas interesadas poderán inscribirse nestas xornadas chamando ao teléfono da Presidente, Flor Chao, 669 250 948.
O obxectivo destas I Xornadas Micolóxicas que se celebrarán o sábado, 26 de Outubro de 2013 na parroquia de Santo André de Boimente é dar a coñecer a riqueza micolóxica dos nosos montes xunto ao seu valor ambiental, económico e culinario a través da aprendizaxe das diferentes variedades de setas existentes nesta zona, da forma de recolectalas, seleccionalas e descubrir as súas posibilidades culinarias
O colectivo de mulleres da parroquia de Santo André de Boimente anima a todas as súas socias, amigas e veciños da parroquia e do término municipal de Viveiro a participar desta iniciativa formativa e de ocio, durante a cal as/os asistentes estarán en pleno contacto cunha natureza que non deixará de sorprendelas e durante o cal, ademais, descubrirán auténtico pracer na degustación de novas texturas e sabores culinarios coas que os van a sorprender as diferentes variedades de cogumelos existentes na zona.
O colectivo Fraga das Saímas recomenda non esperar a o último día porque as prazas para poder asistir son limitadas. Así que só as 20 primeiras persoas que chamen terán unha praza nesta Iª Edición.
- Añadir nuevo comentario
- 10885 lecturas
FALLO DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "imaxesRAPAcandaoso2013" 3
- David Rodriguez Casas, artista viveirense, graduado en Belas Artes e autor de numerosas obras premiadas en diferentes certames de Artes Plásticas e concursos fotográficos e de pintura.
- 3 comments
- 9204 lecturas
INAUGURACIÓN DAS CLASES DE INFORMÁTICA E INTRODUCIÓN Á INTERNET 4
O COLECTIVO DE MULLERES FRAGA DAS SAÍMAS COMEZA O SEU PROGRAMA FORMATIVO 2013-2014 CO “CURSO DE INTRODUCION Á INFORMÁTICA E INTERNET”, UN DOS MÁIS DEMANDADOS POLAS SÚAS SOCIAS.
A Directiva do colectivo Fraga das Saímas, logo de salvar algún que outro problemas técnico grazas á colaboración recibida por parte da concelleira responsable dos Centros Socioculturais do Concello de Viveiro, Isabel Rodríguez e a empresa adxudicataria da xestión da Rede de Telecentros, Intermax, ven de poñer en marcha o Curso de Introdución á informática e Internet.
O Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente acolle con grande éxito ás catorce alumnas/os inscritas nas clases de Informática que están a ser impartidas pola Técnica especialista en informática de Xestión, Natalia González.
As clases serán impartidas os luns e xoves de 16.00 ás 19.00 horas, durante o mes de setembro e os luns, no mesmo horario, a partir do mes de outubro.
A Directiva considera que é un grande êxito poder poñer en marcha este curso e así satisfacer as peticións continuas de moitas das súas socias e veciños durante os dous últimos anos e logo das reiteradas demandas presentadas por parte desta Directiva ás diferentes administracións locais para dotar de conexión a internet á Aula informática – pertencente á rede de Telecentros- do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente.
Outras actividades formativas do colectivo Fraga das Saímas, que se impartiran no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente no último trimestre do 2013, son: o Taller de Manualides, que desenvolverá ao longo dos meses de outubro a decembro, 3ª Fase do Proxecto experimental de Compostaxe Caseira, que terá lugar a comezos de outubro e as Iª Xornadas Micolóxicas, que se celebrarán o último sábado do mes de outubro.
- 4 comments
- 15885 lecturas
TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES. A PONTENOVA E RIBADEO 1
TURISTEANDO POR TERRAS LUCENSES. A PONTENOVA E RIBADEO
- 1 comment
- 9391 lecturas
CURSO DE INFORMÁTICA E INTRODUCIÓN A INTERNET 3
- 3 comments
- 9742 lecturas
FIN DE SEMANA EN VIANA DO CASTELO- RÍAS BAIXAS 2
VIANA DO CASTELO E AS RÍAS BAIXAS FORON ELEXIDAS POLO COLECTIVO “FRAGA DAS SAÍMAS” COMO DESTINO TURÍSTICO PARA DISFRUTAR DUNHA FIN DE SEMANA DE OCIO E TEMPO LIBRE.
A asociación de mulleres rurais “Fraga das Saímas” ven de organizar esta fin de semana unha viaxe a terras portuguesas e as Rías Baixas. Unha das múltiples actividades socio-culturais programadas para o 1º semestre do ano 2013 polo colectivo de mulleres de Santo André de Boimente.
O grupo de viaxeiros do colectivo “Fraga das Saímas”, formado por máis de corenta socias, veciñas e amigos, viaxou con Viajes Lucus durante catro horas ata chegar a Vila Nova de Cerveira, onde fixeron a súa primeira parada para repoñer forzas cun xantar típico portugués. Logo deste descanso visitaron o Castelo de Vila Nova de Cerveira, construído sobre outro derruído no século XV, pasearon á beira do Minho e “perdéronse” no famoso mercadillo desta tranquila cidade, un dos maiores de toda a península. Xa a tardiña continuaron a ruta ata o alto do monte de Santa Luzia para admirar a beleza da súa famosa Basílica construída a comezos do século XX copiada do Sacré Couer de Montmartre en París. Mais, a pesares de subiren á cúpula da Basílica, a densa néboa impedíulle ao grupo de viaxeiras/os poder gozar da extraordinaria vista que un día despexado, desde ali, se pode observar sobre o estuario do río Lima, a cidade e o mar.
Á noite as viaxeiras e viaxeiros achegáronse á Quinta de Santoinho para cear neste famoso e turístico restaurante rexional, xunto a outras 1500 persoas, onde foron agasallados cunha sesión de folclore minhoto, unha demostración da malhada, marchas, música para bailar e onde ademais de cear, bailar e divertirse puideron tamén gozar da exposición permanente dunha variada colección de alfaias e utensilios do campo, de tanques, lagares, pías e figuras en granito, de espigueiros origixinarios, dunha adega rexional, de antigas viaturas de transporte, carros de bois e de cabalos, así como de autocarros, automóviles, ou unha locomotora do século XIX, entre outros elementos etnográficos.
O domingo as viaxeiras/os amenceron nas Rías Baixas, onde visitaron durante a mañá Sanxenxo, as súas praias e achegáronse ata o seu principal núcleo urbano, a vila mariñeira de Portonovo, para pasear polas súas rúas, visitar a súa lonxa, a Capela de Santa Catalina e o seu mirador.
Esta fin de semana de ocio e tempo libre clausurárona cunha mariscada, queimada e baile no hotel Galicia Sun.
NOTA Se queredes ver ou descargar máis fotos podedes ir ao Album de fotos de Viajes Lucus
- 2 comments
- 10341 lecturas
CONCURSO FOTOGRAFÍA imaxesRAPAcandaoso2013
A DIRECTIVA DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" PON A ANDAR A ORGANIZACIÓN DO CONCURSO FOTOGRÁFICO “imaxesRAPAcandaoso-2013” CO OBXECTO DE CONTRIBUÍR AO FOMENTO E Á PROMOCIÓN DA RAPA DAS BESTAS DO CURRO DO CANDAOSO QUE SE CELEBRARÁ O 1º DOMINGO DE XULLO DE 2013.
No marco da celebración, na parroquia de Santo André de Boimente, da súa XLV edición da “Rapa das Bestas do Curro do Candaoso” a Asociación de Mulleres Rurais “Fraga das Saímas” convoca o Concurso de Fotografía baixo o lema “imaxesRAPAcandaoso-2013”.
Con esta iniciativa preténdese contribuír ao fomento e á promoción da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso, na parroquia de Santo André de Boimente. Unha das festas de interese turístico máis ancestrais e de maior arraigo do Concello de Viveiro que celebrará a súa XLV edición, como é costume, o primeiro domingo do mes de xullo de 2013.
Desde a asociación Fraga das Saímas inténtase poñer en valor o patrimonio paisaxístico que conforma a paraxe natural da Fraga das Saímas e os Montes do Buio como fonte de riqueza ambiental, cultural e turística promovendo unha cultura de ocio saudable a través de iniciativas coma a organización deste certame fotográfico
Se queres ver a programación da 44ª edición da Rapa das Bestas do curro do Candaoso-2012 podes picar neste enlace:
A continuación e de xeito resumido detallamos algúns dos principais aspectos das bases da convocatoria do concurso “imaxesRAPAcandaoso-2013”:
BASES
TEMA
A temática única do concurso é o reflexo máis completo e descritivo posible da celebración da Rapa das Bestas do Curro do Candaoso-2013 e cuxo lema leva por título “imaxesRAPAcandaoso-2013”. As organizadoras deste certame deixan total liberdade para que cada participante exprese a súa creatividade e amose, a través desta, a beleza e os valores culturais, etnográficos e paisaxísticos que se desprenden durante a celebración desta festa tradicional, ao obxecto de incitar aos potenciais viaxeiros a descubrir lugares con encanto na Mariña Lucense como son os Montes do Buio ou a Fraga das Saímas .
As fotografías téñense que realizar en xullo, durante a celebración da XLV edición da Rapa das bestas do Curro do Candaoso (Montes do Buio). Parroquia de Sto André de Boimente (Viveiro).
PARTICIPANTES
Este concurso vai dirixido a todas aquelas persoas maiores de 18 anos afeccionadas ou profesionais da fotografía e amantes da natureza.
OBRA
As fotografías presentadas ao concurso deberán ser orixinais, inéditas (que non foron expostas en público con anterioridade á data de presentación, nin publicadas en catálogos, revistas ou calquera outro medio xa sexa gráfico, audiovisual ou interactivo), que non foran premiadas con anterioridade e de propiedade do/a autor/a. Non se poderán ter explotado comercialmente, xa sexa con fins xornalísticos, publicitarios ou calquera outro.
NÚMERO DE OBRAS
Cada participante poderá presentar un máximo de DÚAS fotografías ou DÚAS series fotográficas. As fotografías só poderán ser presentadas polos seus propios autores.
FORMATO E TÉCNICA
Formato e tamaño: TIFF ou JPEG en calidade máxima. Tamaño mínimo de 600 píxeles de lado maior.
As fotografías poderán presentarse en cor, branco e negro e en todas as súas técnicas, incluso dixital.
As fotografías poderán ser individuais ou compor unha serie máximo de 4 imaxes. Podendo ser estas do mesmo momento e temática ou de momentos e actividades distintas (subida ao monte, xunta das bestas, loita de garañóns, rapa e solta cara o monte, descanso das bestas, xantar dos romeiros, carreiras de cabalos, etc.)
Os traballos poderán presentarse por correo postal ou correo electrónico e sempre atendendo aos requisitos establecidos nas claúsulas 3 e 4 das bases do concurso.
PRESENTACIÓN
A presentación da obra por correo postal farase ao domicilio social da Asociación Fraga das Saímas e enviarase en dous formatos:
- Impresa en papel fotográfico (mínimo de 18x24 cm. e o máximo de 30x40 cm.)
- Gravada nun CD, en formato dixital (preferentemente .TIF ou no seu caso .JPG), cun mínimo de tamaño de 600 píxeles de lado maior.
2) A presentación por correo electrónico farase enviando cada traballo fotográfico por separado á seguinte dirección fragadassaimas@gmail.com
PREMIOS E EXPOSICIÓN
PREMIOS
Primeiro premio dotado con 250 euros en metálico
Segundo premio dotado con 120 euros en metálico
Terceiro premio dotado con 100 euros en metálico
Dous accésits dotados cada un con 30 euros en metálico ás dúas fotografías/ou serie fotográfica non premiadas anteriormente.
EXPOSICIÓN DAS OBRAS SELECCIONADAS
Unha vez outorgados os premios levarase a cabo una exposición no Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente das obras gañadoras xunto coas fotografías finalistas seleccionadas polo xurado do concurso.
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios poderase efectuar nun acto público na data que determine o colectivo Fraga das Saímas e que será comunicada con suficiente antelación ás persoas premiadas. Os autores dos traballos premiados deberán estar presentes neste acto ou no seu defecto deberá acudir un representante debidamente autorizado.
PRAZO PARA ENTREGAR OS TRABALLOS FOTOGRÁFICOS
A data límite para a recepción dos traballos será o 31 de AGOSTO de 2013.
ACEPTACIÓN
A presentación das fotografías ao concurso implica a aceptación de todas e cada unha das presentes BASES E CONDICIÓNS e da decisión inapelable do xurado.
Para obter máis información podes descargar as bases do concurso na seguinte dirección http://mulleresfragadassaimas.blogspot.com (na carpeta de documentos), solicitalas ao correo electrónico fragadassaimas@gmail.com ou ben poñerte en contacto coa entidade organizadora. Teléfonos 669 250 948 (Flor) ou 610 00 77 46 (Gloria)
- Añadir nuevo comentario
- 8448 lecturas
INAUGURACIÓN BIBLIOTECA VECIÑAL NA FESTA DAS LETRAS GALEGAS DO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS
O COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS" INAUGUROU ESTA FIN DE SEMANA, NO MARCO DA CELEBRACIÓN DA FESTA DAS LETRAS GALEGAS 2013, A SÚA BIBLIOTECA VECIÑAL
Os actos comezaron ás 18.00 h coa intervención de Flor Chao, Presidenta da asociación Fraga das Saímas, que exerceu de mestra de ceremonias da nova Biblioteca veciñal por desexo expreso da súa Directiva e a cal quixo que fora a celebración do Día das Letras Galegas-2013 a data na que se abriran as portas da Biblioteca Fraga das Saímas por ser o marco ideal para a súa presentación oficial , según palabras da propia presidenta. Durante a súa intervención, Flor Chao convidou ás súas socias e veciños de San Andrés de Boimente a facer uso deste novo espazo cultural e animou aos veciños do concello de Viveiro a facerse socios da recén estreada Biblioteca veciñal.
Coa posta en marcha desta Biblioteca veciñal, grazas ás doazóns de fondos bibliográficos da Fundación Pedro Barrié de La Maza, a Fundación Sotavento e as socias Elsa, Flor e Gloria, o colectivo Fraga das Saímas quixo sumarse na defensa do acceso ao coñecemento e á información en igualdade de condicións para todas e todos, na defensa do fortalecemento do hábito lector e na defensa do coñecemento da literatura e o patrimonio cultural.
Logo da inauguración, onde a Directiva agasallou ao medio cento de asistentes cunhas libretas conmemorativas, o grupo de teatro aficionado de Fazouro “A Adala” representou a comedia “Enredos” onde o público non foi quen de parar de rir ata o remate desta peza teatral de Francisco Piñeiro.
- Añadir nuevo comentario
- 8667 lecturas
FESTA DAS LETRAS GALEGAS-2013 3
A Directiva Fraga das Saímas anima a todas as socias, amigas e veciños de Viveiro a asistir á celebración da Festa das Letras Galegas-2013, no marco da cal a Asociación de Mulleres, creada no ano 2007, terá o gran pracer de inaugurar ante as súas socias, veciños e amigos a súa Biblioteca. Unha pequena biblioteca, cuxosfondos bibliográficos foron doados pola Fundación Pedro Barrié de La Maza, Fundación Sotavento e varias socias, entre elas Elisa e Gloria. Unha biblioteca da cal poderán ser socias todas as mulleres integradas no colectivo Fraga das Saímas e Así como todas aquelas persoas que soliciten o carnet de socio da biblioteca.
As persoas interesadas en participar desta Festa das Letras poderán contactar coa Directiva no teléfono 669250948 (Flor).
Esperamos contar coa presenza de todas e todos os amantes dos libros e da nosa lingua viva.
- 3 comments
- 8907 lecturas
FIN DE SEMANA EN VIANA DO CASTELO E CAMBADOS 4
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR CO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" NA VIAXE A VIANA DO CASTELO E CAMBADO. FIN DE SEMANA DO 8 E 9 DE XUÑO DE 2013.
A Directiva "Fraga das Saímas" informa ás súas socias, amigas e veciños que o prazo para anotarse á Viaxe de fin de semana que realizará o colectivo de mulleres o vindeiro 8 e 9 de xuño ás cidades de Viana do Castelo e Cambados remata o mércores, 22 de maio. As persoas interesadas poden chamar ao teléfono 669250948. O pago realizarase antes do 8 de xuño.
- 4 comments
- 9222 lecturas
VISITA AOS COMPOSTEIROS DO PROXECTO EXPERIMENTAL DE COMPOSTAXE CASEIRA
- Añadir nuevo comentario
- 10853 lecturas
CLAUSURA DO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL "FRAGA DAS SAÍMAS" 3
“ O colectivo “Fraga das Saímas” fomenta entre as súas socias a aprendizaxe da arte dos Artesáns cesteiros lucenses e aposta polo uso de materiais 100% ecolóxicos propios da zona, como é por excelencia o vimbio” manifestou a súa Presidenta durante a clausura do IIº Curso de cestería tradicional..
CLAUSURA DO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL IMPARTIDO POLO MESTRE ARTESÁN ÓSCAR PRIETO.
O Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente acolleu esta última semana de marzo a IIª edición do curso de Cestería tradicional, organizado polo colectivo de mulleres rurais “Fraga das Saímas”.
Un dos obxectivos que persegue a Asociación con este tipo de iniciativas é contribuír a impulsar a recuperación, a conservación e o mantemento dos ofícios tradicionais da nosa terra que conforman un rico patrimonio artesanal de Galicia.
Este curso de Cestería Tradicional, impartido polo cesteiro mariñán Oscar Prieto, é o segundo curso que organiza o Colectivo de Mulleres Fraga das Saímas. O primeiro tivo lugar no ano 2010, e naquela ocasión o taller tiña por obxecto aprender as técnicas básicas do oficio de cestería e para o cal se empregara médula de roten, de orixe asiático que pola súa versatilidade facilitáballes aos iniciados neste oficio o seu manexo. Nesta 2ª Edición a finalidade deste curso práctico de cestería en vimbio era ensinar e recuperar as técnicas de entrecruzado de fibras vexetais flexibles como o vimbio para formar cestas, cestos e demais formas creativas con este material, como antigamente elaboraban os cesteiros da Mariña Lucense.
Durante a 1ª hora do curso foi dedicada polo artesán cesteiro a ensinarlles polo miúdo ás 10 alumnas participantes neste curso todo o proceso de recollida das ramas da vimbieira e a súa preparación.
As dez discípulas dedicáronse durante as oito horas que durou este taller, a aprender a arte de trenzar vimbio, material ecolóxico 100% e que nace abundantemente nas beiras dos ríos e regatos desta zona, ao obxecto de elaborar uns pequenos canastillos e para os cales necesitaron tanta maña e destreza como forza pola dificultade que entraña traballar cos vimbios.
A clausura do curso de cestería, celebrada o pasado 26 de marzo ás 20.30 h no Centro Socio-Cultural de San Andrés, estivo a cargo da Presidenta da Asociación Fraga das Saímas. Durante o acto Flor Chao agradeceu a asistencia das alumnas e alabou a capacidade de aprendizaxe de todas elas, así como a maestría do Cesteiro Oscar.
A presidenta aproveitou para informarlles ás socias presentes que a Directiva Fraga das Saímas está á espera de que o goberno municipal de Viveiro contrate, segundo a noticia publicada no Progreso o pasado 14 de marzo, cun operador de telecomunicacións o servizo de Internet de banda ancha para, entre outros, o Telecentro do Centro Socio-Cultural de Santo André de Boimente, momento a partir do cal a Directiva poñerá en marcha a organización do curso de iniciación a Internet, aprobado na súa Asamblea xeral anual.
- 3 comments
- 10193 lecturas
V EDICIÓN FESTA DO MEDIO NATURAL
ÁBRESE O PRAZO PARA ANOTARSE NA Vª EDICIÓN DA FESTA DO MEDIO NATURAL DO COLECTIVO "FRAGA DAS SAÍMAS" NO QUE SE PRESENTARÁ O ESPÉCTACULO DE TÍTERES DA COMPAÑÍA MINDONENSE "MIRCROMINA".
Nesta Vª edición, o Centro Sociocultural de Santo André de Boimente acollerá por primeira vez un espectáculo de TÍTERES, durante o cal poderán gozar tantos as nenas e nenos como os maiores da obra Vacacións no Mar que representará a compañía mindonense MIRCROMINA.
As persoas que desexen disfrutar dunha fin de semana de festa e alegría poden contactar coa Directiva nos seguintes Tfos. de Flor 669250948 ou Tfo de Gloria 610007746.
O prazo para anotarse é ata o sábado 20 de abril.
- Añadir nuevo comentario
- 10308 lecturas
CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL 3
ABERTO O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NO CURSO DE CESTERÍA TRADICIONAL ORGANIZADO POLO COLECTIVO DE MULLERES "FRAGA DAS SAÍMAS"
Este curso vai dirixido a todas as mulleres e homes que teñan gañas e curiosidade por aprender a elaborar algúns dos cestos típicos na cestería galega de mimbre, utilizando as técnicas dos nosos vellos cesteiros.
O prazo para a inscrición remata o 20 de marzo ou cando se completen o número de prazas máximas por edición.
- 3 comments
- 9776 lecturas
Inicio de sesión
Links Viveiro
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Febrero 2018 (1)
- Enero 2018 (1)
- Diciembre 2017 (2)
- Septiembre 2017 (3)
- Julio 2017 (3)
- Junio 2017 (5)
- Mayo 2017 (1)
- Abril 2017 (2)
- Marzo 2017 (1)
- Enero 2017 (1)