Fragadassaimas's blog
DÃa da socia
ÃBRESE O PRAZO PARA PARTICIPAR NA CELEBRACIÓN DO DÃA DAS SOCIAS QUE TERà LUGAR O SÃBADO 7 DE AGOSTO.
A Directiva da Asociación Fraga das SaÃmas informa que está a organizar a IIª Edición do "DÃa das Socias" para o sábado 7 de agosto.
Programa:
A partir das 14.00 h. Sardiñada
17.00 h-19.00 h. Actuación do home-orquestra (Hortensio)
Todas as socias interesadas deberán inscribirse antes do 30 de xullo.
A cuota "simbólica" é de 2 € para as parellas das socias parroquiais e 3 € tanto para as socias interparroquiais como para os seus acompañantes.
APÚNTATE XA E DISFRUTA DO DÃA DAS SOCIAS NUN DOS CONTORNOS MÃIS FERMOSOS DA MARIÑA!
- Add new comment
- 34 reads
DESCUBRINDO A COMARCA DA SIDRA E AO OVIEDO HISTÓRICO-MEDIEVAL
A ASOCIACIÓN “FRA
GA DAS SAÃMAS” VIAXA AO PRINCIPADO DE ASTURIAS PARA DESCUBRIR OS SEGREDOS DA COMARCA DA SIDRA E GOZAR DO OVIEDO HISTÓRICO-MEDIEVAL
As mulleres da Asociación “Fraga das SaÃmas”, acompañadas polos seus familiares, descubriron os segredos da elaboración da Sidra El Gaitero e gozaron dunhas espectaculares paraxes naturais con vistas ao Cantábrico e dun dos maiores museos escultóricos públicos.
O sábado 29 de maio a Asociación “Fraga das SaÃmas” viaxou ata a Comarca da Sidra e o Oviedo histórico-medieval, terra de contrastes e paisaxes que espertan os sentidos, para descubrir e admirar a súa riqueza monumental, paisaxÃstica e gastronómica.
- Add new comment
- 38 reads
FRAGA DAS SAÃMAS CELEBRA O DÃA DAS LETRAS GALEGAS
A ASOCIACIÓN MMRR “FRAGA DAS SAÃMAS” CELEBRA O DÃA DAS LETRAS GALEGAS COA PROXECCIÓN DA PELÃCULA PRADOLONGO E AGASALLA AOS ASISTENTES CO CD “CANCIÓNS PARA ANTÃA” DO GRUPO FOL DO VENTO.
A Directiva da AMMRR “Fraga das SaÃmas” ven de organizar dÃas pasados dúas actividades lúdico-culturais con motivo da celebración do DÃa das Letras Galegas. Asà as socias e veciños de San Andrés de Boimente puideron gozar coa proxección da pelÃcula “Pradolongo”.
A Directiva proxectou este filme galego o pasado sábado 15 de maio, ás 20.00 h., nun dos espazos do Centro Socio-Cultural de San Andrés de Boimente que a Asociación ten habilitado como sá de cinema.
Despois da proxección da pelÃcula, a Directiva da Fraga das SaÃmas ofreceulles aos asistentes uns petiscos e churros con chocolate, dos cales todos deron boa conta. Esta agradable velada rematou ás once e media da noite, momento en que a Directiva aproveitou para agasallar ás socias e veciños cun exemplar do CD “Cancións para AntÃa”, do grupo Fol do Vento, pola súa participaron na celebración do DÃa das Letras Galegas e co obxecto de que puideran gozar escoitando, xunto ás súas netas e netos, este CD de música en galego para nenas e nenos.
Asimesmo e con motivo da celebración do DÃa das Letras Galegas, dÃas pasados, a Directiva enviou como agasallo, aos catro centros de ensino público de primaria do Concello de Viveiro e as ANPAs dos mesmos, dous exemplares do CD “Cancións para AntÃa” a cada un dos centros e ANPAs, co obxecto de contribuÃr a preservar o noso patrimonio inmaterial máis prezado e a fomentar o uso desta lingua secular na educación escolar infantil e nas actividades de lecer para os máis pequenos, na crenza de que a música é un dos vehÃculos transmisores que poden axudar a promocionar e a salvagardar a lingua galega e a dos nosos ancestrais.
- Add new comment
- 48 reads
CLAUSURA DO TALLER DE ARREGLOS FLORAIS SECOS
A asociación ven de rematar o taller de arreglos florais secos que lles impartÃu ao longo do mes de abril a propietaria da floristerÃa Loli (Covas).
Neste taller matriculáronse once socias, as cales tiveron oportunidade, ao longo das 10 horas que durou este taller, de aprender as técnicas de elaboración de centros e xarróns para a decoración nos fogares, o manexo das frores secas para a composición de cadros e tamén aprenderon a interpretar e poñer en práctica as técnicas do Minimalismo floral.
As alumnas mostraron a súa satisfacción aÃnda que lles soubo a pouco as 10 horas que durou o curso.
- Add new comment
- 68 reads
GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS DO II CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA "UN PASEO POLA FRAGA DAS SAÃMAS"
A DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÃMAS” FIXO ENTREGA DOS PREMIOS DO IIº CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA INFANTIL “UN PASEO POLA FRAGA DAS SAÃMAS” DURANTE A CELEBRACIÓN DA “II FESTA DO MEDIO NATURAL E FAMILIA”.
Os nenos gañadores do Concurso de debuxo e pintura (Yanira DÃaz, Isai Parapar, Paula GarcÃa, Pedro José Chao, Gabriel Timiraos e Elena Rey) asà como alguns dos doce nenos finalistas acudiron a esta Gala acompañados polos seus familiares e os directores dos CEIP Santa Rita de Galdo, Lois TobÃo de Viveiro e Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.
A Asociación de MMRR “Fraga das SaÃmas” tamén contou durante esta celebración coa presencia da Concelleira de Benestar Social do Concello de Viveiro, Isabel RodrÃguez, a 1ª Tenente de Alcalde, MarÃa Loureiro e a propietaria da firma especializada en material de belas artes (Catá), Josefina Casas.
Os actos desta celebración comezaron as 13:00 h. coa intervención da presidenta, Flor Chao, que según as súas propias palabras coa celebración da “Festa do Medio Natural e Familia” e a IIª Gala de entrega de Premios “Un paseo pola Fraga das SaÃmas” a Asociación de Mulleres quixo poñer un broche de ouro ás actividades que, con motivo da conmemoración do DÃa Mundial da Ãrbore, organizara para as nenas e nenos do Concello de Viveiro co fin de fomentar o coñecemento do contorno no que viven a través do seu achegamento á natureza e ao medio rural, asà como incentivar a participación de todos os veciños do concello no enriquecemento do patrimonio natural da nosa parroquia. A presidenta durante a súa intervención aproveitou para presentar as socias e convidados o proxecto que está a traballar a Directiva grazas a colaboración de 17 veciñas e que leva por nome O Espello das Lembranzas. Para a presentación deste traballo, do cal a presidenta recalcou que se trataba dunha homenaxe á xente da comunidade veciñal de San Andrés, a Directiva da Asociación proxectou un audiovisual de 25 minutos nos cales se recolleron 140 anacos da historia dos veciños da parroquia vividos durante os anos 1940 e 1980.
Despois da proxección deste audiovisual, as membros da Directiva da Asociación, a concelleira de Benestar Social e a propietaria de Catá fixeron acto de entrega dos premios aos nenos gañadores do Concurso de debuxo e pintura. Os 12 finalistas tamén foron agasallados cun diploma e con brúxulas, camisetas, libretas e gorras donadas polo Plan de dinamización da Costa da Morte e Terras do Ulla e Tambre. Pola súa parte, a Presidenta entregoulle aos colexios colaboradores unha figura de cerámicas O’Regal e 18 exemplares do conto infantil “faragulliñas” para cada un deles, agradecendolles a súa participación neste concurso e alabou o traballo e a creatividade dos rapaces. Asimesmo animou a todos os nenos a achegarse á Fraga das SaÃmas para pasear e gozar da súa beleza sen olvidarse de respetala e coidala.
Rematados os actos centrais da Festa do Medio Natural o centenar de invitados puideron disfrutaron dun xantar servido polo Restaurante “O Val do Naseiro” e dunha sesión de baile amenizado polo grupo musical “Dúo Son Latino” de Arteixo, onde os máis animados bailaron e se divertiron ata pasadas as nove da noite.
- Add new comment
- 46 reads
COMEZO DO TALLER DE ARREGLOS FLORAIS SECOS
ÃBRESE O PRAZO PARA A INSCRICIÓN NO TALLER DE ARREGLOS FLORAIS SECOS ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN “FRAGA DAS SAÃMAS” DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE.
A Directiva da AMMRR “Fraga das SaÃmas” acaba de abrir o prazo para inscribirse no Taller de arreglos florais secos, actividade formativa programada para desenvolverse ao longo da primaveira.
O obxectivo deste taller é lograr que as alumnas aprendan e perfeccionen o manexo das frores secas, descubrindo que as posicións e texturas reaccionan de maneira moi particular e diferente á composición do deseño floral fresco.
A Directiva entende que o seu carácter rústico abre un campo moi extenso na área de decoración de residencias, oficinas e hoteis, entre outros, polo que o desenvolvemento deste taller permitirá que as alumnas asistentes podan ampliar os seus coñecementos frorais para chegar a interpretar tamén outras necesidades estéticas de grande utilidade e demanda.
O taller estará dividido en varios módulos nos que se tratará, entre outros, as seguintes materias:
Elaboración de centros e xarróns para a decoración nos fogares.
Aprendizaxe do manexo das frores secas para a composición de cadros.
Minimalismo floral.
A duración do taller, que será impartido polos dous profesionais que dirixen a FloristerÃa Loli, terá unha duración de 10 horas e realizarase os martes de 15:30 a 18:30 horas, no Centro Socio Cultural de San Andrés de Boimente. O taller comezará o MARTES, 13 DE ABRIL.
Para participar nestas actividades haberá que anotarse previamente, podendo inscribirse nas mesmas calquera socia da asociación Fraga das SaÃmas ou veciño de San Andrés, asà como tamén aquelas mulleres do concello de Viveiro que estean interesadas nalgunha destas actividades e desexen compartir un espazo común de aprendizaxe e lecer. As persoas interesadas poden poñerse en contacto coa presidenta, Flor Chão, no teléfono 669250948.
- Add new comment
- 79 reads
FALLO DO XURADO DO II CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA "FRAGA DAS SAÃMAS
OS DEBUXOS DE YANIRA DÃAZ, IRAI PARAPAR, PAULA GARCÃA ,PEDRO JOSÉ CHAO, GABRIEL TIMIRAOS E ELENA REY, GAÑADORES DO IIº CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA INFANTIL, “UN PASEO POLA FRAGA DAS SAÃMAS”
- Add new comment
- 57 reads
REPRESENTACIÓN TEATRAL CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DÃA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Os actos de conmemoración comezaron ás 17.00 h. no cal a Presidenta da Asociación, despois de dar a benvida a unhas sesenta mulleres e veciños de San Andrés, deu lectura ao Manifesto da Asociación a prol dos dereitos da Muller, e no cal se resaltou o traballo invisible das mulleres rurais e a fortaleza das mulleres que permanecen firmes nas súas convicións e ante as adversidades no traballo e na súa vida diária, asà como os máis de cen anos de loita da muller a prol da igualdade. Durante a súa intervención reclamou das autoridades competentes “polÃticas reais” para superar as desigualdades que veñen sofrindo inxusta e historicamente as mulleres, a través da posta en marcha de actuacións prioritarias para a consecución da superación destas desigualdades entre homes e mulleres.
Rematada a intervención da Presidenta, os asistentes disfrutaron, ao longo de hora e media, coa obra “Fobias con Amor”, escrita e dirixida por Francisco Piñeiro e representada polo Grupo de Teatro “A Adala”, nacido no seo da Asociación de Amas de casa de Fazouro no ano 1999. Ao finalizar a representación os oito actores de “A Adala” recibiron calurosos aplausos e felicitacións por parte dun público totalmente entregado.
Como acto de clausura da celebración do dÃa da Muller a Directiva da Fraga das SaÃmas ofreceu a todos os asistentes unha merenda a base de churros con chocolate, prolongándose, esta, ata pasadas as 20.00 horas.
- Add new comment
- 73 reads
ORGANIZACIÓN DO II CONCURSO DE DEBUXO E PINTURA. TEMA: "UN PASEO POLA FRAGA DAS SAÃMAS"
No marco da celebración do “DÃa Internacional da árbore” a directiva da Asociación MMRR “Fraga das SaÃmas” está a organizar, por segundo ano consecutivo, o IIº Concurso de Debuxo e Pintura dirixido a nenas e nenos en idades comprendidas entre os 6 e 11 anos matriculados nos centros de educación do concello de Viveiro.
Esta iniciativa forma parte dunha serie de actuacións encamiñadas a preservar o patrimonio material da parroquia de San Andrés aprobadas na asemblea xeral anual da asociación e co cal se pretende sensibilizar e concienciar, tanto aos nosos maiores como ás nenas e nenos do Concello de Viveiro, da importância que ten na vida das persoas o medio rural e os espazos naturais de gran riqueza en flora e fauna como é a Fraga das SaÃmas, inculcarlles o respecto e o coidado do noso patrimonio natural e unha cultura de ocio saúdable e deporte ao aire libre nestes espazos naturais tan emblemáticos.
O tema do concurso é “Un paseo pola Fraga das SaÃmas”, deixándose total liberdade para que cada participante exprese, a través do seu debuxo, o que desexe sobre a vida das árbores e animaliños que habitan a fraga e que se poderÃa atopar durante un paseo cos seus amigos e pais pola Fraga das SaÃmas.
As nenas/os poderán participar neste concurso a través dunha das seguintes modalidades: MODALIDADE DE CENTROS COLABORADORES: Alumnos matriculados nos centros educativos que se sumaron a esta iniciativa CEIP Santa Rita de Galdo, CEP Lois TobÃo de Viveiro e o CEIP Antonio Pedrosa Latas de Celeiro ou ben na MODALIDADE LIBRE: é dicir as nenas e nenos matriculados nos colexios CPR-Landro de Viveiro ou no CEP de Covas, dado que a directiva da Asociación acordou darlle a oportunidade de participar as nenas/os destes centros que desexen concursar presentando os seus traballos de forma individual e coa debida autorización dos pais.
As nenas/os que queiran participar na modalidade Libre poderán recoller as bases do concurso no Centro Comarcal da Mariña Occidental en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, ou solicitalas ao correo electrónico fragadassaimas@gmail.com .Os alumnos dos tres centros colaboradores seguirán as indicacións do profesorado do colexio.
Os concursantes en idades comprendidas entre os 6 e 8 anos participarán na CATEGORÃA A, e os de idades comprendidas entre os 9 e 11 anos faranno na CATEGORÃA B.
Outorgaranse 3 premios por cada categorÃa e que consistirán na entrega de diplomas e de premios en metálico, que irán desde os 40 ata os 100 euros por categorÃa, ademais dunha viaxe á Comarca da Sidra, xunto coa asociación e a nai ou titor, para o primeiro premiado na categorÃa B.
O prazo para presentar os traballos rematará o mércores, 17 de marzo, ás 20.00 horas.
Cos traballos gañadores, xunto con outros seleccionados polo xurado, organizarase unha exposición
- Add new comment
- 50 reads
MANIFESTO DÃA INTERNACIONAL DA MULLER -2010
Hoxe estamos aquà para honrar o traballo invisible das mulleres rurais, o traballo das mulleres correntes que coma nós loitan na súa vida cotiá sen renderse e sen desfalecer dÃa tras dÃa, mulleres que non perden o ánimo nin a ilusión polo seu traballo a pesares de estar infravaloradas polos seus xefes, mulleres que dÃa a dÃa fan milagres para levar o sustento a súa familia, en definitiva mulleres que permanecen firmes nas súas convincións e firmes ante a adversidade e a pé do cañón co fin de facer máis fácil a vida dos seus seres queridos.
Coa organización deste evento no dÃa de hoxe a asociación de mulleres rurais “Fraga das SaÃmas” quere sumarse a millóns de mulleres, colectivos e organismos na celebración do DÃA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA e eu como presidenta e na súa representación quero poñer de manifesto a forte aposta e o compromiso de traballar a prol da mellora da calidade de vida das nosas mulleres e o compromiso de poñer o noso grão de area para contribuÃr a dignificar o papel que desempeñan as mulleres do noso rural na economÃa e na estrutura social e cultural do paÃs e sen o cal non serÃa posible acadar os grandes logros que a humanidade ata o dÃa de hoxe acadou.
Nestes dÃas millóns de mulleres de tódolos continentes, de diferentes razas e culturas, unÃmonos para celebrar máis de cen anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento e para reivindicar, un ano máis, ser mulleres, ser traballadoras, ser iguais ante a lei, poder participar na sociedade en pé de igualdade co home, ter o noso tempo de lecer e decidir sobre a nosa vida como persoas autônomas que somos.
- Add new comment
- 75 reads
COMEZAN OS TRABALLOS DO PROXECTO "O ESPELLO DAS LEMBRANZAS" 1
A DIRECTIVA DA AMMRR “FRAGA DAS SAÃMAS” INICIA A RECOLLIDA DE FOTOGRAFÃAS ANTIGAS, COA COLABORACIÓN DA COMUNIDADE VECIÑAL DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE, PARA O PROXECTO “O ESPELLO DAS LEMBRANZAS”
Este proxecto forma parte dunha serie de actuacións encamiñadas a preservar o patrimonio material e inmaterial da parroquia de San Andrés aprobadas na asemblea xeral anual da asociación e co cal se pretende recuperar a historia dos nosos maiores e manter vivo o recordo da xente da comunidade veciñal, asà como reivindicar unha forma de vida e de sinal de identidade propias dun pasado duro, difÃcil pero tamén entrañable e irrepetible.
O proxecto que se vai desenvolver ao longo do ano 2010 e 2011 está dividido en catro fases:
- Recompilación das fotografÃas antigas (anteriores a 1980) entre as socias e veciños de San Andrés.
- Dixitalización das fotografias cedidas.
- Exposición das 50 fotografÃas máis representativas da historia dos veciños de San Andrés de Boimente.
- Deseño, maquetación e edición dun catálogo con todas as fotografÃas cedidas polas veciñas.
O Espello das Lembranzas é un proxecto dirixido a toda a comunidade veciñal, no que a Directiva está a traballar para lograr a colaboración e implicación de todas as socias e veciñas de San Andrés, principalmente na fase de recompilación e identificación das fotografias.
Este proxecto servirá asimesmo, en opinión da Directiva, como taller de memoria colectiva, dado que as veciñas e veciños non só terán que buscar fotografÃas senón que deben contar a súa historia, é dicir: nome das persoas que aparecen nas mesmas, data, lugar onde se ubica a instantánea, asà como calquera outro detalle ou anécdota da que se lembren sobre esa fotografÃa
- 1 comment
- 62 reads
OS USUARIOS DA ESTRADA LU-161 SEGUEN CASTIGADOS A CIRCULAR NAS MESMAS CONDICIÓNS DE INSEGURIDADE DESDE HAI MÃIS DE 20ANOS

FRAGA DAS SAÃMAS DENUNCIA QUE A CIRCULACIÓN POLA ESTRADA LU-161 CONTINUA A SER UN PERIGO PARA OS USUARIOS DESTE VIAL, AO SEU PASO POLA PARROQUIA DE SAN ANDRÉS DE BOIMENTE, A PESARES DAS ACTUACIÓNS POR IMPORTE DE 230.840 EUROS ACOMETIDAS POLO SERVIZO PROVINCIAL DE ESTRADAS DA CONSELLERÃA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS.
A Directiva da Asociación “Fraga das SaÃmas” lamenta que os veciños de San Andrés de Boimente e demais usuarios da estrada LU-161 teñan que seguir a sofrir innecesariamente unha situación de perigo e risco, a pesares das recentes obras de parcheo feitas polo Servizo Provincial de Estradas. à vista dos feitos, parece ser que usuarios da LU-161 seguimos “obrigados e castigados” a circular diariamente nas mesmas condicións de inseguridade que estamos a padecer desde hai máis de 20 anos.
Esta Directiva non entende que as actuacións acometidas a finais do ano 2009 pola ConselllerÃa de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na estrada LU-161, incluÃdas do Plan de Medidas Urxentes contra a Crise e cun presuposto de 230.840 euros non contemplara a erradicación dos puntos negros existentes nesta estrada ao seu paso polas parroquias de San Andrés de Boimente e ChavÃn e soamente se limitaran á construcción de pequenos tramos de cunetas aplicando un criterio incomprensible, a parchear algún que outro tramo do firme (firme que por outra parte continua con baches) e a repintar o vial unicamente naqueles tramos nos que se parcheou a estrada.
A Directiva da Fraga das SaÃmas xa presentara unha solicitude ao Servizo Provincial de Estradas de Lugo no mês de xullo de 2009 ao obxecto de que esta administración levara a cabo a instalación de valados de dobre vionda e a sinalización adecuada naqueles puntos máis perigosos, ao seu paso polas parroquias de San Andrés de Boimente e ChavÃn. Esta mesma solicitude foi remitida novamente en dúas ocasións: vÃa fax no mês de setembro e vÃa Subdelegación de goberno no mês de outubro de 2009, despois de preguntar en varias ocasións, ao Servizo Provincial de Estradas de Lugo, pola situación desta petición da Asociación e a vista de que non obtiñan ningunha resposta concreta.
A Directiva da Fraga das SaÃmas manifesta a súa decepción e o seu malestar ante a falta de resposta oficial por parte da Dirección Xeral de Infraestruras, organismo responsable de ofrecernos aos usuarios desta estrada as mellores condicións posibles de seguranza viaria. Por outra banda, ten que agradecer que non houbera que lamentar ningún accidente mortal nesta estrada durante o terrible temporal de neve de fai dúas semanas, no que nos vimos obrigadas a circular “ao borde do abismo” por unha estrada cuberta de neve e xeo e unhas curvas imposibles que non contan con ningún tipo de sistema de contención.
A Directiva da Fraga das SaÃmas pide publicamente as autoridades locais do Concello de Viveiro que esixan e reclamen á Dirección Xeral de Infraestruras da Xunta de Galicia tomar medidas, sen máis demoras, que poñan fin ao estado lamentable deste vial pola cal circulamos diariamente as veciñas e veciños de Viveiro.
- Add new comment
- 58 reads
DONA JULIA VIDAL BALSEIRO "SOCIA HONORÃFICA" DA AMMRR "FRAGA DAS SAÃMAS"
JULIA VIDAL BALSEIRO, NOMEADA SOCIA DE HONOR DA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS FRAGA DAS SAÃMAS NO SEU CEN ANIVERSARIO
- Add new comment
- 69 reads
CELEBRACIÓN DO FESTIVAL DE NADAL-2009
- Add new comment
- 65 reads
II EDICIÓN DO MAGOSTO DA FRAGA DAS SAÃMAS "TOMA CASTAÑAS!"
A ACTRIZ PAULA CARBALLEIRA CAUTIVOU COA SÚA ACTUACIÓN E SIMPATÃA AOS ASISTENTES à IIª EDICIÓN DO MAGOSTO “TOMA CASTAÑAS!” ORGANIZADA POLA ASOCIACIÓN DE MULLERES RURAIS “FRAGA DAS SAÃMAS”
- Add new comment
- 53 reads
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
RuraisLAB GALICIA miembro de la Red ENOLL
DÃa Internacional de la mujer en RuraisLAB
Acciones solidarias con HaitÃ
25 de Noviembre de 2009
DÃa internacional contra la violencia de género





