Junio 2014
VIAXE A TERRAS CÁNTABRAS 5
A CUEVA DEL SOPLAO E A PENÍNSULA DA MAGDALENA, ENTRE OS DESTINOS TURÍSTICOS ELEXIDOS POLO COLECTIVO FRAGA DAS SAÍMAS DURANTE A SÚA VISITA A TERRAS CÁNTABRAS.
Máis de medio cento de persoas veñen de gozar coa asociación Fraga das Saímas dunha fin de semana de ocio, tempo libre e cultura por terras cántabras organizada polo colectivo feminino en colaboración con viaxes Lucus.
O pasado sábado, 7 de xuño, o colectivo de San Andrés de Boimente partiu cara a terras cántabras, acompañado dun nutrido grupo amantes da aventura. Logo dunha parada en Cudillero, na que os viaxeiras/os pasearon e disfrutaron da beleza desta pequena vila mariñeira, a expedición desembarcou en Santillana del Mar para visitar o Museo Nacional de Altamira, Centro para a conservación, investigación e difusión da Cueva de Altamira, onde tamén tiveron ocasión de coñecer a exposición permanente “Los tiempos de Altamira” e a Neocueva, unha réplica artificial case perfecta das covas orixinais. Xa pola tarde, arribaron en Santander, onde gozaron dunha visita panorámica guiada pola cidade e unha ruta a pé polo centro, achegándose ao interior das dúas igrexas que conforman a singular Catedral da Nosa Señora da Asunción. Logo deste recorrido polo casco da cidade os excursionistas desprazáronse ata a Península da Magdalena para disfrutar da beleza da súa contorna, do Real Pazo da Magdalena (monumento declarado monumento histórico-artístico no 1982) e dos pingüíns, focas, leóns mariños e patos que alberga o mini ZOO. O grupo clausurou este intenso e apaixoante día disfrutando dunha espléndida cea servida no hotel Viadero e paseando pola encantadora vila de Noja.
O Domingo a mañá, o grupo trasladouse á vila mariñeira de Santoña, onde coñeceron de primeira man o proceso de limpeza, envasado e comercialización das famosas anchoas durante a visita a unha das súas fábricas conserveiras tradicionais de anchoas. A mediodía e cun clima inmellorable o grupo embarcou no Villa-Fuica para disfrutar durante unha hora da ruta 3 mares. Marismas, Bahía e Acantilados. Antes de abandoar esta vila de profunda vocación mariñeira, o grupo tivo ocasión de falar co activista francés pola paz, Joel Butón, o cal recordaba con cariño o seu paso por Viveiro. Joel leva máis de 14 anos viaxando por todo o continente europeo reclamando a eliminación das minas antipersoas.
Logo do xantar o grupo colleu rumbo a Rionansa para adentrarse na Cueva de El Soplao ou tamén coñecida como a Capilla Sixtina da xeoloxía, un excepcional patrimonio de arqueoloxía mineira de algo máis de 30 kms. de galería, planos inclinados ou castilletes e onde o grupo de aventureiras/os tiveron unha oportunidade única para admirar a abundante e complexa diversidade de formacións excéntricas que atesoura esta cavidade.
Xa de camiño a casa, e antes de despedir ao grupo, a Presidenta da asociación Fraga das Saímas deilles as grazas por acompañar nesta aventura cántabra ao colectivo feminino e a súa confianza amosada na entidade de San Andrés, e prometeu que o colectivo intentaría seguir programando novas viaxes e sorpresas “para todos aqueles e aquelas que gocen acompañándonos na nosa andaina viaxeira”.
- blog de Fragadassaimas
- 5 comments
- 15402 lecturas
VIAXE A TERRAS CÁNTABRAS 2

- 2 comments
- 17944 lecturas
Inicio de sesión
RuraisLAB
RuraisLAB es un laboratorio ciudadano para la innovación social en el medio rural, basado en las necesidades e inquietudes de la mujer.
Archivo
- Marzo 2013 (8)
- Febrero 2013 (8)
- Enero 2013 (1)
- Diciembre 2012 (2)
- Noviembre 2012 (31)
- Octubre 2012 (11)
- Septiembre 2012 (7)
- Agosto 2012 (5)
- Julio 2012 (1)
- Junio 2012 (2)